Concello de Verín

Concello de Verín Concello de Verín

Ao sudeste da provincia de Ourense, próxima á fronteira con Portugal, esténdese Verín, unha vila xurdida ao pé dunha importante fortaleza medieval que da orixe á comarca da súa mesmo nome: Monterrei, e que constitúe o segundo núcleo urbano da provincia, tras a capital. Centro indiscutible desta área xeográfica, excelentemente comunicado polas autovías A-52 e A-75 (Verín-Fronteira portuguesa), e as

nacionais 525 e 532, Verín convértese nun paso obrigado cara a Portugal e Castela. Cunha superficie de 93,4 Km² e 14.237 habitantes, foi tradicionalmente un destino termal pola calidade e diversidade dos seus cinco mananciais de augas minero-medicinais: Cabreiroá, Caldeliñas, Fonte do Sapo, Fontenova e Sousas. Este municipio, articulado en torno ao río Támega e rodeado por relevos montañosos, que chegan a alcanzar os 940 metros no Alto de Valdeagua, aséntase nunhas terras fértiles onde se cultivan os excelentes viños da Denominación de Orixe Monterrei.

📖✨ O pasado xoves, no marco da programación dos Maios, o Salón de Actos Casa da Cultura de Verín acolleu a presentación ...
05/05/2026

📖✨ O pasado xoves, no marco da programación dos Maios, o Salón de Actos Casa da Cultura de Verín acolleu a presentación de “Artigos, contos e Maios”, do autor Bruno Rúa.

A obra recupera a figura de Enrique Gómez Pato, referente da cultura popular local, a través dunha completa recompilación de artigos, contos e coplas que reflicten a súa mirada crítica, con humor e retranca, sobre a realidade da vila.

A publicación é froito dun intenso traballo de investigación e recompilación desenvolvido ao longo de máis de sete anos por parte do autor. Segundo explica Bruno Rúa, o proxecto xurdiu a partir do acceso a un arquivo documental facilitado no seu día polo verinés Plácido Romero (falecido no ano 2024), elaborado no marco do seu traballo audiovisual “Conversas e petiscos de pato” (presentado no ano 2019), no que se recollían materiais e imaxes vinculadas a Enrique Gómez Pato. A partir dese punto de partida, Rúa levou a cabo un labor exhaustivo de recollida e transcrición literal dos textos orixinais —entre artigos, contos e coplas—, respectando fielmente a súa forma e contido. O resultado son dous volumes de arredor de 375 páxinas cada un que reúnen, case na súa totalidade, a produción literaria do autor, sen intervención interpretativa, co obxectivo de devolver á veciñanza de Verín a voz directa dun dos seus referentes culturais.

O acto contou coa presenza da concelleira Purificación Caldelas, e reuniu a numeroso público interesado en reivindicar e poñer en valor o noso patrimonio inmaterial.

𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗔𝗣𝗢𝗦𝗧𝗔 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗜𝗡𝗡𝗢𝗩𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗔 𝗢𝗦 𝗜𝗡𝗖𝗘𝗡𝗗𝗜𝗢𝗦 🔥🌿O Concello de Verín recibiu ás alumnas do IES Xesús Taboada Chivite...
04/05/2026

𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗔𝗣𝗢𝗦𝗧𝗔 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗜𝗡𝗡𝗢𝗩𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗔 𝗢𝗦 𝗜𝗡𝗖𝗘𝗡𝗗𝗜𝗢𝗦 🔥🌿

O Concello de Verín recibiu ás alumnas do IES Xesús Taboada Chivite, gañadoras do certame CinVigo 2026: Eva Alonso, Lucía Álvarez, Alba Estévez, Laura López e Doaa Garçan, que presentaron un proxecto pioneiro sobre prevención e resposta ante incendios forestais.

O alcalde Gerardo Seoane destacou o alto nivel da proposta e a importancia de impulsar o talento novo con vocación científica e tecnolóxica.

💡 Entre as ideas presentadas:
▫️ Sistemas de vixilancia con drons e sensores térmicos
▫️ Detección temperá en tempo real
▫️ Intervención rápida con tecnoloxía innovadora como o composto “Chivifire”

🤝 O encontro serviu para abrir vías de colaboración co obxectivo de estudar a aplicación real destas solucións no territorio.

O Concello reafirma así o seu compromiso coa innovación, a mocidade e a protección do noso medio rural.

📸 Festa dos Maios 2026
04/05/2026

📸 Festa dos Maios 2026

🤸‍♀️ 𝗔𝗕𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗔 𝗣𝗥𝗘𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔 𝗧𝗘𝗠𝗣𝗔𝗗𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲/𝟮𝟳 🤸‍♀️O Club Deportivo Ximnasia Rítmica de Verín abre o prazo de prein...
30/04/2026

🤸‍♀️ 𝗔𝗕𝗘𝗥𝗧𝗔 𝗔 𝗣𝗥𝗘𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔 𝗧𝗘𝗠𝗣𝗔𝗗𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲/𝟮𝟳 🤸‍♀️

O Club Deportivo Ximnasia Rítmica de Verín abre o prazo de preinscrición para a vindeira tempada, unha oportunidade perfecta para iniciarse ou continuar nesta disciplina deportiva chea de elegancia, esforzo e paixón 💫

📅 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗥𝗘𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡
🗓️ 𝗗𝗼 𝟭 𝗮𝗼 𝟯𝟬 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼

👧 𝗡𝗢𝗩𝗔𝗦 𝗜𝗡𝗖𝗢𝗥𝗣𝗢𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡𝗦
👉 Será necesario realizar unha preinscrición previa
👉 Inclúe 𝘀𝗲𝗺𝗮𝗻𝗮 𝗱𝗲 𝗽𝗼𝗿𝘁𝗮𝘀 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗮𝘀

📩 𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡𝗦
Enviar ao correo: [email protected]
✔️ Nome completo do/a neno/a
✔️ Data de nacemento
✔️ Teléfono de contacto

Unha gran ocasión para formar parte dun club referente e medrar no deporte 💪

29/04/2026

𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗡𝗢𝗦 𝗠𝗘𝗗𝗜𝗢𝗦 📰

𝗧𝗔𝗟𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗗𝗘 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗤𝗨𝗘 𝗠𝗜𝗥𝗔 𝗔𝗢 𝗙𝗨𝗧𝗨𝗥𝗢 🌲🔥

👉 Dende o Concello de Verín queremos trasladar a nosa máis sincera noraboa ás alumnas e ao profesorado do IES Xesús Taboada Chivite polo seu brillante traballo e polo primeiro premio acadado no certame CinVigo 2026.

👏🏼 Eva Alonso, Lucía Álvarez, Alba Estévez, Laura López e Doaa Garçan son exemplo do enorme talento que medra en Verín cun proxecto centrado na loita contra os incendios forestais: “Incendios forestais: antes, durante e despois do lume”, desenvolvido baixo a supervisión dos docentes Pablo Blanco e Francisco Mos.

💡 O traballo estrutúrase en tres solucións innovadoras:

📱 Chivi-Forest, unha aplicación que permite mapear e priorizar as limpezas dos montes

🔥 Chivi-Fire, un produto ignífugo ecolóxico que frea o avance das chamas

🌱 Chivi-Seeds, biocápsulas que favorecen a reforestación con especies autóctonas

💡 Unha iniciativa que combina ciencia, innovación e compromiso, abordando desde a prevención de incendios ata solucións de futuro como a reforestación, situando á nosa mocidade na vangarda.

💛 Este recoñecemento é tamén motivo de orgullo para toda a nosa vila. Grazas por levar o nome de Verín tan alto e por demostrar que o futuro constrúese dende o talento, o esforzo e a ilusión.

📹 Compartimos convosco a reportaxe realizada polo Diario do Támega

IES Xesús Taboada Chivite Verín

📚🌼 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘 𝗔 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗢𝗕𝗥𝗔 “𝗔𝗥𝗧𝗜𝗚𝗢𝗦, 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗘 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗦” 🌼📚No marco das actividades programadas arredor dos Ma...
29/04/2026

📚🌼 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘 𝗔 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗢𝗕𝗥𝗔 “𝗔𝗥𝗧𝗜𝗚𝗢𝗦, 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗘 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗦” 🌼📚

No marco das actividades programadas arredor dos Maios, o Concello de Verín acolle a presentación da obra “Artigos, contos e Maios”, do autor Bruno Rúa, dedicada á figura de Enrique Gómez Pato, referente da cultura popular verinesa.

📅 𝗫𝗢𝗩𝗘𝗦 𝟯𝟬 𝗗𝗘 𝗔𝗕𝗥𝗜𝗟
🕣 𝟮𝟬:𝟯𝟬 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗦
📍 𝗦𝗔𝗟𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗔𝗖𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗔 𝗖𝗔𝗦𝗔 𝗗𝗔 𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔

A publicación recolle textos orixinais de Enrique Gómez Pato, recuperados a partir do arquivo documental elaborado polo verinés Plácido Romero, no marco do seu traballo audiovisual “Conversas e petiscos de pato”. (presentado no ano 2019)

Trátase dun labor de investigación de máis de sete anos que permitiu reunir artigos, contos e coplas respectando fielmente a súa forma orixinal, devolvéndolle á veciñanza a voz directa dun dos seus referentes culturais.

💬 A concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira, destaca que esta publicación supón «unha gran oportunidade para recuperar e difundir o patrimonio inmaterial da vila e achegar ás novas xeracións a figura dun autor clave na nosa identidade cultural».

👉 𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔 𝗟𝗜𝗕𝗥𝗘 𝗔𝗧𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗟𝗘𝗧𝗔𝗥 𝗔𝗙𝗢𝗥𝗢

🥊 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘𝗨 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗡𝗦𝗔 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗕𝗢𝗫𝗘𝗢 𝗖𝗢𝗡 𝗠𝗔́𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝟮𝟬𝟬 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗦𝗧𝗔𝗦O pasado 25 de abril, Verín converteuse no ep...
28/04/2026

🥊 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘𝗨 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗡𝗦𝗔 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗕𝗢𝗫𝗘𝗢 𝗖𝗢𝗡 𝗠𝗔́𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝟮𝟬𝟬 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗦𝗧𝗔𝗦

O pasado 25 de abril, Verín converteuse no epicentro do boxeo galego coa celebración da 𝟮ª 𝗫𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗮 𝗟𝗶𝗴𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮 𝗱𝗲 𝗙𝗼𝗿𝗺𝗮𝘀 e do 𝟭º 𝗢𝗽𝗲𝗻 𝗩𝗶𝗹𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗩𝗲𝗿𝗶́𝗻, nun evento organizado polo Club de Boxeo D.F. Verín e no que o Concello colaborou.
A xornada arrancou ás 11:00 horas coa participación de 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟬 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗶𝘀𝘁𝗮𝘀, dende categoría chupete ata cadete, nun ambiente deportivo e formativo que rematou coa entrega de medallas.

Xa pola tarde, ás 16:30 horas, disputouse a 𝗟𝗶𝗴𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗰𝗵𝗼𝗼𝗹𝗯𝗼𝘆𝘀 𝘆 𝗦𝗰𝗵𝗼𝗼𝗹𝗴𝗶𝗿𝗹𝘀, incluíndo finais do Campionato Galego.

A partir das 19:30 horas, o protagonismo foi para o 𝟭º 𝗢𝗽𝗲𝗻 𝗩𝗶𝗹𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗩𝗲𝗿𝗶́𝗻, coa participación de clubs de toda Galicia, deixando combates de gran nivel e emoción.

🥇 𝗥𝗘𝗦𝗨𝗟𝗧𝗔𝗗𝗢𝗦 𝗗𝗘𝗦𝗧𝗔𝗖𝗔𝗗𝗢𝗦
Destacou especialmente a actuación do club anfitrión, con varias vitorias como:
• Fernando Ferreira (+95 kg)
• Leire Prado (54 kg)
• Leandra Santiago (71-76 kg)

🏆 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗡̃𝗘𝗖𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗘𝗦𝗣𝗘𝗖𝗜𝗔𝗜𝗦
• Mellor boxeador junior: Gerardo García
• Mellor boxeadora junior: Leire Prado
• Mellor boxeador élite: David Díaz

Ademais, a 𝗰𝗼𝗽𝗮 𝗮𝗼 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿 𝗲𝗾𝘂𝗶𝗽𝗼 rematou en empate entre Boxing Club Lugo e Boxeo D.F. Verín.

