07/06/2026
🎭 Hoxe tivemos o pracer de g***r de "Soños de Cristal", a nova montaxe do grupo de persoas adultas da Escola Municipal de Teatro, escrita por Andrea Castro e inspirada na loita obreira das veciñas e veciños de Soutomaior.
👉🏻Unha cita que non se perdeu a concelleira de Cultura, Silvia Cernadas.
A través da historia da fábrica Soños de Cristal e da investigación da xornalista Marga Porta, a obra trasladounos a un relato cheo de reivindicación, humanidade e memoria colectiva, no que saíron á luz segredos, conflitos e historias que falan da forza dunha comunidade unida fronte á inxustiza.
🧡 Queremos felicitar ao elenco, ao equipo técnico e á súa autora polo magnífico traballo realizado, así como agradecer ao público a súa asistencia e calorosa acollida.