Cim VdB - Viana do Bolo

Cim VdB - Viana do Bolo Centro de Información á Muller do Concello de Viana do Bolo (Ourense)

.🎮☀️ 📸🔚🔚 CAMPAMENTO DE VERÁN EN IMAXES 🎮☀️ 📸 Hoxe poñemos o broche final ao Campamento de Verán 2026, un programa que du...
04/09/2026

.
🎮☀️ 📸🔚🔚 CAMPAMENTO DE VERÁN EN IMAXES
🎮☀️ 📸 Hoxe poñemos o broche final ao Campamento de Verán 2026, un programa que durante todo o mes de agosto e esta primeira semana de setembro encheu de alegría, diversión e moitas aventuras os días dos máis pequenos e pequenas. 🥳👧🧒
🎮☀️ 📸 Este ano vivimos unha edición moi especial co “Game Camp”, un campamento temático no que os/as participantes se converteron nos protagonistas de videoxogos moi reais, superando retos, competindo, xogando en equipo e, sobre todo, compartindo momentos inesquecibles. 🏆🎯🎲
Un total de 70 cativos e cativas formaron parte do PROGRAMA MUNICIPAL DE MEDIDAS CONCILIACIÓN DO VERÁN 2026, formado pola Ludoteca e o Campamento de Verán, que, como novidade, este ano se estendeu ata a primeira semana de setembro, co obxectivo de mellorar e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias do noso concello. 👨👩👧👦💼❤️
👏💜 Dende o CIM e o Concello de Viana do Bolo queremos agradecer de corazón ás monitoras o seu enorme traballo, dedicación e cariño durante todas estas semanas.
👏💜 E, por suposto, grazas ás familias por confiar un ano máis en nós e permitirnos acompañar aos vosos pequenos e pequenas durante o verán.
🧠🤩 Agora toca gardar todos os bos momentos na memoria e comezar a pensar na próxima aventura!
☀️👏💜 GRAZAS POR FACER DESTE, UN VERÁN INESQUECIBLE!

.⏰🦘 SERVIZO “MADRUGADOR@S” – CURSO 2026-2027 🦘⏰ Este curso 2026-2027, o Servizo de Conciliación “Madrugador@S” chega con...
04/09/2026

.
⏰🦘 SERVIZO “MADRUGADOR@S” – CURSO 2026-2027
🦘⏰ Este curso 2026-2027, o Servizo de Conciliación “Madrugador@S” chega con novidade: comezamos xa no mes de setembro, co obxectivo de facilitar e mellorar a organización das familias desde o inicio do curso escolar.
🕢🕢 Dende as 7:30 horas ata o inicio do horario escolar, as nenas e nenos participantes poderán desfrutar dun espazo lúdico, de xogo e aprendizaxe, acompañado e adaptado ás súas necesidades.
🦘⏰ Un servizo pensado para dar resposta ás necesidades das familias que, por motivos laborais e/ou persoais, teñen dificultades para conciliar durante as primeiras horas da mañá.
🟣 PRAZOS DE INSCRICIÓN:
📅 7 e 8 de setembro no caso de familias que xa participaran no pasado curso
📅 9 e 10 de setembro para o resto de familias
🟣 FORMAS DE INSCRICIÓN:
✍️Presencialmente, no CIM do Concello de Viana do Bolo.
💻De forma telemática, a través dos medios habilitados polo Concello.
🟣 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA REALIZAR A INSCRICIÓN:
1️⃣ Solicitude de inscrición e Autorización de tratamento de datos persoais.
2️⃣ Orde de Domiciliación SEPA, só no caso das familias que non a entregasen no curso anterior.
👀ℹ️ Consulta toda a información e accede a toda a documentación na web do Concello de Viana do Bolo 🌐 www.vianadobolo.gal 🌐
💜💜 Traballamos por unha Viana máis conciliadora, corresponsable, igualitaria e con máis recursos para as familias.

.👶💶 BONO CONCILIA FAMILIA✅ Que é?O Bono Concilia Familia é unha axuda directa que contribúe a financiar servizos de conc...
01/09/2026

.
👶💶 BONO CONCILIA FAMILIA
✅ Que é?
O Bono Concilia Familia é unha axuda directa que contribúe a financiar servizos de conciliación contratados polas familias durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais.
✅ Quen pode beneficiarse?
En 2026, poderán beneficiarse as familias con nenos e nenas de 4 a 13 anos (nacidos entre o 1/1/2013 e o 31/12/2022) que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso para cubrir necesidades puntuais de conciliación polas obrigas laborais, persoais ou as responsabilidades familiares.
✅ Cal é o seu importe?
A axuda cobre ata o 75% do servizo; pero amplíase ata o 100% para as familias de especial consideración.

En todos os casos aplican estas contías máximas:
💶 500 euros por familia para contratar un coidados a domicilio.
💶 200 euros por fillo/a no caso de asistencia a servizos de conciliación colectivos
✅ Cando se pode solicitar?
Dende o 9 de setembro de 2026 (a partir das 9:00 horas) ata o 9 de outubro de 2026 (ata as 14:00 horas).
➕ℹ️ Máis información e acceso ás inscricións (cando se abra o prazo) na seguinte ligazón: 👇👇
https://www.pan.gal/gl/bono-concilia-familia

,🎮☀️ 📸 CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 EN IMAXES🎮☀️ 📸 O pasado venres "pechamos" a segunda semana do noso Game Camp desfrutando...
17/08/2026

,
🎮☀️ 📸 CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 EN IMAXES
🎮☀️ 📸 O pasado venres "pechamos" a segunda semana do noso Game Camp desfrutando a tope dunha chea de xogos, retos, competicións, traballo en equipo e moitoooo baile! 💃🕺

🏅 Convertémonos en auténticos/as deportistas coa nosa temática e preparamos as nosas propias Olimpíadas. 🥇..
💦🧽 Celebramos unha gran Festa da Auga, superando diferentes retos ata chegar á recompensa final: inchables de auga e festa da espuma! 💦🫧
🕵️‍♀️🔎 E como non, un CLUEDO NA VIDA REAL! Transformámonos en auténticos/as detectives, seguindo pistas, superando probas, retando outros equipos e intentando descubrir… quen foi o culpable! 🤫🔍
🤩🥳 Unha semana de moita diversión, aventuras, risas e momentos para lembrar!
🎮☀️ 📸 E hoxe continuamos coa diversión unha semana máis no Game Camp!!

.🎮☀️ 📸 CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 EN IMAXES🎮☀️ 📸 Aquí deixamos un pequeno resumo en imaxes da primeira semana do Campament...
10/08/2026

.
🎮☀️ 📸 CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 EN IMAXES
🎮☀️ 📸 Aquí deixamos un pequeno resumo en imaxes da primeira semana do Campamento de Verán "Game Camp". Un campamento no que os videoxogos son o fío condutor de moitas das actividades e dinámicas, combinando diversión, creatividade, aprendizaxe e compañeirismo.
🎮☀️ 📸 Ao longo destes primeiros días, os/as participantes desfrutaron dun programa moi completo e variado, con propostas pensadas para vivir o verán dunha maneira diferente e, sobre todo, para pasalo en grande. 🌞🎮
✨ Espectáculo de maxia, cheo de sorpresas.
🏊‍♀️ Saída á piscina para refrescarnos e desfrutar dunha xornada diferente.
⚡ Dinámicas para comezar o día con enerxía e moitas ganas de participar.
🤝 Xogos por equipos, fomentando o compañeirismo e o traballo en grupo.
🏃‍♀️ Deporte e actividade física, porque tamén hai que saír da pantalla e poñerse en movemento!
🎮 Outras moitas actividades e sorpresas relacionadas co mundo dos videoxogos.
🎮☀️ 📸 E isto só acaba de comezar... No Game Camp en Galego aínda quedan moitas aventuras por descubrir!

05/08/2026

.
🎮🕹️ CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 "GAME CAMP"
🎮🕹️Este verán... o campamento convértese nun auténtico videoxogo no que cada participante contará coa súa propia credencial personalizada, deseñada e decorada por el ou ela mesmo/a, que irá evolucionando ao longo dos días.
🎖️🎖️ Cada xornada será unha nova misión superada e, pouco a pouco, irán conseguindo insignias ata completar todas as pantallas deste orixinal xogo chamado GAME CAMP.
📲📸 Pero iso non é todo! Cada credencial incorpora un código QR que permitirá ás familias acceder a imaxes e vídeos exclusivos do día a día do campamento, para non perder detalle de todas as aventuras, retos e momentos inesquecibles.
🎮🕹️Comeza o desafío, comeza o xogo, comeza ... GAME CAMP VIANA DO BOLO!!

.🤩☀️📸 LUDOTECA DE VERÁN 2026 EN IMAXES🤩☀️📸 O pasado venres puxemos fin a unha nova edición da Ludoteca de Verán de Viana...
03/08/2026

.
🤩☀️📸 LUDOTECA DE VERÁN 2026 EN IMAXES
🤩☀️📸 O pasado venres puxemos fin a unha nova edición da Ludoteca de Verán de Viana do Bolo, deixando atrás cinco semanas cheas de ilusión, aprendizaxe e, sobre todo, moita diversión.
🤩☀️📸 Durante estes días, os nenos e nenas desfrutaron dun amplo programa de actividades deportivas, manualidades, xogos ao aire libre, dinámicas en grupo, obradoiros temáticos, saídas á piscina municipal e moitos momentos de convivencia que converteron este verán nunha experiencia inesquecible. A gran festa de fin de ludoteca, con inchable e festa da espuma, puxo o broche final a unhas semanas nas que as risas, a amizade e a diversión foron as auténticas protagonistas.
🫶🙏 Queremos expresar o noso agradecemento a todos os nenos e nenas participantes por encher cada xornada de enerxía, ilusión e sorrisos. Grazas tamén ás familias pola confianza depositada no Concello e por facer posible que esta actividade sexa un éxito ano tras ano.
🫶🙏 Un agradecemento moi especial ao equipo de monitoras e monitores, polo seu compromiso, dedicación, creatividade e cariño, facendo que cada día estivese cheo de propostas educativas, deportivas e de lecer adaptadas aos máis pequenos.
▶️🆙 Pero isto non para aquí! O verán continúa e hoxe, luns 3 de agosto, damos comezo ao Campamento de Verán 2026, con novas aventuras, actividades, excursións, xogos e moitos momentos inesquecibles por vivir. Estamos desexando seguir compartindo un verán cheo de diversión con todos vós.

.🟣💶 SUBVENCIÓNS PARA O MANTE MENTO DO EMPREGO FEMININO "EmprendOU en feminino"🟣💶  A finalidade desta convocatoria é, por...
23/07/2026

.
🟣💶 SUBVENCIÓNS PARA O MANTE MENTO DO EMPREGO FEMININO "EmprendOU en feminino"
🟣💶 A finalidade desta convocatoria é, por unha banda, manter a finalidade xa recollida na convocatoria do ano 2025, orientada a apoiar o emprendemento feminino, especialmente vinculado ao ámbito rural da provincia, como instrumento de desenvolvemento económico, cohesión territorial, redución de fendas estruturais de xénero, equidade territorial e fixación de poboación.
🟣💶 Por outra banda, incorpora unha finalidade específica de continuidade respecto dos proxectos que xa resultaron beneficiarios no exercicio anterior, co obxecto de favorecer a súa consolidación, evitar a interrupción de iniciativas empresariais ou profesionais xa apoiadas e contribuír ao mantemento da actividade económica e do emprego autónomo no territorio provincial.
🟣💶 Información e inscricións na seguinte ligazón:
https://www.depourense.gal/gl/benestar/emprendou2026

.🤩☀️📸 LUDOTECA DE VERÁN 2026 EN IMAXES🤩☀️📸 A Ludoteca de Verán de Viana do Bolo segue a encher o verán de diversión!🤩☀️📸...
22/07/2026

.
🤩☀️📸 LUDOTECA DE VERÁN 2026 EN IMAXES
🤩☀️📸 A Ludoteca de Verán de Viana do Bolo segue a encher o verán de diversión!
🤩☀️📸 Compartimos algunhas imaxes das actividades realizadas durante a segunda e terceira semana da Ludoteca de Verán 2026.
🤩☀️📸 Foron días cheos de deporte, saídas a piscina, xincanas, manualidades, xogos, risas e moitas experiencias compartidas, nos que a rapazada puido aprender, facer novas amizades e desfrutar dun verán activo e inesquecible.
🤩☀️📸 Estade moi atentos/as, que aínda queda moita Ludoteca por diante, con novas actividades, sorpresas e momentos para seguir creando grandes recordos.
🤩☀️📸 Queremos agradecer o magnífico traballo das/os monitoras e monitores, a confianza das familias e, por suposto, a ilusión e participación de todos os nenos e nenas, que fan posible que cada xornada sexa especial.
😍😍Grazas por formar parte deste verán en Viana do Bolo!

.🤩☀️📸 LUDOTECA DE VERÁN 2026 EN IMAXES🤩☀️📸 A primeira semana da Ludoteca de Verán 2026 xa forma parte dos bos recordos d...
06/07/2026

.
🤩☀️📸 LUDOTECA DE VERÁN 2026 EN IMAXES
🤩☀️📸 A primeira semana da Ludoteca de Verán 2026 xa forma parte dos bos recordos deste verán.
🤩☀️📸 Compartimos con vos un pequeno resumo en imaxes dalgúns dos momentos vividos nestes primeiros días: actividades ao aire libre, deporte, xogos, obradoiros, compañeirismo e moita diversión.
🤩☀️📸 Cinco días de risas, retos, creatividade, aprendizaxe e moitas oportunidades para compartir e crear lembranzas inesquecibles.
🤩☀️📸 Grazas ás familias pola súa confianza, ás monitoras e monitores polo seu gran traballo e, como non, ás nenas e aos nenos por participar con tanta ilusión en cada actividade!!
🤩☀️📸 Estade atentas e atentos poque isto non fixo máis que comezar... Agárdannos moitas máis aventuras ao longo destas semanas!!

Dirección

Rúa Constitución, 14
Viana Del Bollo
32550

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cim VdB - Viana do Bolo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir