Concello de Porto do Son

Concello de Porto do Son 💙 Quen o coñece volve. Quen o descobre, f**a nel para sempre

🍀 Alumnado de Porto do Son no acto de clausura de 𝐃𝐄𝐌𝐎𝐂𝐑𝐀𝐓𝐈𝐙𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐎 𝐂𝐎𝐍̃𝐄𝐂𝐄𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 do IV Ciclo da Universidade de Santia...
19/06/2026

🍀 Alumnado de Porto do Son no acto de clausura de 𝐃𝐄𝐌𝐎𝐂𝐑𝐀𝐓𝐈𝐙𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐎 𝐂𝐎𝐍̃𝐄𝐂𝐄𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela que tivo lugar o xoves 18 de xuño no Salón Nobre de Fonseca

Co noso alumnado posa Mª Reyes Laguna Francia, vicerreitora de Ordenación Académica e Oferta Formativa da USC, Esther Olveira, directora do Programa Universitario de maiores deste universidade, e José Manuel Vázquez Lijó, Queté, director do Museo Marea e docente neste programa

💙 𝐺𝑟𝑎𝑛 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑜.ᐟ

|
Deputación da Coruña Xunta de Galicia

📮 𝐂𝐎𝐑𝐑𝐄𝐎𝐒 𝐂𝐇𝐄𝐆𝐀 𝐀́ 𝐓𝐔́𝐀 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐒𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨𝐬 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐧 𝐬𝐚𝛊́𝐫 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨. Agora o teu carteiro ou a túa carteira rural acér...
19/06/2026

📮 𝐂𝐎𝐑𝐑𝐄𝐎𝐒 𝐂𝐇𝐄𝐆𝐀 𝐀́ 𝐓𝐔́𝐀 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀
𝐒𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨𝐬 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐧 𝐬𝐚𝛊́𝐫 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨. Agora o teu carteiro ou a túa carteira rural acércache aos principais servizos, directamente na túa casa. 𝐂𝐨𝐧𝐬𝐮𝐥𝐭𝐚 𝐚𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐨𝐮 𝐚́ 𝐭𝐮́𝐚 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐨𝐮 𝐢𝐧𝐟𝐨́𝐫𝐦𝐚𝐭𝐞 𝐧𝐚 𝐭𝐮́𝐚 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐝𝐞 Correos

|

♻ O Concello do Porto do Son informa que, debido ao cambio da empresa adxudicataria do servizo de recollida de cartón po...
19/06/2026

♻ O Concello do Porto do Son informa que, debido ao cambio da empresa adxudicataria do servizo de recollida de cartón porta a porta, establécense novos horarios e franxas para esta prestación

✅ Así, os novos períodos de recollida serán os mércores e venres, en horario de 15:30 a 18:30 horas. Ademais e co fin de garantir unha correcta organización, a veciñanza deberá comunica previamente o depósito do cartón no teléfono 639 10 76 38, en horario de 10:00 a 14:00 horas

🤝 Con todo, rógase a todas as persoas usuarias do servizo que depositen o cartón exclusivamente dentro dos novos horarios establecidos, co fin de garantir un servizo máis eficiente e unha mellor xestión dos residuos

|

O Concello de O Porto do Son informa que, debido ao cambio da empresa adxudicataria do servizo de recollida de cartón porta a porta, establécense novos

18/06/2026

🔥🔥 A NOITE DO 23, VIVE O SAN XOÁN EN PORTO DO SON! 🔥🔥

A Asociación da Festa Hortera de Porto do Son, coa colaboracion do Concello de Porto do Son convídavos a acompañarnos na noite máis máxica do ano na zona do Tendedeiro.

🌅 Unha tarde-noite para compartir con amigos e familia, gozando da mellor música, boa comida e do ambiente único do noso San Xoán.

📍 Zona do Tendedeiro
📅 23 de xuño

🔥 Programa:
🍖 Paco de Leña desde as 20:00 h
🎤 Chiña a partir das 23:00 h
🔥 Acendido da fogueira ás 00:00 h
🥃 Queimada popular despois do acendido

✨ Saltaremos as lapas, queimaremos os malos recordos e daremos a benvida ao verán como manda a tradición.

