21/08/2026
Se esta imaxe, obviamente xerada por IA, paréceche una barbaridade
Esta, tamén debería parecercho. Porque a Pedra da Campá non é un sitio onde subir a facerse un selfie, é una formación xeolóxica que paga pena contemplarse e conservarse.
A Pedra da Campá é un tafoni, una cavidade ou forma de meteorización característica das rochas graníticas orixinada por desgaste dos minerais. É o resultado de procesos xeolóxicos iniciados fai millóns de anos.
E que pasa cando nos subimos? Pois que ademais de que é perigoso e está prohibido, desgastámola coas nosas pegadas (porque si, ao pisar a rocha erosionámola), e podemos danar os liques que medran sobre ela e forman parte dese ecosistema.
Porque, igual que a Pietà, a Pedra da Campá e una peza do noso patrimonio que merece ser conservada, a diferenza é que está ao aire libre.
Campaña de divulgación 2025-26 para o fomento da conservación e a posta en valor dos hábitats, a biodiversidade e o patrimonio cultural, e polo fomento dun turismo de natureza sostible no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. FONDOS FEDER.