13/08/2026
🎬🌊 “Á deriva”: da ciencia á creación audiovisual
A curtametraxe “Á deriva”, de Iria Silvosa Peteira, con idea orixinal de Nuria Vilán Prado, recibiu unha axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) na convocatoria de creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego.
A proposta nace da iniciativa “De cor e de voz: poesía fotosintética”, liderada pola UCC CSIC Galicia na que a creadora Nuria Vilán e o investigador do IIM-CSIC José Luis Garrido dialogaron sobre os paralelismos entre o proceso creativo da escritura e o da investigación científica.
Estes días, as artistas visitan o IIM-CSIC para gravar imaxes de fitoplancto para a curtametraxe e conversar co persoal científico e técnico implicado no proxecto.
A proposta explora, ademais, a conexión entre diferentes disciplinas artísticas como a poesía, a danza e a música experimental, creando un espazo de encontro entre arte e ciencia.
Unha oportunidade para descubrir o océano desde novas miradas e explorar as conexións entre a creación artística e a investigación científica.