Teremos sardiñas e churrasco a prezos populares!

👨‍👩‍👧‍👦 Entrada libre.
🎉 Vémonos no Tendedeiro para celebrar xuntos unha noite inesquecible!

Axúdasnos a compartir??❤️

🏖 A Conselleira de Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asinou este mércores cadanseu conv...
18/06/2026

🏖 A Conselleira de Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asinou este mércores cadanseu convenio de colaboración cos alcaldes de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña; ; Viveiro, María del Carmen Gueimunde; e O Porto do Son, Luis Oujo, para a execución do proxecto piloto de praias inclusivas nos seus concellos. Trátase da instalación de estruturas climáticas sostibles e integradas na paisaxe que servirán de refuxio ás persoas con problemas de mobilidade en caso de condicións climáticas adversas, como poden ser vagas de altas temperaturas

📰 El Correo Gallego

|
Xunta de Galicia

O Porto do Son participa, xunto con Baiona e Viveiro, nun proxecto piloto de praias inclusivas

18/06/2026
⚓ A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou este martes a Confraría do Porto do Son co ...
18/06/2026

⚓ A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou este martes a Confraría do Porto do Son co obxectivo de avaliar as diversas actuacións realizadas nas instalacións portuarias ao longo dos últimos cinco anos. Estes investimentos, que contan co respaldo da administración autonómica, superan os 1,5 millóns de euros e enmárcanse nas axudas do fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa). Esta inxección económica fixo posible a modernización integral das infraestruturas locais e a optimización dos servizos básicos, dotando ao sector de equipamentos moito máis eficientes e seguros para a súa actividade diaria

A sesión de traballo tamén serviu de escenario para analizar de primeira man as necesidades máis urxentes da confraría e debullar os principais retos de futuro aos que se enfronta a flota local

📰 La Voz de Galicia. Edición Barbanza

|

La directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitó la cofradía para supervisar las mejoras estructurales ejecutadas en los últimos cinco años

17/06/2026
🤝 O Alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, asinou hoxe xunto a Conselleira da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climát...
17/06/2026

🤝 O Alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, asinou hoxe xunto a Conselleira da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o convenio de colaboración para a posta en marcha do proxecto piloto de praias inclusivas promovido pola Xunta de Galicia

Esta iniciativa consiste na instalación de acubillos climáticos sostibles na praia do Cruceiro, no Porto do Son co obxectivo de que sirva de refuxio ás persoas con problemas de mobilidade en caso de condicións meteorolóxicas adversas, como poden ser vagas de altas temperaturas

🗣️ O rexedor agradeceu «a sempre disposición da Xunta por garantir uns servizos de tempada de calidade e respectuosos coa paisaxe e co medio ambiente que permitirán que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar do noso areal tamén os días de máis calor este verán»

En concreto, esta estrutura, que estarán instaladas xa o vindeiro mes de xullo, contará con accesos sen barreiras arquitectónicas, espazos amplos que permiten a mobilidade de persoas usuarias de cadeas de rodas, sinalización táctil e visual adaptada, zonas de descanso accesibles e elementos que favorecen a orientación e seguridade

De feito, a Conselleira incidiu en que estes elementos urbanos «accesibles, comprensibles e utilizables por todas as persoas» contribúen ao cumprimento dos requisitos asociados a distintivos de calidade ambiental e de servizos como a Bandeira Azul e a Bandeira Verde, xa que «melloran das condicións de accesibilidade, sostibilidade e confort dos espazos públicos».Nese senso, con esta actuación, que conta cun orzamento de 85.000 € da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, «avánzase na creación de contornas máis inclusivas e adaptadas ás necesidades da cidadanía, promovendo a igualdade de oportunidades no uso do espazo público», engadiu Ángeles Vázquez

📲 https://portodoson.gal/a-xunta-pon-en-marcha-o-proxecto-piloto-de-praias-inclusivas-coa-instalacion-de-estruturas-climaticas-sostibles-en-areais-de-o-porto-do-son/

|

Dirección

Atalaia Nº 7
Son
15970

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Porto do Son publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría