Turismo de Teo

Cómo llegar Página web

Turismo de Teo Páxina de Facebook oficial da Concellaría de Turismo do Concello de Teo. .

26/10/2026

🤔 Tes cousas en bo estado que xa non usas? Ou un pequeno negocio con produtos que quedaron sen vender? Teo Circular ♻️ abre un espazo para darlles saída e seguir aproveitando o que xa temos.

📅 Será o vindeiro domingo, 22 de novembro, en ⏰ de 11.00 a 19.30 h, na explanada da Casa Común de Oza, 📌 en Ribas. Se o tempo non o permite, trasladarase ao pabillón municipal Ezequiel Mosquera, na Ramallosa.

✍️ Poderán participar particulares, asociacións e pequenos negocios. O posto é de balde pero as prazas son limitadas. O prazo de inscrición remata o 13 de novembro. Para inscribirte ou consultar dúbidas, contacta con Totem Xestión, empresa encargada da organización do mercado en [email protected] ou chamando ao 604 04 83 41.

👧🏼 Ademais, ao longo do día haberá zona infantil e troco de 📚, ademais de diversas actividades 🌰 para todas as idades. Vémonos no I Teo Circular.

24/10/2026
Grazasssss Colectivo A Rula, Asociación Cultural e Árbore  Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega. Experiencias didá...
14/10/2026

Grazasssss Colectivo A Rula, Asociación Cultural e Árbore Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega. Experiencias didácticas e altamente sostibles!

A carballeira de Francos converterase nun espazo de xogo e descubrimento para coñecer historias de Teo. A través de prob...
09/10/2026

A carballeira de Francos converterase nun espazo de xogo e descubrimento para coñecer historias de Teo. A través de probas de exploración sensorial, as familias achegaranse ao Camiño de Santiago, á Feira do San Martiño e á lenda da raíña Lupa.

As persoas participantes buscarán sobres agochados na natureza coas pezas dun quebracabezas e gozarán de propostas de mindfulness e baños de bosque.

Ao rematar, cada crianza levará á casa unha carteira máxica pintada en familia e inspirada na historia de Teo.

Público: crianzas a partir de 6 anos, acompañadas por unha persoa adulta
Prezo: actividade gratuíta con reserva previa. Prazas limitadas. En caso de choiva, realizarase unha actividade alternativa no interior da Casa Común de Francos.

Organiza: GDR Terras de Compostela, no marco do programa Experiencias Terras de Santiago.
Colabora: Concello de Teo.
Executa: Látexos de Turismo.

Bos días! Volvemos a Teo... próxima actividade para familias!

Sábado 17 de outubro en Francos. Decubriremos a historia local de Francos (Camiño de Santiago, Feira do San Martiño, Raíña Lupa) con xogos sensoriais na natureza (e mindfulness).

Inscricións: https://teo.gal/gl/actividades/xogos-de-exploracion-na-natureza-coa-historia-de-teo-en-francos

Feliz venres 💚

30/09/2026

Quen deixou estas pegadas? 👀
Na III Ruta do Románico Teense percorremos, da man do Colectivo A Rula, as igrexas de San Miguel de Rarís, San Cristovo de Reis e Santa María de Lampai. Tres templos rurais sinxelos, transformados ao longo dos séculos, nos que aínda podemos ler a historia nas pedras.
En Rarís detivémonos nas marcas dos canteiros e nas pinturas que falan das distintas etapas da igrexa. En Reis descubrimos capiteis de decoración vexetal, pequenos gravados que a luz axuda a revelar e o carneiro que sostén a cruz sobre a cabeceira. En Lampai, a portada románica e os detalles tallados no interior conducíronnos tamén á memoria do antigo mosteiro.
A visita permitiunos comprender como as formas e os símbolos do románico compostelán chegaron ás igrexas da contorna. E tamén mirar a súa xeografía sagrada: San Miguel nos lugares altos; San Cristovo, asociado aos camiños e ao paso dos peregrinos.
Grazas ao Colectivo A Rula pola interpretación, a todas as persoas participantes polo seu interese e ao Cabido, a Antonio, Fina e María Isabel por facilitarnos o acceso aos templos.
Teo. Todo por descubrir.

Grazassss Colectivo A Rula, Asociación Cultural. Excelente interpretación patrimonial. Orgullo de poder contar con exper...
29/09/2026

Grazassss Colectivo A Rula, Asociación Cultural. Excelente interpretación patrimonial. Orgullo de poder contar con expertos do noso!!!

Dirección

Travesía Da Ramallosa, 38
Teo
15883

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Turismo de Teo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir