08/01/2026
🟠 Liña 4 “Travesía – Teis”
Presidido polo barrio de Teis, coñecido polo seu carácter obreiro e a súa beleza natural, a paisaxe elévase cara ao promontorio do monte da Guía, un dos mellores miradoiros sobre a ría de Vigo. Aos seus pés esténdese a praia da Punta, integrada na ETEA, hoxe convertida nun paseo marítimo que deixou atrás o seu pasado militar.
Este barrio segue sendo un dos escenarios recorrentes en infinidade de novelas grazas á súa contorna natural, o seu legado industrial e o recordo da revolución obreira do 72.
🔗 Ligazón: https://mapaliterariodevigo.com/libros/lina4/
Teis Veciños
de Vigo