Biblioteca Municipal de Tui

Biblioteca Municipal de Tui Páxina oficial de Facebook da Biblioteca Pública Municipal de Tui

Fóisenos Marjane Satrapi, pero quedan as súas obras, con esa rebeldía amable que  as caracteriza. Na biblioteca temos os...
05/06/2026

Fóisenos Marjane Satrapi, pero quedan as súas obras, con esa rebeldía amable que as caracteriza.
Na biblioteca temos os seus comics, a película, e a súa visión dun Irán que aínda non existe.

Este venres, día 5 de xuño, ás 20.00 h., no Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela de Tui, terá lugar a presentación da...
04/06/2026

Este venres, día 5 de xuño, ás 20.00 h., no Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela de Tui, terá lugar a presentación da obra colectiva "Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais."

A obra marcará un antes e un despois no estudo dos nosos xogos, pois é o primeiro volume que logra reunir estudos e iniciativas ata o momento dispersas e que corroboran a boa saúde do patrimonio lúdico galego.
Os xogos tradicionais son unha das manifestacións culturais que máis nos identifica aos galegos e ás galegas como pobo. Galicia é un país enormemente rico en xogos, e a súa posta en valor é unha tarefa que leva décadas desenvolvéndose.

Este mércores 27 de maio, ás 17.30 h., acollemos un contacontos para bebés a cargo de Caxoto, que presenta o seu espectá...
25/05/2026

Este mércores 27 de maio, ás 17.30 h., acollemos un contacontos para bebés a cargo de Caxoto, que presenta o seu espectáculo “Levántate Xan!!!”.

Esta sesión está dirixida aos cativos de 1 a 3 anos de idade, acompañados dunha persoa adulta.
Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas para recrear o día a día na granxa de Xan, cun argumento que Caxoto resume así: É noite nesta granxa de Xan. Soa un espertador. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar dándolle permiso ao Sol para que apareza detrás das montañas. Pero ese día algo sae mal. O galo non ten forzas para cantar; e se o galo non canta todo o mundo sabe que o sol non se levanta... Non será que Xan se esqueceu de darlle a cea aos animais antes de ir para a cama a noite anterior?

25/05/2026

Marilyn Monroe cumpriría o vindeiro 1 de xuño 100 anos. Con motivo deste centenario, hoxe centramos a nosa conversa na súa figura a través do cine. Ramón Nogueira, auxiliar do centro bibliotecario tudense - Biblioteca Municipal de Tui - , destacou biografías e películas que forman parte da biblioteca de Daniel Domínguez, e que se poden levar en préstamo.

https://go.ivoox.com/rf/174296460

Celebramos o Día das Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego na praza da Inmaculada.📚Este ano contará cunha decen...
18/05/2026

Celebramos o Día das Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego na praza da Inmaculada.

📚Este ano contará cunha decena de postos de venda de libros a cargo da Libraría Nobel Espazo Lector de Tui e cun amplo programa de actividades ao longo da xornada.

Programa domingo 17

📃 Ás 12.00 h Lectura do pregón a cargo da poeta de Valença e animadora de diversos clubs de lectura da zona do Minho, María José Areal.

🎸Ás 12.30 h Actuación de Brais das Hortas co seu espectáculo “Comisión de festas”, unha proposta que combina música infantil, humor e teatro nun espectáculo participativo no que o público terá un papel protagonista.

🐉Ás 18.30 h Espectáculo de monicreques: “Xela e dragón” a cargo do grupo Barriga Verde

🎼Ás 20.00 h Concerto do grupo de pandereteiras da asociación cultural tudense “Darraia”

18/05/2026

Este mércores seguimos coa programación de cun contacontos. Na Biblioteca Municipal de Tui estará Cris de Caldas con "Tantarantiña".

🗓️ Mércores 20 ás 17.30 h 📍 Biblioteca Municipal de Tui

Este domingo celebraremos o Día das Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego na praza da Inmaculada.📖  Postos de v...
15/05/2026

Este domingo celebraremos o Día das Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego na praza da Inmaculada.

📖 Postos de venda de libros a cargo da Libraría Nobel Espazo Lector de Tui.
🕛 Ás 12.00 h. Lectura do pregón a cargo da poeta de Valença, María José Areal.
🎼 Ás 12.30 h. Actuación infantil con Brais das Hortas co seu espectáculo “Comisión de festas”.
🐉 Ás 18.30 h. Barriga Verde presenta o espectáculo de monicreques: “Xela e dragón”
🎶 Ás 20.00 h. Concerto do grupo de pandereteiras da Asociación Cultural Darraia

+info en tui.gal

Mañá venres, 15 de maio, ás 19 h, inaugúrase a exposición “Reflexións coa voz tapada” Xulio M. Sigüenza. A mostra poderá...
14/05/2026

Mañá venres, 15 de maio, ás 19 h, inaugúrase a exposición “Reflexións coa voz tapada” Xulio M. Sigüenza.
A mostra poderá visitarse na Sala Municipal do Edificio Francisco Sánchez de Tui até o 30 de maio.

O seu autor, Xulio M. Sigüenza, invítanos unha vez máis dende a súa particular visión irónica, artística e filosófica, para avivar o pensamento crítico, esta vez da man de Étienne de la Boétie, quen alá polo século XVI, xa nos advertía sobre o perigo da servidume voluntaria.

Para a concelleira de ensino, cultura e mocidade do Concello de Tui esta exposición destaca pola súa orixinalidade e a súa capacidade para promover no espectador a reflexión sobre as nosas actividades e actitudes cotiás. Nunha nova ocasión Xulio M. Sigüenza achégase á Sala Municipal de Exposicións de Tui para ofrecernos estas instalacións a camiño entre a figuración e o concepto, a arte e o pensamento.

A XVII edición do Tui Le vaise desenvolver mañá mércores no Teatro Municipal. Será un encontro de todos os centros escol...
12/05/2026

A XVII edición do Tui Le vaise desenvolver mañá mércores no Teatro Municipal. Será un encontro de todos os centros escolares tudenses arredor dos libros e lectura.

Haberá intercambio de libros, presentación de cartaces, actuacións poéticas, teatrais e musicais dos propios escolares e o espectáculo "Ollo Piollo", de Barafunda, para os máis pequenos.

Unha gran xuntanza festiva arredor das letras no noso xa tradicional Tui Le.

Dirección

Rúa Colón, 2
Túy
36700

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
15:45 - 20:30
Martes 09:00 - 14:00
15:45 - 20:30
Miércoles 09:00 - 14:00
15:45 - 20:30
Jueves 09:00 - 14:00
15:45 - 20:30
Viernes 09:00 - 14:00
15:45 - 20:30
Sábado 09:00 - 13:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Municipal de Tui publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría