Populares de Valga

Populares de Valga Partido político

Como sempre dicimos, os feitos falan por si sós.E aquí están as obras da subestación eléctrica da Medela: REMATADAS, a p...
08/08/2025

Como sempre dicimos, os feitos falan por si sós.

E aquí están as obras da subestación eléctrica da Medela: REMATADAS, a pesar de que a oposición puxo todas as trabas posibles para que non se executara, con consignas catastrofistas, falsidades e desinformación.

O tempo é o mellor xuíz e sempre pon a cada un no seu lugar. E a oposición de Valga está no lugar da MENTIRA.

O goberno municipal lamenta que o BNG de Valga siga negando a realidade en relación ao desenvolvemento industrial e econ...
06/03/2025

O goberno municipal lamenta que o BNG de Valga siga negando a realidade en relación ao desenvolvemento industrial e económico de Valga e ás necesidades das empresas que apostaron e apostan polo noso concello. Seguen ancorados no pasado, sacando peito de ter imposibilitado a creación dun necesario polígono e enarborando unha sentenza que afirmaba que era “inxustificada” a creación de solo empresarial “ao non existir necesidade algunha de aumentar o xa existente”. Nada máis lonxe da realidade. O resultado foi, de feito, que dúas empresas de Valga tiveron que marchar do noso concello por non dispoñer de terreo para medrar.

Extrugasa e Urovesa si tiveron a posibilidade ampliar as súas instalacións e actividades en Valga e nos últimos tempos mercaron máis superficie de solo para seguir medrando sen ter que saír do municipio. Pero hai máis empresas locais interesadas en adquirir terreos para continuar expandíndose en Valga e que levan tempo demandando a este equipo de goberno a creación de solo industrial. O mesmo sucede con empresas auxiliares que queren implantarse no noso concello e que o teñen imposible por carecer de solo. Os feitos falan.

Comprobamos como o BNG segue a pauta da denuncia sistemática, da mentira e da terxiversación como xa veñen facendo dende hai anos os concelleiros do PSOE. Parece que aínda non comprenderon que os veciños xa teñen esa estratexia moi vista e non se deixan enganar.
Lamentablemente a oposición pecha os ollos ante esta realidade e dá as costas ao progreso do noso pobo. Non queren ver que o traballo realizado por este equipo de goberno dá froitos e estamos orgullosos de que sexa así.

Reiteramos unha vez máis: os feitos falan. E os datos tamén:

Desempregados en Valga:
- 31 de decembro de 2020: 407
- 31 de decembro de 2021: 332
- 31 de decembro de 2022: 301
- 31 de decembro de 2023: 265
- 31 de decembro de 2024: 220 (taxa de paro en Valga do 5’53%, notablemente por debaixo da de Galicia -8’6%- e a de España -10’61%-).

E no comezo deste 2015 o número de parados segue baixando. A 31 de xaneiro eran 211. Pero para a oposición de Valga só son número, mentres que para este equipo de goberno son persoas con nome e apelidos. Parece que lles molesta que Valga sexa, xunto con Porriño, un dos concellos máis industrializados da provincia de Pontevedra, co que iso representa a nivel económico e de creación de emprego para os nosos veciños.

Sentímonos orgullosos do traballo que vimos facendo e seguiremos loitando, a pesar de todos os imponderables e dos paus que tanto o PSOE coma o BNG nos intenten poñer nas rodas, para cumprir co Plan Estratéxico 2023-2027 e cos compromisos adquiridos cos nosos veciños.

Faremos realidade os FEITOS DE FUTURO.

🧐 REALIDADE vs  Os feitos falan, unha vez máis, e demostran quen ten interese en traballar polo presente e polo futuro d...
24/12/2024

🧐 REALIDADE vs

Os feitos falan, unha vez máis, e demostran quen ten interese en traballar polo presente e polo futuro de Valga e quen trata de ensuxar ese traballo a base de e de desinformación.

A obra da subestación eléctrica da Medela estase a executar segundo o previsto e contando cunha aportación dun millón de euros da Xunta de Galicia, co obxectivo de garantir a subministración a grandes empresas do noso concello, coma Extrugasa, e ao futuro polígono industrial polo que o goberno local de Valga vén loitando dende hai anos, mentres outros que se din representantes dos veciños e denfesores dos seus intereses non fan máis que poñer paus nas rodas.

A xustiza falou e quedou demostrado quen dicía a verdade e quen mentía. Toda a lexislatura na que Manuel Castiñeiras foi...
28/11/2024

A xustiza falou e quedou demostrado quen dicía a verdade e quen mentía. Toda a lexislatura na que Manuel Castiñeiras foi membro da Corporación Municipal, ao único que se dedicou o exconcelleiro das Mareas foi a denunciar e a tratar de poñer obstáculos ao traballo do goberno local. Os bulos, fake news e desinformación da que tanto se fala nos últimos tempos non son nada novo para os veciños de Valga.

As Mareas e o PSOE de Valga foron precursores nesta forma tan rastreira de facer política, soltando continuamente mentiras en contra do goberno local e recurrindo a constantes denuncias, xa fora nos xulgados ou no Valedor do Pobo, no Defensor del Pueblo ou no Consello de Contas, entre outros organismos. Agora, dá a sensación de que tamén o BNG quere seguir a mesma liña.

O seu único obxectivo sempre foi tratar de desprestixiar ao goberno local e, sobre todo, restarlle tempo para realizar xestións, que é o realmente lle interesa aos veciños de Valga, xerando gastos que non terían que terse producido e que poderían terse dedicado a melloras no noso concello.

Estes cartos tiñan que saír agora do peto do señor Castiñeiras, que se aproveitou primeiro dos abogados afíns ás Mareas e despois da xustiza gratuíta para prolongar este proceso xudicial, a sabendas que non ía a ningures. Foron moitas as resolución nas que se desestimaba a súa denuncia, pero el seguiu e seguiu recorrendo para así ter algo co que atacar ao goberno municipal e tratar de restarlle credibilidade. E non lle foi bastante con tratar de ensuxar a imaxe do alcalde e do seu goberno, senón que tamén o intentou cos funcionarios municipais.

Quedou demostrado que o goberno local de Valga actúa sempre dentro da legalidade.

Este é o tipo de personaxe que durante catro anos foi concelleiro das Mareas, pero nas últimas eleccións os veciños puxérono no seu lugar.

O PLENO APROBOU ABOAR AO ALCALDE, SECRETARIO E INTERVENTOR OS GASTOS XUDICIAIS QUE TIVERON QUE AFRONTAR DURANTE CINCO ANOS DEBIDO A UNHA DENUNCIA DO EXCONCELLEIRO DAS MAREAS, MANUEL CASTIÑEIRAS, QUE FOI DESESTIMADA

• A lexislación avala a indemnización aos membros de Corporacións ou funcionarios públicos por gastos de defensa derivados das súas funcións

• “Na época da pandemia, cando tiñamos que estar centrados en reforzar servizos, tivemos que perder tempo en defendernos de acusacións infundadas”, lamenta o alcalde

O Pleno ordinario celebrado na tarde do martes aprobou (cos votos favorables do grupo de goberno e en contra de PSOE e BNG) aboar ao alcalde, secretario e interventor os gastos xudiciais aos que tiveron que facer fronte debido a unha denuncia presentada no seu día polo exconcelleiro das Mareas, Manuel Castiñeiras. A denuncia acabou desestimada e o proceso penal, que o denunciante alongou con numerosos recursos, sobresido por diferentes instancias.

