23/09/2026
[ Ferrolterra ] 📢✊ A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra súmase a concentración convocada para o venres 25 de setembro, ás 19,30 h na rúa Dolores,fronte a sede da Cruz Vermella.
Ao propio tempo condenamos firmemente a agresión realizada contra esta entidade humanitaria polo seu exercicio de axuda as persoas necesitadas.
Agresión ra***ta, machista e xenófoba promovida, coa súa intolerancia e chamda á violencia, por unha parte destacada da nosa sociedade, para impedir a prestación da axuda humanitaria a quen a precisa, seguindo a elemental obriga de exercitar os valores de igualdade, solidariedade e respecto propios dunha sociedade democrática.
"As mulleres decidimos"