Emprende na rede

Emprende na rede Espazo para emprendedores propio do "Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE) da MAIV.

emprendenarede.es nace para dar apoio ao Servizo de Asesoramento a Emprendedoras/es a través de internet. Este proxecto desenvólvese no seo da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e ten como obxectivo axudar ás persoas que queiran pór en marcha un proxecto empresarial. Ofrecemos, a través deste servizo gratuíto, información e asesoramento a nivel técnico, empresarial, legal, fiscal… para

axudarvos a dar forma ás vosas ideas, impulsalas e desenvolvelas con éxito. Na web emprendenarede.es tes un portal onde poderás atopar información de interese para o emprendemento na área intermunicipal de Vigo. Na web poderás consultar informacións de interese relacionadas coa posta en marcha e a consolidación de novas iniciativas empresariais.

24/12/2025
🛡️ Programa Empresa Cibersegura 2025: fortalece a ciberseguridade da túa empresaO programa apoia empresas galegas (autón...
08/09/2025

🛡️ Programa Empresa Cibersegura 2025: fortalece a ciberseguridade da túa empresa

O programa apoia empresas galegas (autónomos e sociedades) para implementar solucións que aumenten a prevención, detección e resposta ante riscos dixitais, garantindo a continuidad e confianza no ámbito dixital.

📌 Beneficiarios:
-Empresarios individuais e persoas xurídicas con domicilio ou centro de traballo en Galicia.
Non poderán acceder empresas que presten servizos de ciberseguridade similares aos obxectivos da axuda.

💻 Conceptos subvencionables:

Diagnóstico de madurez e análise de riscos

Auditorías técnicas e informes con propostas de mellora

Itinerarios técnicos, Cloudificación IaaS, securización ITaaS/OTaaS

Hacking ético, concienciación e cultura en ciberseguridade

Gobernanza e políticas de ciberseguridade, CISOaaS

💶 Contía:

75 % do investimento, ata 30.000 €

Máx. subvencionable: 40.000 €

Investimento mínimo subvencionable: 18.000 €

📅 Prazo: do 25 de agosto ao 15 de novembro de 2025

Máis info e tramitación no portal do Igape.
Para asesoramento, chama ao 986 42 33 66.

🌾 Subvencións “Territorio Cultura” 2025: máis cultura no rural galego!A Xunta de Galicia, a través de AGADIC, abre unha ...
03/09/2025

🌾 Subvencións “Territorio Cultura” 2025: máis cultura no rural galego!

A Xunta de Galicia, a través de AGADIC, abre unha nova liña de axudas para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas, impulsando a creación contemporánea, o emprego no sector e o acceso da cidadanía á cultura.

📌 Quen pode solicitalas?
Persoas autónomas, empresas privadas, asociacións e fundacións con actividade cultural e sede en Galicia (ou UE/EEE) desde hai polo menos un ano.

🎭 Proxectos subvencionables:

Innovación, investigación e experimentación cultural no territorio

Educación, mediación artística e patrimonial

Difusión do patrimonio inmaterial

Eventos culturais: festivais, exposicións, actividades artísticas

Formación e reforzo de capacidades de axentes culturais no rural

⚖️ Condicións:

Proxectos en concellos de menos de 10.000 habitantes (ou ata 30.000 con densidade

🎬 Axudas para salas cinematográficas 2025: apoia o cinema en Galicia!A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ...
01/09/2025

🎬 Axudas para salas cinematográficas 2025: apoia o cinema en Galicia!

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre a convocatoria para apoiar a actividade das salas comerciais durante o ano 2025, co obxectivo de diversificar a oferta, fidelizar públicos e garantir a viabilidade destas infraestruturas.

Quen pode solicitalas?
Persoas autónomas e pemes xestoras de salas de exhibición independentes en Galicia, con antigüidade mínima dun ano e programación mínima dun 20% de cine europeo ou de terceiros países en 2024.

Actividades subvencionables:

Campañas de dinamización e captación de público

Programación de cinema galego

Programación de cinema europeo ou de terceiros países con baixa cota de pantalla

Campañas de promoción dirixidas a públicos específicos

Contía:
Segundo nº de pantallas:

1-2 pantallas → ata 12.000 €

3-5 pantallas → ata 15.000 €

6 ou máis → ata 18.000 €
➕ +3.000 € por sala en concello

⛽Axudas para a modernización das estacións de servizo no rural 2025Se es autónomo/a ou tes unha pequena empresa que xest...
07/08/2025

⛽Axudas para a modernización das estacións de servizo no rural 2025
Se es autónomo/a ou tes unha pequena empresa que xestiona unha estación de servizo nun concello galego con menos de 20.000 habitantes, podes solicitar estas axudas para modernizar o teu negocio.

