18/06/2026
SORPRESA!! TEMOS A AUGA MÁIS CARA DE TODA A COMARCA!!
Seguro que esta nova publicada hoxe no xornal La Voz de Galicia non a veredes nas RRSS do noso concello porque hai cousas das que é mellor que non se entere a veciñanza, pero a realidade é moi distinta á que nos pretende vender todos os días o goberno municipal do PP.
Temos menos servizos municipais e, sen embargo, son os máis caros da comarca.
Este é o xeito de gobernar do Sr. Oujo, vender fume e proxectos cando máis da metade da poboación do concello non dispón de servizo público de auga e, por riba, somos os que máis pagamos polo servizo. Iso si que é xestionar!!