Concello de Vimianzo

Concello de Vimianzo Páxina oficial de Facebook do Concello de Vimianzo. Para información turística: http://facebook. O Corazón da Terra de Soneira

CLAUSURA ESCOLAS I 🎭 Parabéns á rapazada da Escola Municipal de Teatro pola fantástica Mostra de Teatro Infantil e Xuven...
07/06/2026

CLAUSURA ESCOLAS I 🎭 Parabéns á rapazada da Escola Municipal de Teatro pola fantástica Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil que nos ofreceron esta tarde!

Foi unha auténtica ledicia ver sobre o escenario todo o talento, esforzo, creatividade e ilusión traballados ao longo do curso.

💛 Grazas tamén ás familias polo seu compromiso e apoio constante durante todo o ano, acompañando ás máis pequenas e pequenos neste fermoso proceso de aprendizaxe.

👏 E un agradecemento moi especial a Diego Rey, profesor da escola, pola súa entrega, dedicación e paixón polo teatro, fundamentais para facer posible unha xornada tan especial.

Parabéns a todas e todos por unha tarde chea de maxia e emoción!

CLAUSURA ESVOLAS I 🎭Hoxe é o día!A Escola Municipal de Teatro de Vimianzo sobe ao escenario coa súa Mostra de Teatro Inf...
07/06/2026

CLAUSURA ESVOLAS I 🎭Hoxe é o día!

A Escola Municipal de Teatro de Vimianzo sobe ao escenario coa súa Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, unha tarde para desfrutar do talento, a creatividade e a ilusión das nosas actrices e actores máis novos.

📅 Hoxe, 7 de xuño
🕕 18:00 h
📍 Auditorio Municipal de Vimianzo

Agardámosvos para compartir a maxia do teatro!

07/06/2026

PARROQUIAS I 🌸 O Concello de Vimianzo felicita á veciñanza de polo seu traballo, dedicación e compromiso na elaboración das magníficas alfombras florais do Corpus Christi.

Unha mostra de arte, tradición e colaboración veciñal que contribúe a manter vivo o noso patrimonio cultural.

Animamos á cidadanía a achegarse hoxe á parroquia de San Cristovo de Carnés, ás 13:00 horas, para participar na celebración e desfrutar da beleza destas extraordinarias creacións florais.

Parabéns e grazas polo voso esforzo! 🌿

FESTUR I 📍 Última xornada de FESTUR 2026!Aínda estades a tempo de achegarvos ao stand de Vimianzo e coñecer de preto tod...
07/06/2026

FESTUR I 📍 Última xornada de FESTUR 2026!

Aínda estades a tempo de achegarvos ao stand de Vimianzo e coñecer de preto todo o que o noso concello ten para ofrecer: patrimonio, cultura, natureza, gastronomía e festas que forman parte da nosa identidade.

🏰 Se estades en Silleda, agardámosvos para compartir convosco a esencia dun territorio cheo de historia, tradición e experiencias únicas.

✨ A Costa da Morte ten moito que descubrir. Vimianzo tamén ,empeza a túa conquista!


Visita A Costa da Morte

PROGRAMACIÓN I 🩰🎤 Extraordinaria acollida en Vimianzo para unha nova cita de Escora Danza.A emoción dos coros parroquiai...
07/06/2026

PROGRAMACIÓN I 🩰🎤 Extraordinaria acollida en Vimianzo para unha nova cita de Escora Danza.

A emoción dos coros parroquiais de Cereixo e Carnés, acompañados pola danza de Eva Comesaña, emocionaron ao público nun fermoso encontro entre tradición e creación contemporánea.

A xornada completouse co espectáculo Ma p’tite dame, da artista francesa Claire Heggen, referente internacional das artes do movemento cunha traxectoria de máis de 50 anos.

👏 Dende o Concello de Vimianzo queremos felicitar o talento local e agradecer a Escora Danza que volvese escoller o noso municipio para formar parte deste extraordinario proxecto, así como a Cultura da Deputación da Coruña por facelo posible.

💙 Grazas a todas as persoas que nos acompañastes.

FESTUR I📍 Seguimos en FESTUR 2026!🏰 Se hoxe pasades por Silleda, achegádevos ao stand de Vimianzo e descubride todo o qu...
06/06/2026

FESTUR I📍 Seguimos en FESTUR 2026!

🏰 Se hoxe pasades por Silleda, achegádevos ao stand de Vimianzo e descubride todo o que o noso concello ten para ofrecer: patrimonio, cultura, natureza, gastronomía e as nosas festas de interese turístico de Galicia, o Asalto ao Castelo e a Faguía de San Cristovo de Carnés.

✨ Vimianzo, empeza a túa conquista.

Asalto ao Castelo de Vimianzo

Varios concellos de la Costa da Morte se han desplazado hasta festur, hasta el 7 de junio

NOS MEDIOS I Clausura escola de memoria este venres 5 de xuño coas II Olimpíadas Senior de fotos tradicionais 👀👇
06/06/2026

NOS MEDIOS I Clausura escola de memoria este venres 5 de xuño coas II Olimpíadas Senior de fotos tradicionais 👀👇

Numerosas personas participaron en la Olimpiada de Xogos Populares que sirvió como clausura de la escuela de memoria

Escora Danza hoxe no Auditorio de Vimianzo dende as 18.30 h cos coros de Cereixo e Carnés e o espectáculo  da extraordin...
06/06/2026

Escora Danza hoxe no Auditorio de Vimianzo dende as 18.30 h cos coros de Cereixo e Carnés e o espectáculo da extraordinaria bailarina Claire Heggen.

Nos faltades! 😎

O ciclo impulsado pola Deputación da Coruña pasará nos vindeiros días por Vimianzo, Corcubión, Malpica e Mazaricos

NOS MEDIOS I 📢 O luns abren inscricións do Vimiconcilia e preparándonos para a  eclipse 👀👇
06/06/2026

NOS MEDIOS I 📢 O luns abren inscricións do Vimiconcilia e preparándonos para a eclipse 👀👇


El eclipse del 12 de agosto será una temática trasnversal a todas las modalidades de campamentos

Dirección

Praza Do Concello, 6
Vimianzo
15129

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981716001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Vimianzo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría