02/06/2026
O alcalde aborda con responsables de Renfe as melloras que o Plan Galicia introducirá no Eixo Atlántico no último trimestre do ano.
🔸 A nova estratexia prevé o aumento das frecuencias e do número de prazas, que se incrementan un 24%.
🔸Varela puxo en valor a consecución da liña que conecta Vilagarcía con Barcelona e insistiu no beneficio que suporía un tren "madrugador" a Madrid.
🔸Na reunión celebrada onte no Concello participaron Sergio Bueno, director xeral adxunto á Presidencia e o representante institucional en Galicia.