01/06/2026
🎶 Víctor Coyote, Pancho Álvarez e Pablo Novoa brindaron onte un percorrido sonoro cheo de emoción pola vida de Antón Alonso Ríos.
As sonoridades dunha muiñeira, dun tango ou dunha treboada, conformaron parte do mapa musical debuxado con temas tradicionais, cancións compostas para o documental “Afranio” xunto a outras escritas por Víctor Coyote inspirándose na vida de Alonso Ríos. As imaxes proxectadas ao longo do concerto conformaron un ambiente único cos tres músicos en escena. Da súa man o público que encheu a sala puido viaxar dende Galicia a Portugal e Arxentina.
No peche do concerto a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, subliñou o compromiso do Concello coa memoria histórica agradecendo a importante participación nas distintas actividades.
+ info https://tui.gal/gl/novas/exito-das-xornadas-sinor-afranio-que-onte-se-pecharon-enoloxia-e-musica