Actuacións subvencionables:
• Compra de software e equipamentos dixitais
• Sistemas de pagamento (TPV, apps, tecnoloxía contactless…)
• Melloras en seguridade (vídeovixilancia, alarmas, SAIs, grupos electróxenos…)
• Formación do persoal
• Obras necesarias para a instalación dos sistemas

Requisitos:
• Estar dado/a de alta na CNAE 47.30
• Ter mínimo 2 persoas contratadas de maneira indefinida (ou 1 se o concello ten menos de 2.000 habitantes)
• Estación inscrita no Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo

Contía:
• Ata o 50 % do investimento, cun máximo de 30.000 €
• Ata o 80 % no caso de grupos electróxenos (máx. 5.000 €)

📅Prazo ata o 25 de agosto de 2025

Consulta a orde e accede á solicitude: código de procedemento IN519F
Para asesoramento: 986 42 33 66

👥Bolsas Talento Cooperativo 2025: formación en xerencia para persoas mozas!A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop la...
04/08/2025

👥Bolsas Talento Cooperativo 2025: formación en xerencia para persoas mozas!

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop lanza unha nova edición do programa Talento Cooperativo, con 4 bolsas xerenciais dirixidas a persoas menores de 30 anos, preferentemente mulleres desempregadas con formación en xestión empresarial.

Estadías de 6 meses en cooperativas de:
• Allariz
• As Neves
• A Pobra do Caramiñal
• Vigo

As bolseiras combinarán formación teórica e práctica en tarefas de xerencia, cun Plan de Traballo que inclúe diagnóstico organizativo, planificación estratéxica e elaboración dun Plan de Mellora para a entidade.

Requisitos:
• Menores de 30 anos
• En situación de desemprego
• Formación en áreas de xestión de empresa

Retribución: 700 € brutos/mes con alta na Seguridade Social.
Duración: 6 meses, 25 h semanais.
📅Prazo ata o 31 de agosto de 2025.

Info e envío de CV: [email protected] | 986 866 149 | espazo.coop

🔬 Programa Investigo 2025: axudas á contratación de persoas mozas en proxectos de I+D+i en Galicia!Estás a impulsar inic...
30/07/2025

🔬 Programa Investigo 2025: axudas á contratación de persoas mozas en proxectos de I+D+i en Galicia!

Estás a impulsar iniciativas de investigación ou innovación? Este programa permite contratar persoas mozas cualificadas (de 16 a 30 anos) durante 12 meses, con axudas para cubrir os custos laborais.

Actividades subvencionables:
Proxectos relacionados con sanidade, transición ecolóxica, economía verde, dixitalización, enxeñaría de datos, ou investigación social, cultural ou artística.

Beneficiarios:
Empresas, centros de I+D+i ou entidades sen ánimo de lucro con sede en Galicia, que desenvolvan proxectos innovadores e contraten persoas mozas desempregadas a tempo completo e con contrato indefinido.

💶 Contías:
• 22.405,94 € por contrato (grupos de cotización 5 a 9)
• 33.108,84 € por contrato (grupos de cotización 1 a 4)
Ata 3 contratacións por entidade!

📅 Prazo ata o 8 de agosto de 2025. Os contratos deben iniciarse antes do 30 de setembro.

Non se subvencionan contratos a tempo parcial, de duración inferior a 12 meses, ou fixos descontinuos.
As axudas concédense por orde de solicitude ata esgotar o orzamento.

Código de procedemento: TR349V
Máis info e asesoramento: 986 42 33 66

\

🐟 Bonos Peixe 2025: descontos para impulsar o consumo de peixe e marisco fresco en Galicia!A Xunta pon en marcha unha no...
28/07/2025

🐟 Bonos Peixe 2025: descontos para impulsar o consumo de peixe e marisco fresco en Galicia!
A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa Bonos Peixe para incentivar a compra de peixe e marisco nos comercios retallistas galegos.

🛒 Os comercios poden adherirse desde o 11 de xullo, e os bonos estarán dispoñibles para as persoas consumidoras a partir do 25 de xullo.

👥 Quen pode participar?
• Peixarías e venda ambulante de peixe e marisco que desenvolvan a súa actividade en Galicia e estean inscritas no REGASA.
📍 Adhesión a través de www.bonopeixe.gal

💳 Como funcionan os bonos?
• Descontos do 25 % nas compras de peixe e marisco fresco, ata 5 € por semana.
• Se non se usan, acumúlanse ata un máximo de 25 € semanais e 50 € por persoa durante toda a campaña.

