18/05/2026
Di Instagram que calquera vídeo de máis de 3 minutos non se promocionará nin terá moita visibilidade… pero, querido Instagram: a tarde de onte non se pode resumir en tan só 3 minutos. Farían falla varias páxinas dun PDF escritas en Arial 10, con interliñado 1, e aínda así non seriamos capaces de expresar todo o agradecemento, amor e felicidade que levamos dentro.
Onte tivemos a enorme sorte de participar no II Concurso de Coros Infantís e Xuvenís organizado por .es . Nel acadamos o 2º premio do concurso, o premio Opera Prima e o premio de Mentorización de Mayeusis. Pero o noso maior agasallo foi compartir co público e co resto das agrupacións unha tarde tan incrible. Especialmente, queremos felicitar e agradecer ao Coro de Voces Goianesas e ao Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal. Patricia, Toñi: valedes un imperio.
Grazas a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, fixeron posible que SdF chegase ata aquí e ás que nos sostedes cada día.
Grazas a Sandra, por ensinarnos que a música abraza; por crear soños onde outros só ven partituras.
A Jose, por deixar sempre un anaco da súa alma en cada nota que nos regala coas súas composicións.
A Alba e Héctor, por tecer cos maiores unha paisaxe de melodías que sostivo ao coro con delicadeza e forza.
Ao profesorado de SdF, por construír moito máis ca un espazo para aprender música: unha casa onde medrar xuntos.
Ao claustro e ao persoal do CEIP Vicente Risco, por acompañar a infancia con esa mestura tan difícil de atopar entre tenrura, paciencia e maxisterio.
Ás familias, por ser aplauso, refuxio e rede cando as pernas tremen antes de saír ao escenario.
Aos nosos adolescentes, por levar revoltas no pensamento e unha bondade inmensa no peito.
E aos máis pequenos, que chegan coas mans cheas de ilusión e os ollos cheos de futuro.
Grazas a todas e todos.
Somos familia. Somos imparables. Somos Son das Flores.
Asinado: unha directora de coro agradecida e profundamente orgullosa. 🤍