Concello de Vilasantar

Concello de Vilasantar Páxina oficial do Concello de Vilasantar.

Unha pequena fiestra para asomarse ao municipio, a nosa organización, os servizos que prestamos, eventos, programas, cursos, actividades culturais e deportivas, axudas, turismo…

⚠️ VOLVEMOS DENUNCIAR ACTOS VANDÁLICOS NO NOSO CONCELLO ⚠️Dende o Concello de Vilasantar condenamos os actos vandálicos ...
01/06/2026

⚠️ VOLVEMOS DENUNCIAR ACTOS VANDÁLICOS NO NOSO CONCELLO ⚠️

Dende o Concello de Vilasantar condenamos os actos vandálicos que se produciron esta noite, nos que destrozaron a marquesiña do cruce de Cencasas para levar parte do material.
É o segundo ataque contra as infraestruturas públicas en menos dun mes.

Se alguén ten información sobre os actos vandálicos, por favor, que se poña en contacto co consistorio no 981 77 81 69.

🚗 Atopouse esta chave en Vilasantar, preto da casa consistorial. Se é túa, podes recollela no taller de Présaras.
01/06/2026

🚗 Atopouse esta chave en Vilasantar, preto da casa consistorial.
Se é túa, podes recollela no taller de Présaras.

🎨 Temos un novo mural en Présaras!🌽 Unha obra de arte que representa o traballo nos muíños, imprescindible para a superv...
31/05/2026

🎨 Temos un novo mural en Présaras!

🌽 Unha obra de arte que representa o traballo nos muíños, imprescindible para a supervivencia da xente do rural noutras épocas e hoxe en día un fermoso patrimonio, moi presente no noso municipio.

👩‍🎨 A autora, Elvira Sánchez Barreiro, recuperou con este mural un anaco da nosa historia. Moitas grazas pola túa arte!

🚛 Axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualifica...
30/05/2026

🚛 Axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial, curso de ampliación e permisos de condución das clases C e/ou D, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional. Procedemento administrativo IF310G

Liña 1️⃣: Subvencionar os cursos realizados coa cualificación de apto, para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial ou de “ampliación ou promoción”, dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Liña 2️⃣: Subvencionar a obtención dos permisos de condución das clases C, C1, C1+E, C+E, D, D1, D1+E.

⚠ Prazo de solicitude ata 30/09/2026

ℹ Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IF310G

🤝 Onte, o noso alcalde reuniuse coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, para abordar unha...
29/05/2026

🤝 Onte, o noso alcalde reuniuse coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, para abordar unha actuación de mellora na rede de distribución de auga no lugar de Días, parroquia de Vilariño.

💧 Fernando transmitiu á conselleira o proxecto para a instalación de canalización para o subministro de auga potable en Días. Así mesmo, sinalou que existe total disposición dos terreos afectados de cara á súa execución.
Agora remitiremos o proxecto a Augas de Galicia para sometelo a supervisión técnica e determinar a viabilidade do mesmo, así como as posibles vías de colaboración técnica e financeira entre o Concello de Vilasantar e a Xunta de Galicia.

🟢 Aproveitando a reunión, Fernando presentou tamén á responsable autonómica o proxecto municipal para a rehabilitación integral do lavadoiro tradicional do Pedrouzo. Neste caso, a actuación enmárcase dentro da estratexia de coidado dos elementos etnográficos locais e dinamización do turismo verde.

💚 Mañá o arte e a natureza danse a man en Vilasantar co proxecto R.A.Í.Z. (Rede de Acción e Igualdade en Zonas rurais).N...
29/05/2026

💚 Mañá o arte e a natureza danse a man en Vilasantar co proxecto R.A.Í.Z. (Rede de Acción e Igualdade en Zonas rurais).

No marco de Erasmus+ organízase unha xornada de actividades multidisciplinares interxeracionais que non te podes perder. Reserva a data!

🗑️ Ás 10:00 h xuntarémonos na Área Recreativa A Píntega para realizar unha recollida de lixo.
👥 Ás 11:30 h iremos ata a Área Recreativa do Roseo para realizar unha mesa redonda entre diferentes iniciativas e asociacións locais, que compartirán os seus proxectos e experiencias, debatindo as necesidades das zonas rurais. Haberá un petisco media mañá.
🌲 Ás 13:00 realizaremos unha plantación.
🍽️ Ás 14:30 faremos un xantar cooperativo. Podes traer algo de casa para compartir, entre todos e todas faremos un banquete!
🧑‍🎨 Ás 16:00, obradoiro de esculturas co lixo recollido, dando un segundo uso aos residuos e convertíndoos nunha obra artística.
🎭 Ás 17:00 terá lugar un obradoiro de teatro. Faremos diferentes xogos teatrais para soltarnos e finalmente exploraremos o “teatro da oprimida”.
🎶 Ás 19:00 finalizaremos a xornada cunha foliada.

🚐 Se non tes xeito de chegar a Vilasantar para desfrutar da xornada, organizaranse transportes compartidos. Só tes que chamar ao 696 53 53 70.

📚 Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Procedemento adm...
28/05/2026

📚 Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Procedemento administrativo ED330B.

⚠ Prazo de solicitude ata o 19/6/2026

ℹ Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

🌞 Campamento de verán de Vilasantar📍 CEIP de Présaras📆 Do 22 de xuño ao 29 de agosto⏰ De 10 a 14 h🧒 Para nenos e nenas d...
27/05/2026

🌞 Campamento de verán de Vilasantar

📍 CEIP de Présaras
📆 Do 22 de xuño ao 29 de agosto
⏰ De 10 a 14 h
🧒 Para nenos e nenas de 3 a 12 anos

⚠ Preinscrición aberta ata o 19 de xuño.

ℹ Máis información e descarga da folla de preinscrición:
https://vilasantar.gal/campamento-de-veran-no-ceip-de-presaras-2026/

Dirección

Vilasantar
15807

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 19:00
Martes 08:30 - 19:00
Miércoles 08:30 - 19:00
Jueves 08:30 - 19:00
Viernes 08:30 - 19:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Vilasantar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Vilasantar:

Compartir