📆 Prazo de adhesión para os comercios: ata o 1 de outubro de 2025 ou ata esgotar fondos.
📲 Consulta máis info na orde publicada (código PE113H) e chama ao 986 42 33 66 se precisas axuda coa tramitación.

🎨 Axudas á promoción da arte contemporánea española 2025O Ministerio de Cultura publica unha convocatoria de axudas para...
25/07/2025

🎨 Axudas á promoción da arte contemporánea española 2025
O Ministerio de Cultura publica unha convocatoria de axudas para a promoción da arte contemporánea española, dirixida a galerías de arte para atender os gastos da súa programación anual e/ou da asistencia a feiras de arte contemporánea de carácter internacional en España entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

O programa busca impulsar a visibilidade de artistas nacionais, fomentar o tecido empresarial do sector cultural e fortalecer a proxección da arte española a nivel nacional e internacional.

🧩 As liñas de axuda son:
• Participación en feiras de arte contemporánea en España, con presenza de asistentes estranxeiros.
• Programación anual: proxectos expositivos en espazos propios ou vinculados á arte contemporánea.

👥 Beneficiarios: persoas autónomas con residencia fiscal en España e actividade principal na promoción e comercialización de arte contemporánea.
💶 Contía: ata 20.000 € por proxecto. Só se poderá solicitar unha das dúas liñas.

📅 Prazo ata o 28 de xullo de 2025.
📲 Consulta máis info e accede á solicitude: código de procedemento 055053.
📞 Para asesoramento, chama ao 986 42 33 66.

🚀 Programa Emega 2025: apoio ao emprendemento feminino en Galicia!Se es muller emprendedora, esta é a túa oportunidade p...
21/07/2025

🚀 Programa Emega 2025: apoio ao emprendemento feminino en Galicia!
Se es muller emprendedora, esta é a túa oportunidade para impulsar ou consolidar o teu proxecto empresarial con axudas específicas para ti.

O programa Emega conta con catro liñas de axuda:
Emerxe: para novas iniciativas empresariais
Impulsa: para mellorar ou reactivar empresas xa existentes
Innova: para proxectos innovadores, científicos ou tecnolóxicos
Concilia: apoio para favorecer a conciliación laboral e familiar
Requisitos: empresas lideradas e con capital maioritariamente en mans de mulleres, con domicilio e actividade en Galicia.
Contías: segundo postos de traballo creados ou mantidos e tipo de proxecto, ata 42.000 € en innovación!

📅 Prazo ata o 14 de agosto de 2025.
Consulta máis info e accede á solicitude: código de procedemento SI429A.
Para asesoramento, chama ao 986 42 33 66.

🎬 Tes unha produtora independente? Este aviso é para ti!Xa está aberta a convocatoria de axudas á produción de curtametr...
16/07/2025

🎬 Tes unha produtora independente? Este aviso é para ti!
Xa está aberta a convocatoria de axudas á produción de curtametraxes 2025, lanzada polo Ministerio de Cultura.

As axudas están dirixidas a empresas produtoras independentes que queiran poñer en marcha un proxecto audiovisual en formato curto: ficción, documental ou animación.

Gastos subvencionables:
▪️ Preprodución, rodaxe e postprodución
▪️ Guión, equipo técnico e artístico
▪️ Efectos, montaxe, animación e promoción

Contías:
▪️ Ata 70.000 € por proxecto
▪️ Ata 130.000 € para proxectos de animación

📆 Prazo aberto ata o 18 de xullo de 2025
📌 Procedemento: Ficha 051800

Non perdas a oportunidade de facer realidade a túa curtametraxe!

🌿Axudas para a innovación e eco-transformación no sector forestal galego 2025 Tes unha PEME ou es autónomo/a e traballas...
15/07/2025

🌿Axudas para a innovación e eco-transformación no sector forestal galego 2025
Tes unha PEME ou es autónomo/a e traballas coa madeira? Esta é a túa oportunidade para apostar pola sustentabilidade!

A través da liña 6 da nova convocatoria da Axencia Galega da Industria Forestal, poderás recibir apoio para proxectos de:
- Ecodeseño e economía circular
- Revalorización de subprodutos
- Modelos sostibles e menos contaminantes
- Análises ambientais e ciclo de vida

Ata o 50 % dos investimentos, cun máximo de 60.000 € por entidade.
📅Tes de prazo ata o 1 de agosto de 2025.
📌 Código de procedemento: IN500B
Mellora a pegada ambiental da túa empresa apostando pola innovación verde

Dirección

Hispanidad, 17
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Página web

https://www.maiv.org/

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Emprende na rede publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir