13/02/2016
Xabier Garaloces Cronoloxía:
1.- Usan a A. Breogán Riobóo Lois como "tonto útil" para colar unha estrutura nos comezos de Podemos Galicia. Breo acepta apadriñado por Carolina Bescansa.
2.- Realizan un pacto entre cúpulas nunha paparota en Compostela no mes de Xullo de 2015, onde estaba Carolina Bescansa, Martiño Noriega,.... que inclúe o apoio de Anova-EU para as estatais e o apoio recíproco de Podemos para as autonómicas de setembro de 2016.
3.- O aparato de Podemos empeza a apartar ós "tontos útiles" na campaña de En Marea porque para as vindeiras autonómicas o cabeza de lista vai a ser de Anova - Irmandade Nacionalista, probablemente Antón Sánchez García e o resto da lista outra vez e con maioría de Anova-EU.
4.- A cousa recrudécese cando a militancia de Podemos en Galicia discrepa pola sobrerepresentación que produciu o pacto entre cúpulas en favor de Anova e EU, e por todas as prácticas antidemocráticas para "empaquetar" unha lista de conveniencia. Breo é molesto, quere que as bases participen e decidan.
5.- Impoñen desde o comité central de Podemos unha xestora que vai a tutelar ós pobres militantes de Galiza porque non o saben facer "como eles pretenden que se faga".....
e agora ven o futuro:
6.- Esa xestora de fieis "tontos útiles" durará o necesario para empaquetar os dous obxectivos seguintes: Unha estructura que dirixa Podemos Galicia inequivocamente pro-enmarea Si ou Si e un sistema totalmente controlado para empaquetar outra lista para as vindeiras autonómicas.
7.- A lista electoral para as autonómicas será de En Marea e estará comandada por Anova - Irmandade Nacionalista, probablemente con Antón Sanchez García á cabeza e empregando todas as artes e mañas posibles para que así sexa, e sempre que sexa posíble, vestindo todo dunha pseudo farsa democrático-participativa, para non espantar a moita militancia fiel a pesar de todo e que traballe de xeito sumiso pegando cartaces e aplaudindo nos mítines.
En resumo:
Vella política vestida de lagarterana.... y disfruten de lo votado.