19/08/2026
🌱 UNHA PEQUENA SEMENTE, UNHA GRAN AVENTURA 💚
A nosa proposta “Adopta unha semente” segue en marcha… e aínda quedan sementes esperando unha familia! 🌿
Se pasaches pola biblioteca e aínda non te animaches, ou se acabas de descubrir a actividade, agosto é o momento perfecto para comezar.
Leva unha semente, dálle os teus coidados e sorpréndete vendo como, pouco a pouco, vai medrando. 💧🌱✨
E lembra: non hai dúas sementes iguais nin dúas historias iguais. 😊
📍 Pásate pola Biblioteca Xosé Neira Vilas e adopta a túa!
💚 Queres ver ata onde pode chegar a túa semente?
ℹ️ https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/event/adopta-unha-semente/