05/09/2016
Bos días compañeir@s, queremos achegarvos a acta da asemblea que tivemos o equipo de formación o pasado venres 2 de setembro para dotar as nosas xuntanzas da máxima transparencia posible. Agardamos sexa do voso interese. Saúdos.
Acta do Círculo de Formación Podemos Vigo
Vigo, a 02 de setembro de 2016.
Reúnense Renato, Gabriela, Tito Freire, Toni, Xaquín e Luís Nogueiras na cafetería Tío Carlo sita na rúa Camelias nº 91
Orde do día:
1. Elección enlace da organización
Elíxese a Luís Nogueiras por unanimidade dos/as presentes.
2. Seguimento dos trámites para a activación do círculo
Trala elección de Luís como enlace do noso círculo, antes equipo de traballo, acordamos recopilar actas, carteles e outros documentos relativos ás actividades desenvolvidas ata o momento.
3. Seguimento do Proxecto Impulsa
Gabriela explica dous dos proxectos: Proxecto 1 “Polo pensamento crítico” e Proxecto 2 “Da ovella a lá”, pide que traballemos detalladamente a presentación para o envío dos proxectos utilizando na medida do posible todas as ferramentas informáticas. Neste punto falase da importancia de involucrar ós movementos sociais e a outros colectivos para desenvolvelo e presentalo como unha posible saída laboral. Incluso Gabriela explica que debemos ser moi claros coas personas interesadas en facerlles entender que os fondos do Proxecto Impulsa cubren o material e máis os trámites necesarios para levalo a cabo, que non pagaría salarios.
4. Debate sobre o Brexit
Renato acusa a falta de difusión debido a: as primarias, a constitución do equipo técnico en Vigo, o traballo para a constitución do noso equipo de traballo nun círculo, polo que a data estaba sen decidir. Barállase a posibilidade de facelo a partir do 9 de setmbro, data para a que podería un dos nosos compañeiros ausentes na asemblea, inda que estudiando a longa campaña electoral que temos por diante decídese por unanimidade pospoñelo para despois do 25 de setembro, plantexando a posibilidade de facelo o venres 7 de outubro de maneira provisional. Renato pide que fagamos cartel de convocatoria con data, a difusión do evento cuio local será a Oficina Europarlamentaria de Vigo, así como a explicación da dinámica da actividade. Gabriela comprométese a anunciar na nosa páxina de Facebook enlaces relacionados coa formación a partir do 25 de setembro.
Comprométense catro das persoas asistentes a preparar unha intervención de cinco minutos por persoa, con catro perspectivas diferentes do Brexit.
5. Festival internacional (Shezenia, Ecoar,...)
Pola imposibilidade da asistencia de Xoana este punto non o puidemos tratar coa profundidade que merece, dado que tamén é un proxecto a longo prazo.
6. Rogos e preguntas
Non hai rogos e preguntas.