Cómpre salientar tamén a 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗻𝗮 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝗴𝗮 𝗱𝗲 𝗽𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀 𝗲 𝗮 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗮𝗶𝗿𝗼𝘀 𝗣𝘂𝗿𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗮𝗹𝗱𝗲𝗹𝗮𝘀 𝗲 𝗘𝘂𝗴𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗤𝘂𝗶𝗻𝘁𝗮𝘀, 𝗮𝘀𝗶́ 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗱𝗼 𝘁𝗲𝗻𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲 do Concello de Verín 𝗗𝗶𝗲𝗴𝗼 𝗟𝗼𝘂𝗿𝗲𝗻𝘇𝗼,

Unha xornada marcada pola 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻, 𝗼 𝗲𝘀𝗳𝗼𝗿𝘇𝗼 𝗲 𝗼 𝗲𝘀𝗽𝗶́𝗿𝗶𝘁𝗼 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗶𝘃𝗼, que volve situar a Verín como referente na organización de eventos deportivos.

📢 𝗢 𝗣𝗟𝗘𝗡𝗢 𝗗𝗘 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗗𝗔́ 𝗟𝗨𝗭 𝗩𝗘𝗥𝗗𝗘 𝗔 𝗠𝗘𝗗𝗜𝗗𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗥𝗔́𝗖𝗧𝗘𝗥 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗔𝗟O Concello de Verín deu luz verde este venres, en sesión ...
24/04/2026

📢 𝗢 𝗣𝗟𝗘𝗡𝗢 𝗗𝗘 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗗𝗔́ 𝗟𝗨𝗭 𝗩𝗘𝗥𝗗𝗘 𝗔 𝗠𝗘𝗗𝗜𝗗𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗥𝗔́𝗖𝗧𝗘𝗥 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗔𝗟

O Concello de Verín deu luz verde este venres, en sesión plenaria, a varias iniciativas clave centradas no benestar da veciñanza e no apoio aos colectivos máis vulnerables.

👵 𝗘𝗫𝗘𝗡𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗧𝗔𝗫𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗘𝗡𝗧𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘𝗦 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗔𝗜𝗦
Aprobouse iniciar o proceso para eximir de taxas municipais ás entidades sen ánimo de lucro, especialmente aquelas que traballan con persoas maiores. A medida afecta a servizos básicos como a auga, o lixo ou o saneamento, adaptando a normativa á súa realidade.

O alcalde, Gerardo Seoane, destacou que estas medidas buscan “adaptar a normativa á realidade das entidades sociais e recoñecer o seu papel fundamental na comunidade”.

⚽ 𝗜𝗠𝗣𝗨𝗟𝗦𝗢 𝗔𝗢 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗕𝗔𝗦𝗘
O Pleno aprobou tamén unha subvención de 𝟳𝟱.𝟬𝟬𝟬 € para as Escolas Deportivas municipais na tempada 2025/2026, reforzando a práctica deportiva entre a infancia e a mocidade.

🤝 𝗥𝗘𝗙𝗢𝗥𝗭𝗢 𝗗𝗢𝗦 𝗦𝗘𝗥𝗩𝗜𝗭𝗢𝗦 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗔𝗜𝗦
A corporación acordou acollerse ao incremento da achega autonómica para o servizo de axuda no fogar, garantindo a continuidade e mellora desta prestación esencial.

➡️ Durante a sesión abordáronse tamén outros puntos de carácter económico e administrativo, como recoñecementos extraxudiciais de crédito, a aprobación da Conta Xeral 2024 ou a concertación dunha operación de crédito para investimentos municipais.

Nestes asuntos, os acordos saíron adiante cos votos a favor do grupo de goberno (PSOE e BNG) e co voto en contra do Partido Popular.

🌼🌿 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗖𝗘𝗟𝗘𝗕𝗥𝗔 𝗢𝗦 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗦 𝗖𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗔𝗠𝗣𝗟𝗔 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 🌿🌼O Concello de Verín presenta unha nova edición da Festa dos Maios...
24/04/2026

🌼🌿 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗖𝗘𝗟𝗘𝗕𝗥𝗔 𝗢𝗦 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗦 𝗖𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗔𝗠𝗣𝗟𝗔 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 🌿🌼

O Concello de Verín presenta unha nova edición da Festa dos Maios cun completo programa que mestura tradición, cultura, solidariedade e literatura, consolidando unha das citas máis emblemáticas da primavera na vila.