Diferentes leis e sentenzas xudiciais avalan a indemnización aos membros de Corporacións e funcionarios das administracións públicas, entre elas a municipal, por gastos ocasionados polas súas defensas xurídicas en procesos derivados de actuacións realizadas no exercicio das súas funcións. Por citar algunha, a Lei 4/2016 de Ordenación da asistencia xurídica da Administración Xeración da Comunidade Autónoma de Galicia, que no seu artigo 26.1 considera como supostos habilitantes do pago dos gastos de representación e defensa en xuízo que a persoa resulte absolta ou o asunto sexa desestimado, arquivado ou sobresido con carácter de firmeza. Deste xeito trátase de garantir, entre outros, o principio de igualdade no acceso a cargos públicos (artigo 23 da Constitución Española)..

O proceso penal derivado da denuncia presentada por Manuel Castiñeiras prolongouse durante cinco anos, entre 2019 e 2024, unha época na que “sobreviñeron circunstancias coma a pandemia. Cando máis tiñamos que dedicarnos a protexer a vida dos nosos veciños, a reforzar servizos básicos e a tratar de mellorar a súa calidade de vida, tivemos que perder parte do noso tempo en defendernos de acusacións que eran infundadas, como así quedou demostrado nas sucesivas resolucións dos tribunais de xustiza”, destaca o alcalde.

A evolución temporal das actuacións xudiciais foi a seguinte:

15/12/2019: Presentación da denuncia por parte de Manuel Castiñeiras García contra o alcalde, o secretario e o interventor do Concello.

13/04/2020: Auto do Xulgado de Instrución nº2 de Caldas de Reis polo que se acorda o sobresemento provisional.

12/06/2020: Recurso de apelación interposto pola representación de Manuel Castiñeiras contra o auto de sobresemento provisional do 13/04/2020.

23/06/2020: Escrito de impugnación, por parte do Concello de Valga, do recurso de apelación.

31/07/2020: Auto da Audiencia Provincial de Pontevedra que, sen entrar no fondo da cuestión debatida, declarou a nulidade do auto de 13/04/2020, debendo ditar o xulgado de Caldas unha nova resolución que cumpra co canon constitución de motivación.

30/11/2020: Providencia do xulgado de Caldas que acorda a reapertura das actuacións.

05/07/2021: Declaración xudicial de Manuel Castiñeiras García.

05/11/2021: Providencia que acorda recibir declaración en calidade de investigados ao secretario e ao interventor do Concello.

12/11/2021: Recurso de reforma presentado por Manuel Castiñeiras contra a providencia de 05/11/2021, interesando a citación do alcalde e de Luis Nieto.

22/11/2021: Auto que acorda prorrogar o prazo de instrución por un período de seis meses.

25/11/2021: Personación de letrado e procurador en nome do secretario municipal.

25/11/2021: Escrito de oposición ao recurso de reforma formulado pola representación do Concello de Valga.

01/12/2021: Personación de letrado e procurador en representación do interventor municipal.

13/12/2021: Declraación xudicial do secretario e do interventor.

05/01/2022: Escrito da representación do interventor municipal solicitando o sobresemento libre e o arquivo das actuacións.

17/01/2022: Providencia que acorda a práctica das seguintes dilixencias:
• Declaración como investigado do alcalde
• Declaración como investigado de Luis Nieto
• Declaración como investigada de María Luisa Álvarez
• Testifical da Subdirección Xeral de Administración Local
• Testifical de Marta Piñeiro
• Documental requerida ao Concello de Valga

17/01/2022: Auto que resolve o recurso de reforma contra a providencia de 05/11/2021, desestimando o mesmo.

31/01/2022: Dilixencia de ordenación que ten por personados ao procurador e letrado do secretario.

10/03/2022: Personación de procurador e letrado en nome do alcalde.
30/03/2022: Dilixencia pola que se ten por personados aos representantes do alcalde.

--------------- Recurso de reforma interposto por Manuel Castiñeiras contra a providencia de 19/07/2022 pola que, entre outros, se acorda sinalar data para varias testificais.

--------------- Escrito do Concello de Valga opoñéndose ao recurso.

11/10/2022: Auto que desestima o recurso de reforma interposto por Manuel Castiñeiras.

24/10/2022: Recurso de apelación interposto por Manuel Castiñeiras contra o auto de 11/10/2022.

---------------- Auto desestimando o recurso de apelación interposto por Manuel Castiñeiras.

03/01/2023: Auto que decreta o sobresemento provisional da causa, procedéndose ao arquivo das actuacións.

20/01/2023: Recurso de reforma formulado por Manuel Castiñeiras contra o auto de 03/01/2023 que decreta o sobresemento provisional da causa.

04/04/2023: Escrito de oposición ao recurso de reforma por parte da representación do alcalde e do secretario.

27/04/2023: Auto da Audiencia Provincial desestimando o recurso de apelación de Manuel Castiñeiras contra a providencia de 19/07/2022, a cal se confirma, ao igual que se confirma o auto de 11/10/2022 que resolveu o recurso de reforma interposto, declarando de oficio as costas do recurso.

16/05/2023: Auto polo que se desestima o recurso de reforma interposto por Manuel Castiñeiras contra o auto de 03/01/2023, que decretaba o sobresemento provisional da causa e o seu arquivo, manténdose o mesmo na integridade dos seus pronunciamentos.

29/05/2023: Recurso de apelación interposto por Manuel Castiñeiras contra o auto de 16/05/2023, que decretou o sobresemento provisional da causa e o seu arquivo.

06/06/2023: Escrito de impugnación do recurso pola representación do interventor municipal.

28/07/2023: Auto da Audiencia Provincial que desestima o recurso de apelación de Manuel Castiñeiras contra o auto de 16/05/2023 ditado polo xulgado de Caldas.

15/09/2023: Recurso de casación de Manuel Castiñeiras contra o auto de 28/07/2023, que desestima o anterior recurso de apelación presentado polo exconcelleiro das Mareas.

04/10/2023: Auto denegando ter por preparado o recurso de casación, polo que o sobresemento da causa se converte en definitivo.

Marzo 2024: Notificación do auto.

VALGA NUNCA NOS FALLA Os feitos falan por si sós e os resultados electorais do pasado domingo volveron a ser incontestab...
10/06/2024

VALGA NUNCA NOS FALLA

Os feitos falan por si sós e os resultados electorais do pasado domingo volveron a ser incontestables, demostrando que Valga ten as cousas claras. Gracias a todos os que fostes a votar e, especialmente, a todos os que seguides confiando no Partido Popular, que sodes moitísimos e moi fieis.

Os valgueses volveron a falar alto e claro onde hai que falar, que é nas urnas. O Partido Popular foi o máis votado en todas as mesas electorais, recibindo o 55’6% do total de votos emitidos, un dato contundente e moi representativo do sentir maioritario dos electores de Valga.

Confiamos en que tanto os resultados locais coma os globais beneficien ao noso concello e que Valga poida seguir medrando e mellorando os seus servizos, infraestruturas e calidade de vida a través das institucións e dos fondos europeos.

OS FEITOS DE FUTURO TAMÉN SE XOGAN EN EUROPA! 🇪🇺O vindeiro 9 de xuño celébranse eleccións 🗳️ ao Parlamento Europeo e, aí...
01/06/2024

OS FEITOS DE FUTURO TAMÉN SE XOGAN EN EUROPA! 🇪🇺

O vindeiro 9 de xuño celébranse eleccións 🗳️ ao Parlamento Europeo e, aínda que non o pareza, Valga tamén se xoga moito. As políticas europeas, que ás veces percibimos como lonxanas, inflúen en maior ou menor medida na realidade municipal. Somos parte de Europa e en Europa tómanse decisións importantes que nos atinxen a todos, que afectan ao noso día a día, que repercuten nos nosos fogares, no noso benestar e nos nosos dereitos.

O desenvolvemento dos territorios rurais, o crecemento industrial 🏭, as políticas ambientais, investimentos 💶 en infraestruturas, políticas enerxéticas… e outras moitas pasan, en boa medida, polo Parlamento da UE e polas institucións europeas, de aí a relevancia da cita electoral do 9 de xuño.

O futuro de Valga tamén está en xogo porque os nosos FEITOS DE FUTURO dependen, nalgúns casos, da chegada de fondos europeos e, por iso, pedímosvos aos valgueses que vos acheguedes ás urnas, xa que necesitamos de novo o voso apoio para que Valga siga medrando e para que poidamos seguir mellorando servizos e infraestruturas e, en definitiva, a calidade de vida dos nosos veciños.

Todos os votos contan!! Non quededes na casa.

Poden aplicarse moitos ditos a este caso, como que as mentiras caen polo seu propio peso ou que o tempo pon a cada un no...
15/03/2024

Poden aplicarse moitos ditos a este caso, como que as mentiras caen polo seu propio peso ou que o tempo pon a cada un no seu lugar. A nós mantennos aquí, no goberno de Valga, e ao señor Castiñeiras púxoo fóra da Corporación. E todo pola vontade expresada polos veciños nas urnas, que é o máis satisfactorio. Debería pedir perdón, pero non só por este asunto senón por todos os insultos e descalificacións que durante anos estivo soltando pola boca e nas redes sociais.

Nin os xuíces nin os veciños de Valga creron as mentiras e as difamacións das Mareas nin do PSOE de Valga e isto debería servir de advertencia para os que veñen detrás. Como xa dixemos noutras ocasións, as eleccións gáñanse nas urnas e traballando día a día pola mellora do noso concello e polo benestar dos veciños, pero non nos xulgados, como algúns pretenderon.

Do señor Villares mellor xa nin falar. Chegou a comparar a Valga coa trama Gürtel, e tempo tamén o puxo no seu sitio. El é outro dos que debería desculparse por todas as barbaridades que dixo de Valga e do seu alcalde durante a súa etapa política.

Outra das reflexións que cómpre facer é onde estaba o Colexio de Secretarios e Interventores (Cosital) durante os case seis anos nos que estes dous profesionais sufriron esta campaña de acoso e derribo constante por parte da oposición. Fai uns días saíron rapidamente a defender aos funcionarios de Cambre, pero debe ser que os profesionais de Valga non teñen para eles a mesma consideración.

Onde estaban tamén as Federacións Galega e Española de Municipios e Provincias (a Fegamp e a FEMP) cando este Concello estaba a ser atacado sen ningunha base, como está quedando demostrado nas reiteradas resolucións xudiciais.

En definitiva, esperamos que os implicados nesta persecución contra o goberno municipal, que se remonta a moitos anos atrás, dean a cara algunha vez e pidan desculpas. Dende o PSOE de Valga, que foi o que empezou todo co único afán de facerse co poder, ata as Mareas e o BNG, que despois de moitos anos fóra da Corporación o primeiro que fixo ao seu regreso foi levar este asunto ao Parlamento. Esperemos que lles sirva de lección.

E, por último, o Consello de Contas. Esperamos que algún día os responsables do informe sobre o Concello de Valga rectifiquen, posto que foron desautorizados polo Tribunal de Cuentas e agora tamén polos xulgados.

O dano que fixeron todos é irreparable. O que sucedeu en Valga creo que non ten precedentes en ningún outro concello de Galicia. Foi unha persecución total contra o alcalde e o equipo de goberno. Tivermos que soportar esta forma rastreira de facer política, pero estamos orgullosos e satisfeitos de que todas as sentenzas confirmen que o que fixo este goberno estivo sempre dentro da legalidade.

Web oficial do Concello de Valga. Toda a información e noticias do noso concello.

GRACIAS, VALGA Os valgueses demostráchedes de novo o pasado domingo que confiades no Partido Popular e que o facedes de ...
22/02/2024

GRACIAS, VALGA

Os valgueses demostráchedes de novo o pasado domingo que confiades no Partido Popular e que o facedes de xeito demoledor
Os resultados das eleccións autonómicas foron aplastastantes en todas as mesas electorais, recibindo o noso partido máis do 58% dos votos totais emitidos.

Ademais, tal e como vos pediramos, acudistes en masa á cita coas urnas, facendo deste un resultado contundente que representa o sentir maioritario dos valgueses. A participación medrou en 421 persoas con respecto ás eleccións de 2020.

O noso compromiso con Valga vese reforzado polo apoio que nos demostrades e que nos permitirá realizar, coa colaboración da Xunta de Galicia, novos proxectos en beneficio do benestar e a calidade de vida dos nosos veciños.

Agradecémosvos, unha vez máis, a vosa confianza e respaldo, que é un respaldo ao Partido Popular pero, sobre todo, aos FEITOS DE FUTURO para Valga.

🗳️ RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN VALGA
18/02/2024

🗳️ RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN VALGA

PARA QUE OS FEITOS DE FUTURO SE FAGAN REALIDADE EN VALGA!Durante o pasado ano 2023 o Concello de Valga licitou obras púb...
15/02/2024

PARA QUE OS FEITOS DE FUTURO SE FAGAN REALIDADE EN VALGA!

Durante o pasado ano 2023 o Concello de Valga licitou obras públicas por valor de 3’4 millóns de euros, sendo o segundo concello das comarcas do Salnés e Baixo Ulla que realizou un maior investimento en infraestruturas e superando, en moito, a concellos que nos multiplican en número de habitantes.

Ademais da xestión do goberno local, isto tamén foi gracias ás aportacións da Xunta de Galicia, que aposta por Valga e o vén demostrando dende hai anos a través de subvencións, convenios e investimentos que permitiron executar e mellorar moitas infraestruturas e servizos.

No Pleno do pasado mes de decembro, no debate dos orzamentos municipais para 2024, o alcalde anunciou que durante este ano os investimentos en Valga poderían achegarse aos oito millóns de euros e para acadalo contamos co compromiso do actual goberno da Xunta.

Para lograr ese obxectivo e que Valga siga medrando con feitos precisamos un respaldo masivo dos nosos veciños e que este domingo acudan a votar ao Partido Popular e ao seu candidato, Alfonso Rueda. Esa é a mellor garantía para que poidamos seguir ampliando e mellorando as infraestruturas e servizos municipais e, con eles, a calidade de vida de todos os valgueses.

Un só voto pode significar un deputado e ese deputado pode representar a maioría absoluta.

Non quededes na casa, canto maior sexa a participación máis democrático e representativo será o resultado.

Votade pola Galicia que funciona e para que Valga siga construíndo os seus FEITOS DE FUTURO.

👨‍⚖️ Una nova resolución do Tribunal de Cuentas bota por terra as denuncias da oposición. Esperamos que a señora Ferreir...
20/01/2024

👨‍⚖️ Una nova resolución do Tribunal de Cuentas bota por terra as denuncias da oposición.

Esperamos que a señora Ferreirós, portavoz do PSOE; o exconcelleiro das Mareas, Manuel Castiñeiras; e o BNG (que correu a levar este tema ao Parlamento e agora tamén sae escaldado) tomen nota e abandonen esta maneira de facer política baseada en continuas denuncias que non conducen a nada.

A ver se dunha vez se dedican a traballar polos intereses de Valga e dos veciños e non nos fan perder máis tempo. Cada minuto que temos que pasar respondendo ás súas mentiras é tempo que nos restan para realizar xestións que permitan mellorar os servizos e equipamentos do concello e a calidade de vida, que é para o que nos elixiron os veciños.

En política, coma na estrada, non se pode adiantar pola dereita. As eleccións hai que gañalas nas urnas, non nos xulgados nin nas redes sociais botando continuamente lixo sobre o equipo de goberno e poñendo en dúbida a profesionalidade de dous funcionarios de primeira.

Deberían ter aprendido de experiencias anteriores que aos veciños de Valga non se lles engana tan facilmente como eles pensan.

Web oficial do Concello de Valga. Toda a información e noticias do noso concello.

02/01/2024

Dirección

Valga
36646

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Populares de Valga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir