Alcaldía Concello de Vilaboa

Alcaldía Concello de Vilaboa Nesta páxina poderás atopar información municipal do Concello de Vilaboa gobierno municipal

🛣️🌿 A Carballeira, no Plan de Obras 2026Incluímos no Plan de Obras e Servizos 2026-2027 unha actuación clave para a mell...
07/06/2026

🛣️🌿 A Carballeira, no Plan de Obras 2026

Incluímos no Plan de Obras e Servizos 2026-2027 unha actuación clave para a mellora da mobilidade en Santa Cristina: o asfaltado integral do vial da Carballeira, un tramo moi utilizado pola veciñanza e que leva anos reclamando unha intervención en condicións.

A actuación permitirá renovar o firme, corrixir irregularidades e mellorar a drenaxe 💧 para evitar acumulacións de auga nos puntos máis problemáticos. Ademais, completarase coa correspondente sinalización horizontal e vertical, reforzando a seguridade tanto para peóns como para vehículos 🚶‍♂️🚗.
Un paso máis dentro do compromiso municipal por avanzar na humanización dos viais das parroquias, creando espazos máis cómodos, seguros e adaptados ao día a día da nosa xente 🤝💛


Un placer compartir con toda a familia 👨‍👩‍👧‍👦 do UDC Vilaboa a festa de final da temporada 🎉🏆, unha velada de convivenc...
06/06/2026

Un placer compartir con toda a familia 👨‍👩‍👧‍👦 do UDC Vilaboa a festa de final da temporada 🎉🏆, unha velada de convivencia , complicidade e diversión 🎉; acompañado por José Otero, presidente do club, por Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes e por un feixe de amigos e amigas cos que comparto a paixón polo fútbol ⚽ e polo deporte 🏃‍♂️ Udc Vilaboa

🌳✨ Parabéns Diego & Mario ✨🌳Hoxe unimos terras, familias e destinos.Unha cerimonia chea de simbolismo no que as as raíce...
05/06/2026

🌳✨ Parabéns Diego & Mario ✨🌳

Hoxe unimos terras, familias e destinos.

Unha cerimonia chea de simbolismo no que as as raíces — das Pontes, Tines, Lugo e Ligonde — se entrelazan nunha soa terra. Xuntos, plantamos un arce xaponés 🍁 como promesa de amor, paciencia e crecemento.

Que as raíces sexan profundas, o tronco sólido e as ramas xenerosas para acoller todos os momentos felices que están por vir. 🌿💍🤍

Hoxe plantamos un árbore. Hoxe celebramos un amor que comeza a medrar. 🌱💚

🧡 Andaiana Solidaria do CEP Riomaior ás Salinas! O alumnado percorreu hoxe este espazo natural tan singular para pechar ...
05/06/2026

🧡 Andaiana Solidaria do CEP Riomaior ás Salinas!

O alumnado percorreu hoxe este espazo natural tan singular para pechar o seu ciclo de Impacto na Contorna, no que traballaron valores de convivencia, coidado do medio e solidariedade

👣 A actividade contou coa coordinación de Emerxencias Protección Civil Vilaboa, que velou pola seguridade da cativada durante todo o traxecto

🤝 Cada familia achegou 1 kg de alimentos, que serán distribuíos polo departamento de Servizos Sociais entre os fogares que máis o precisan

🌿 Acompañamos ao grupo nun tramo da camiñada e animamos ao alumnado a seguir coidando e desfrutando de espazos únicos como As Salinas.

Unha xornada chea de aprendizaxes, compromiso e comunidade guiada por un equipo docente extraordinario que entende o respeto pola contorna como parte da aprendizaxe



🏆🚣 Fin de semana épico para o Club de Piragüismo Vilaboa! Deixaron o listón no máis alto nos Campionatos de España de Ma...
03/06/2026

🏆🚣 Fin de semana épico para o Club de Piragüismo Vilaboa!

Deixaron o listón no máis alto nos Campionatos de España de Maratón e Maratón Curto, sumando títulos nacionais, podios e novas clasificacións internacionais que consolidan a Vilaboa como unha referencia no piragüismo galego e estatal

🥇 Resultados destacados

🏆 Cto. España Maratón Curto • 1º PK3 3000 m – Marcos Terzado Modia (Campión de España) • 3º PV3 3000 m – Celso Martínez Veras

🏆 Cto. España Maratón Curto Máster • 2º Vet. 65–69 3000 m – Celso Martínez Veras (Subcampión de España)

🏆 Cto. España Maratón • 1º K1 junior 21400 m – Alexandre Míguez Cores (Campión de España)

* 1º K2 inclusivo senior – Marcos Terzado Modia e Antonio Palmás Reguera (Campións de España)

* 2º K2 inclusivo senior – Celso Martínez Veras e Diego Rodríguez Pastoriza (Subcampións de España)

* 3º PK3 11200 m – Marcos Terzado Modia

🏆 Cto. España Maratón Máster
* 3º Vet. 65–69 11200 m – Celso Martínez Veras

🌍 Proxección internacional

O talento da canteira de Vilaboa segue abrindo portas fóra das nosas fronteiras:
🔹 Alexandre Míguez Cores clasificouse no selectivo nacional para competir:
* en K2 1000 m no Campionato de Europa de Sprint Junior e Sub23
* e en K1 junior no Campionato de Europa de Maratón
O club está traballando para que poida defender as dúas prazas internacionais

🔹 Marcos Terzado Modia representará a Vilaboa en Paracanoe no Campionato de Europa de Maratón en Romanía

💙 Orgullo máximo por este equipo que non deixa de medrar, competir e representar a Vilaboa con entrega, talento e humildade

📚 Presentación literaria en VilaboaEste 18 de xuño ás 20.00 h, a Casa da Cultura de Ríomaior acolle a presentación de O ...
02/06/2026

📚 Presentación literaria en Vilaboa

Este 18 de xuño ás 20.00 h, a Casa da Cultura de Ríomaior acolle a presentación de O Pazo das Marismas, a novela de Alberte Blanco Casal, finalista do Premio Xerais de Novela 2025

O autor estará acompañado pola filóloga e profesora Noa Blanco Rodríguez, nun encontro para afondar na creación da obra, nas súas claves narrativas e no proceso que a levou a converterse nun dos títulos destacados do ano.

📍 Casa da Cultura de Riomaior
🕗 18 de xuño – 20.00 h
📖 Entrada libre ata completar aforo


🏅 Felicitacións a Iris CorredoiraO Concello de Vilaboa quere trasladar a súa máis sincera noraboa a Iris Corredoira Fern...
02/06/2026

🏅 Felicitacións a Iris Corredoira
O Concello de Vilaboa quere trasladar a súa máis sincera noraboa a Iris Corredoira Fernández pola súa recente convocatoria para participar nos 2026 ICF Junior & U23 Canoe Sprint World Championships, que se celebrarán en Halifax (Canadá) entre o 1 e o 5 de xullo de 2026. 🚣‍♀️

A Real Federación Española de Piragüismo confirma así o excelente nivel competitivo de Iris, recoñecendo os resultados acadados no último Selectivo Nacional 🥇💪

Para Vilaboa é un orgullo enorme contar cunha deportista que, coa súa dedicación e talento, leva o nome do noso municipio a unha cita mundial de máximo nivel 🌍✨. A súa presenza no equipo junior de kayak é un exemplo de esforzo, constancia e superación para toda a mocidade


✅️ O  xa é Festa de Interese Turístico Nacional, é Patrimonio Cultural Inmaterial de todas e todos os Vilaboeses e merec...
01/06/2026

✅️ O xa é Festa de Interese Turístico Nacional, é Patrimonio Cultural Inmaterial de todas e todos os Vilaboeses e merece un lugar de honra na Casa de todas e todos nós.

📸 Moitas gracias a Jorge Giralt Barroso, veciño da Cardiña, por estes fermosos murais que decoraban os espacios públicos en Riomaior e agora tamén presiden o Salón de Plenos da Casa do Concello.

🩵🤍 Un pracer xunto co presidente da Asociación Cultural de Cobres, garantes do , e poder presentar esta excelsa obra.




🏆 Novo éxito para o deportivo! O piragüista local Brais Sánchez proclamouse campión absoluto sénior en K2 no Campionato ...
01/06/2026

🏆 Novo éxito para o deportivo!

O piragüista local Brais Sánchez proclamouse campión absoluto sénior en K2 no Campionato de España, un resultado que confirma o seu gran momento deportivo e que o sitúa ás portas de representar a España no Campionato Europeo de Rumanía

Na proba sénior, Brais volveu demostrar o seu altísimo nivel competitivo, medíndose con deportistas de elite e mantendo a súa solvencia nas grandes citas nacionais

A nosa felicitación e recoñecemento a Brais por este novo logro e pola súa traxectoria exemplar, que o levou tamén a destacar en competicións internacionais como o Mundial de Maratón ou o Mundial de Barco Dragón, onde acadou ouro e prata

💙 Orgullo de Vilaboa. Orgullo do noso deporte


🔥 Prevención de incendiosCo inicio da época de maior risco, lembramos a importancia de manter limpas as fincas e solares...
29/05/2026

🔥 Prevención de incendios

Co inicio da época de maior risco, lembramos a importancia de manter limpas as fincas e solares para evitar a propagación do lume. Tal e como recolle o bando municipal, “resulta obrigatorio manter as propiedades nunhas condicións de seguridade, salubridade e ornato público que eviten a aparición e propagación do lume”.

📌 Que debes ter en conta?
• É obrigatorio limpar e xestionar a vexetación nunha franxa de 50 metros arredor dos núcleos de poboación e das vivendas illadas situadas a menos de 400 metros do monte

• Nesas zonas non pode haber matogueira nin especies pirófitas como piñeiro, mimosa, acacia ou eucalipto

• Os terreos dentro dos núcleos deben estar limpos, rozados e libres de especies pirófitas

• A limpeza debe facerse durante todo o ano, especialmente cando haxa acumulación de matogueira

O Servizo Municipal de Medio Ambiente vixiará o cumprimento destas obrigas. “En caso de incumprimento, poderanse iniciar expedientes sancionadores e executar os traballos de forma subsidiaria”

🌿 Xestionar hoxe a biomasa é protexer o que máis importa mañá


Dirección

Toural, 1
Vilaboa
36141

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Alcaldía Concello de Vilaboa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Alcaldía Concello de Vilaboa:

Compartir