📅 𝗗𝗜́𝗔 𝗚𝗥𝗔𝗡𝗗𝗘: 𝟭 𝗗𝗘 𝗠𝗔𝗜𝗢
📍 Alameda e Praza García Barbón

🌸 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔 𝗗𝗢𝗦 𝗠𝗔𝗜𝗢𝗦
🕚 𝗗𝗲𝘀𝗱𝗲 𝗮𝘀 𝟭𝟭:𝟬𝟬 𝗵 → exhibición de maios tradicionais e artísticos
👥 𝗣𝗔𝗥𝗧𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗡 𝟭𝟭 𝗖𝗢𝗟𝗘𝗖𝗧𝗜𝗩𝗢𝗦 (centros educativos e asociacións)
🎺 𝟭𝟮:𝟬𝟬 𝗵 → concerto da Banda do Conservatorio de Verín

📜 𝗖𝗢𝗣𝗟𝗔𝗦 𝗦𝗢𝗟𝗜𝗗𝗔𝗥𝗜𝗔𝗦
💶 Á venda por 1€ (recadación destinada á AECC de Ourense)

🐙 𝗗𝗘𝗚𝗨𝗦𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗣𝗢𝗟𝗕𝗢
👉 Un dos momentos máis agardados da xornada ao mediodía

🤝 𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗦𝗢𝗟𝗜𝗗𝗔𝗥𝗜𝗔
📍 Praza García Barbón
🕚 Desde as 11:00 h
❤️ Participación de múltiples entidades sociais con produtos e servizos solidarios
🎈 Inchables para os máis pequenos da man de AEVER

📚 𝗡𝗢𝗩𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘: 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗟𝗜𝗧𝗘𝗥𝗔𝗥𝗜𝗔
📅 𝟯𝟬 𝗱𝗲 𝗮𝗯𝗿𝗶𝗹 | 🕣 𝟮𝟬:𝟯𝟬 𝗵
📍 Salón de Actos da Casa da Cultura
📖 “Artigos, contos e Maios”, de Bruno Rúa

⚽  𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘𝗥𝗔́ 𝗔𝗦 𝗙𝗜𝗡𝗔𝗜𝗦 𝗗𝗔 𝗖𝗢𝗣𝗔 𝗗𝗘𝗣𝗨𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗢𝗨𝗥𝗘𝗡𝗦𝗘 𝟮𝟬𝟮𝟲 𝗗𝗘 𝗙𝗨́𝗧𝗕𝗢𝗟 𝗕𝗔𝗦𝗘 𝗡𝗢 𝗥𝗘𝗡𝗢𝗩𝗔𝗗𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗢 𝗗𝗘 𝗔 𝗚𝗥𝗔𝗡𝗫𝗔📍 O renovado...
23/04/2026

⚽ 𝗩𝗘𝗥𝗜́𝗡 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘𝗥𝗔́ 𝗔𝗦 𝗙𝗜𝗡𝗔𝗜𝗦 𝗗𝗔 𝗖𝗢𝗣𝗔 𝗗𝗘𝗣𝗨𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗢𝗨𝗥𝗘𝗡𝗦𝗘 𝟮𝟬𝟮𝟲 𝗗𝗘 𝗙𝗨́𝗧𝗕𝗢𝗟 𝗕𝗔𝗦𝗘 𝗡𝗢 𝗥𝗘𝗡𝗢𝗩𝗔𝗗𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗢 𝗗𝗘 𝗔 𝗚𝗥𝗔𝗡𝗫𝗔

📍 O renovado Campo Municipal de A Granxa foi o escenario da presentación oficial desta cita deportiva, que reunirá aos mellores equipos da provincia nas categorías de fútbol 11 e fútbol 8.

👥 No acto participaron:
✔️ Diego Lourenzo, tenente alcalde de Verín
✔️ José María Lago, deputado provincial
✔️ Raúl Rois, delegado da RFGF en Ourense
✔️ Daniel Aguirre, presidente do EDC Verín

📅 As finais celebraranse:
👉 𝟯𝟭 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟲
👉 𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗻̃𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟲

🏟️ Segundo destacaron desde tanto desde a Deputación Provincial de Ourense como desde a Real Federación Galega de Fútbol a elección de Verín como sede responde a unha dobre razón:
👉 por unha banda, a vontade de apoiar á comarca tras a situación vivida polos incendios
👉 e por outra, contar cun 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗶𝘃𝗼 𝘁𝗼𝘁𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗿𝗲𝗻𝗼𝘃𝗮𝗱𝗼 e cunha 𝘀𝘂𝗽𝗲𝗿𝗳𝗶𝗰𝗶𝗲 𝗱𝗲 𝘂́𝗹𝘁𝗶𝗺𝗮 𝘅𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻, que garante as mellores condicións para o deporte base.

💧 𝗠𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟳𝟭.𝟬𝟬𝟬 € 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝘃𝗲𝘀𝘁𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹 para garantir instalacións modernas e de calidade.

🔥 Unha oportunidade para seguir impulsando o deporte base e situar Verín como referente na organización de grandes eventos deportivos.

👉 𝗦𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗶𝗻𝘃𝗲𝘀𝘁𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗲𝗻 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲, 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗻𝗱𝗼 𝗩𝗲𝗿𝗶́𝗻

⚔️🔥 𝗔𝗖𝗛É𝗚𝗔𝗦𝗘 𝗔 𝗥𝗘𝗩𝗢𝗟𝗧𝗔 𝗜𝗥𝗠𝗔𝗡𝗗𝗜Ñ𝗔… 𝗘 𝗔𝗦 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 𝗩𝗢𝗔𝗡O vindeiro 𝟭𝟰 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼, Verín converterase nun auténtico campo de batal...
23/04/2026

⚔️🔥 𝗔𝗖𝗛É𝗚𝗔𝗦𝗘 𝗔 𝗥𝗘𝗩𝗢𝗟𝗧𝗔 𝗜𝗥𝗠𝗔𝗡𝗗𝗜Ñ𝗔… 𝗘 𝗔𝗦 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 𝗩𝗢𝗔𝗡

O vindeiro 𝟭𝟰 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼, Verín converterase nun auténtico campo de batalla deportiva coa nova edición da carreira de obstáculos A Revolta Irmandiña… e hai tandas que están a piques de esgotarse ⚡

📊 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 𝗮𝗼 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗱𝗼 𝗿𝗲𝗮𝗹 𝗱𝗮𝘀 𝘁𝗮𝗻𝗱𝗮𝘀:

❗ 𝗧𝗮𝗻𝗱𝗮 𝟰 (𝗣𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿) → 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗟𝗘𝗧𝗔 (100%)
⚠️ 𝗧𝗮𝗻𝗱𝗮 𝟱 (𝗣𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿) → 𝗰𝗮𝘀𝗲 𝗮𝗼 𝟳𝟬%
⚠️ 𝗧𝗮𝗻𝗱𝗮 𝟮 (𝗦𝘁𝗮𝗿𝘁𝗲𝗿) → 𝗺á𝗶𝘀 𝗱𝗼 𝟱𝟬%
⚠️ 𝗧𝗮𝗻𝗱𝗮 𝟳 (𝗣𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿 𝟱𝗞) → 𝗺á𝗶𝘀 𝗱𝗼 𝟱𝟬%

🔥 𝗧𝗮𝗻𝗱𝗮 𝟯 (𝗦𝘁𝗮𝗿𝘁𝗲𝗿) → 𝗮𝗼 40%
🔥 𝗧𝗮𝗻𝗱𝗮 𝟭 (𝗘́𝗹𝗶𝘁𝗲) → 𝗮𝗼 38%
🔥 𝗧𝗮𝗻𝗱𝗮 𝟲 (𝗣𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿) → 𝗺𝗲𝗻𝗼𝘀 𝗱𝗼 25%

⏳ 𝗢 𝗿𝗶𝘁𝗺𝗼 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗲́ 𝗮𝗹𝘁í𝘀𝗶𝗺𝗼… e cada día hai menos opcións de escoller tanda!

Se queres vivir unha experiencia única de deporte, natureza e superación… este é o momento 💥

👉 𝗔 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗿𝗮𝘀? 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿í𝗯𝗲𝘁𝗲 𝘅𝗮: https://cutt.ly/LtJXhEf0

💪 Evento organizado pola Asociación Deportiva Ktorce, en colaboración co Concello de Verín.

ÚltimasPrazas CorreOuQuedasFóra

Dirección

Praza Do Concello
Verín
32600

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Verín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Verín:

Compartir