08/09/2026
.
🎬🌅 DESPEDIMOS AS VACACIÓNS DE VERÁN CON CULTURA E CINE! 💙
🎥✨ Poñemos o punto e final ao verán cunha proposta cultural e cinematográfica para todos os gustos e idades.
👧🧒 POLA TARDE, FESTIVALIÑO
🎬🎲 Unha proposta de ocio infantil con curtas educativas en galego, xogos e actividades lúdicas para que toda a cativada goce dunha tarde divertida e entretida neste primeiro sábado do curso.
🌙🎞️ E POLA NOITE, CINE AO AIRE LIBRE CON RONDALLAS
🎶💙 Pecharemos a xornada coa proxección de Rondallas, a película de Daniel Sánchez Arévalo, protagonizada, entre outros, por Javier Gutiérrez, María Vázquez, Tamar Novas e Xosé A. Touriñán.
🎶💙 A historia lévanos ata un pequeno pobo da costa galega que, dous anos despois do tráxico naufraxio dun pesqueiro, intenta recuperar a ilusión e deixar atrás o loito a través da súa tradicional rondalla, unha agrupación musical na que participan persoas de diferentes xeracións.
🎶💙 Unha historia sobre a forza da comunidade, a música, as tradicións e a capacidade de volver mirar cara adiante despois dunha traxedia, rodada en diferentes localizacións de Galicia.
🎬✨ Unha xornada para despedir o verán, dar a benvida ao novo curso e g***r da cultura e do cine ao aire libre.
📍 Agardámosvos!