22/05/2026
🚨 O PP de Tui denuncia que o goberno local está excluíndo aos nenos con necesidades de apoio ou discapacidade dos campamentos municipais de verán.
As bases recollen que os menores cunha discapacidade igual ou superior ao 33% só poderán participar se acreditan “capacidade de integración” mediante informes médicos, educativos ou sociais.
Para os populares, esta medida é “inadmisible” e vai contra os principios de igualdade, inclusión e accesibilidade que debe garantir un servizo público.
👉 Mentres outros concellos solicitan información para adaptar os campamentos ás necesidades de cada neno, en Tui establécense barreiras que dificultan a conciliación de moitas familias.
Resulta difícil entender que un goberno que busca proxectar unha imaxe de “Cidade Amiga da Infancia” impulse ao mesmo tempo unhas bases que deixan atrás precisamente aos nenos que máis apoio precisan. Porque as fotos e os titulares non serven de nada se despois as políticas reais non garanten igualdade e inclusión.
O PP esixe ao goberno local que rectifique e modifique as bases para garantir que todos os nenos poidan participar en igualdade de condicións.