19/10/2026
🎀💗 Hoxe, 19 de outubro, conmemoramos o Día Mundial contra o Cancro de Mama.
Na Residencia O Castro quixemos sumarnos a esta data cunha actividade moi especial: un roteiro pola aldea de Francos, percorrendo un pequeno treito do Camiño de Santiago. 🚶♀️🌿
Unha xornada para desfrutar da natureza, compartir momentos en boa compañía e lembrar a importancia da prevención, da detección precoz e do apoio a todas as persoas afectadas por esta enfermidade.
Porque cada paso conta, e xuntos podemos chegar máis lonxe. 💕