03/06/2026
XII edición do Certame Literario de Relato Curto “Nun recuncho da memoria”, unha iniciativa que busca sensibilizar e crear reflexión arredor do alzhéimer e outras demencias a través da escrita.
Nesta edición, o certame xira arredor do lema “O dó anticipado”, poñendo o foco nas emocións, vivencias e experiencias das persoas e familias que conviven coa enfermidade.
O prazo de participación estará aberto ata o vindeiro 6 de xullo, e poden participar persoas maiores de 16 anos con relatos inéditos en galego ou castelán.
https://afaga.com/wp-content/uploads/2026/05/bases-2026-concurso-relatos-ok-para-publicar-5-mayo-2026.pdf
https://afaga.com/es/afaga-convoca-su-xii-certamen-literario-de-relato-corto-2026-nun-recuncho-da-memoria/