E.E.I Cristo da Victoria

E.E.I Cristo da Victoria EEI Cristo da Victoria é unha escola pública de Educación Infantil de Vigo para alumnado de 3-6 anos.

Chega un momento vital para as familias con crianzas nadas no 2022. Somos conscientes de que buscades o mellor lugar par...
23/01/2025

Chega un momento vital para as familias con crianzas nadas no 2022.
Somos conscientes de que buscades o mellor lugar para comenzar a súa etapa educativa.
Estaremos encantadas de compartir a nosa mirada pedagóxica
Tamén coñeceredes as nosas instalacións e aclararemos posibles dúbidas.
ESCOLA PÚBLICA, con longa traxectoria no barrio de Coia. Contamos cun equipo docente experimentado e comprometido, que fai da confianza e do trato a súa prioridade, porque sabemos que educar é algo mais que ensinar; é acompañar a cada cativo e cativa no seu camiño de crecemento.

Na marabillosa labor de crianza, estamos para traballar xuntas.A escola e a familia formamos o mellor equipo.O Departame...
25/10/2024

Na marabillosa labor de crianza, estamos para traballar xuntas.

A escola e a familia formamos o mellor equipo.

O Departamento de Orientación queda á disposición das familias para o asesoramento e colaboración.

14/10/2024
10/10/2024

⚠️ATENCIÓN⚠️ Convocatoria aberta a toda a cidadanía!

MANIFESTACIÓN de protesta:

MÉRCORES 16 de OUTUBRO 2024
19:00 horas
SAÍDA DENDE O CRUCE DE VÍA NORTE CON URZAIZ

Comparte, espalla e ACUDE!!!

11/09/2024

TODO LISTO PARA COMEZAR O CURSO 2️⃣4️⃣/2️⃣5️⃣

☀️🌼🌲🌳Esta semana puidemos desfrutar do patio da herba. Como nos gusta!
16/06/2024

☀️🌼🌲🌳
Esta semana puidemos desfrutar do patio da herba.
Como nos gusta!

🎻LETRAS GALEGAS 2024🎻A semana pasada visitamos o Centro Comercial Coia 4 , do noso barrio, para agasallar aos comerciant...
28/05/2024

🎻LETRAS GALEGAS 2024🎻

A semana pasada visitamos o Centro Comercial Coia 4 , do noso barrio, para agasallar aos comerciantes e clientes cuns poemas que traballamos na escola polo Día das Letras Galegas.
Ademais, quedaron escritos nuns violíns en homenaxe a Luisa Villalta, que agora locen no noso patio.

Esta mañá tivemos a sorte de recibir a unha atleta olímpica da nosa cidade, Ester Navarrete, que participará nos Xogos O...
05/04/2024

Esta mañá tivemos a sorte de recibir a unha atleta olímpica da nosa cidade, Ester Navarrete, que participará nos Xogos Olímpicos París 2024 no maratón. Aprendimos moito do seu deporte e puidemos ver de cerca medallas, zapatillas de deporte e dorsais que utilizou algunha vez. E ademais, fixemos unha pequena carreira pola escola con ela!

Agasallámola cun chaveiro personalizado para que poida escoitar os nosos ánimos antes do importante día.

Moitas grazas Ester, foi un privilexio; e moita sorte!

⚽ ENCONTROS OLÍMPICOS: FÚTBOLAlex e Anita, xogadoras do  , preparáronnos unha sesión de entrenamento moi profesional, da...
06/03/2024

⚽ ENCONTROS OLÍMPICOS: FÚTBOL
Alex e Anita, xogadoras do , preparáronnos unha sesión de entrenamento moi profesional, da que desfrutamos moitísimo. Repasamos e aprendimos cousas sobre o fútbol, aproveitando tamén a semana do 8M para por en valor a figura da muller nos deportes.
Graciñas por vir!

📅CALENDARIO DE ADMISIÓN 24-25
27/02/2024

📅CALENDARIO DE ADMISIÓN 24-25

Dirección

Caldas De Reis, 11
Vigo
36209

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando E.E.I Cristo da Victoria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría