Xinzo Adiante

Xinzo Adiante Xinzo adiante porque o benestar dos veciños e veciñas do Concello de Xinzo de Limia é o primeiro para nós.

19/07/2019

Bo día amigas/os.
Hoxe o BOP publica esto:

III. COMUNIDADE AUTÓNOMA consellería de presidencia, administracións públicas e Xustiza Santiago de Compostela Resolución do 27 de xuño de 2019 da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, referente á convocatoria das probas selectivas para o ingreso e acceso aos corpos de Policía Local de distintos concellos. No Diario Oficial de Galicia número 115, de 19 de xuño de 2019, publicouse a Orde do 31 de maio de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso, na cal se establecen as bases xerais que rexen esa convocatoria, número e características das prazas convocadas que a continuación se sinalan:
Concello; Nº de prazas; Denominación; Escala; Categoría; Grupo; Nivel; Procedemento de selección (...)

Xinzo de Limia; 1; Policía local; Básica; Policía; C1; 18; Oposición Total acceso libre

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contado dende o día 27 de xuño de 2019, día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado. Os sucesivos anuncios desta convocatoria faranse da forma establecida nas bases desta convocatoria. A Estrada, 27 de xuño do 2019 Asdo.: Santiago Villanueva Álvarez, director xeral da AGASP

Por se a alguén lle interesa.
Hai mais prazas noutros concellos.

Agardámosvos na nosa festa de fin de campaña
23/05/2019

Agardámosvos na nosa festa de fin de campaña

MANUEL PÉREZ CAMPOS, CANDIDATO DE XINZO ADIANTE Á ALCALDÍA DE XINZO DE LIMIA:Veciñas, veciños: chegou o momento do cambi...
22/05/2019

MANUEL PÉREZ CAMPOS, CANDIDATO DE XINZO ADIANTE Á ALCALDÍA DE XINZO DE LIMIA:

Veciñas, veciños: chegou o momento do cambio!

Despois dun pasado desilusionante, cunha débeda que chegou ata os 11 millóns; o incremento de impostos de ata un 60%; e dunha sangría demográfica que nos levou a perder en 4 anos 325 habitantes...todo isto propiciado pola nefasta xestión do PP...
Xinzo Adiante presenta 121 medidas realizables, moi meditadas, para construír un futuro cheo de oportunidades e devolverlle a Xinzo de Limia o dinamismo que tivo en épocas anteriores.
Queremos compartir convosco a satisfacción de vivir nun pobo onde se reciba a xente con alegría, humanidade, limpeza e crear oportunidades de futuro para os nosos mozos.
É o tempo de escoller a persoa que queredes que goberne este concello.. Por iso che pido que votes a candidatura de Xinzo Adiante, formada por veciñas e veciños de Xinzo de Limia, que queremos seguir traballando, vivindo e comprando en Xinzo e tomar medidas para evitar que os nosos fillos e netos se vexan condenados -como ata agora en moitos casos- a emigrar forzosamente. Queremos que poidan desenvolver o seu proxecto de vida aquí.

Cada un de vós pode co seu voto decidir o rumbo do concello. Votar Xinzo Adiante é votar polo cambio, co aval do traballo realizado estes 4 últimos anos como oposición; e co programa político que presentamos, realista e axustado ás vosas necesidades. Programa que xa foron presentando os meus compañeiros/as de candidatura e cuxas últimas medidas vos presento eu.

INFRAESTRUTURAS E URBANISMO
1. Demandaremos financiamento ás administracións provincial, autonómica e estatal para a construción dun auditorio.
2. Esixiremos que se execute a prometida circunvalación, para quitar o tráfico pesado da vila, a partir da Pista Zepetal II (última rotonda Avda. de Ourense).
3. Crearemos aparcamentos disuasorios en varios puntos da vila.
4. Demandaremos axudas das administracións para o paulatino saneamento e abastecemento de augas das parroquias.
5. Priorizaremos as demandas de arranxo das estradas que vertebran o concello.
6. Estudaremos e implementaremos solucións, con participación cidadá, para evitar excesos de velocidade no casco urbano.
7. Racionalización do tránsito municipal e un plan de reparación e mantemento das rúas públicas, en todos os barrios, comezando polos máis abandonados, como o Barrio do Polígono.
8. Traballaremos pola humanización e embelecemento de todos os barrios da vila, e completaremos as infraestruturas básicas das que carecen determinados barrios.
9. Solicitaremos á Xunta de Galicia o traspaso ao concello da Avenida de Portugal e da rúa Dous de Maio; ao Estado o traspaso da Avenida de Ourense e da Avenida de Madrid; e á Deputación a rúa Curros Enríquez, para poder acometer os traballos de humanización das rúas, creación dos carrís bici...
10. Elaboraremos un Plan de Mantemento dos parques infantís, adecuándoos á actual lexislación.
11. Daremos visibilidade ao Barrio de Abaixo. Adherirémonos ao Plan para a rexeneración urbana dos cascos antigos e acometeremos o soterramento do cableado da luz, así como xestionaremos axudas á rehabilitación de edificios.
12. Procuraremos financiamento para a construción da Cidade do Deporte, con infraestruturas varias e un novo pavillón acorde coa demanda deportiva existente.
13. Revisaremos o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para adaptalo á realidade actual do noso municipio.

HOXE PRESÉNTASE A NOSA NÚMERO 2, PAQUI RODRÍGUEZCómpre dinamizar Xinzo. Temos Unha praza de abastos inactiva, queremos r...
21/05/2019

HOXE PRESÉNTASE A NOSA NÚMERO 2, PAQUI RODRÍGUEZ

Cómpre dinamizar Xinzo. Temos Unha praza de abastos inactiva, queremos revitalizala, facilitando a posta en marcha de comercios, ben para a venda ou ben para degustación de productos. Que sexa un referente a visitar todos os días do ano. Facilitar Tamén a posta en marcha de calquera outro comercio na Vila cunha importante redución do custo da licencia de apertura. E comprométemos tamén a dar publicidade e reclamo dende o concello.
Tamén é preciso fomentar o asociacionismo, pois a unión entre os membros dos distintos colectivos é a que fai a forza ante as institucións.
E é preciso acabar coa brecha dixital entre o rural e a vila, polo que traballaremos activamente para que internet chegue ao rural, con cobertura axeitada.
A continuación, preséntovos algunhas das medidas do noso programa relacionadas co FOMENTO DO ASOCIACIONISMO, NOVAS TECNOLOXÍAS E SANIDADE:

FOMENTO DO ASOCIACIONISMO.
1. Dende o Concello potenciaremos a creación de asociacións (xuvenís, culturais, veciñais) como entes participativos da cidadanía.
2. Crearemos o Consello Veciñal Municipal, que se reunirá cada tres meses: nel estarán representadas todas as asociacións do Concello e o/a alcalde/esa e a súa finalidade consistirá en realizar todo tipo de propostas no ámbito cultural e asociativo, para que sexan recollidas polo Concello e tidas en conta á hora de elaborar os orzamentos e plans de actuación.
3. Poremos en marcha unha oficina de apoio ás asociacións do concello con medios e asesoramento para a solicitude de subvencións e para cuestións burocráticas.
4. Estableceremos baremos obxectivos na concesión de subvencións a entidades locais atendendo a criterios de importancia cultural, económica e os valores de inclusión, cooperativismo e asociacionismo.

SANIDADE E SAÚDE PÚBLICA
5. Reclamaremos á Consellería o mantemento de dous pediatras durante os meses do verán.
6. Desenvolveremos campañas de concienciación sobre hábitos saudables.
7. Programas de concienciación sobre os abusos dos produtos tóxicos no fogar e talleres de alternativas ecolóxicas.

NOVAS TECNOLOXÍAS
8. Crearemos programas de divulgación e coñecemento da informática e das redes sociais.
9. Demandaremos á Xunta de Galicia a posta en marcha das infraestruturas xa construídas –pero non utilizadas- para estender internet a todos os núcleos rurais.
10. Ampliaremos o uso e a oferta formativa da aula de informática.

HOXE PRESÉNTASE O NOSO NÚMERO 3, X. MIGUEL BARRIOSSon Licenciado en Filoloxía Galega e Románica e son profesor de Secund...
20/05/2019

HOXE PRESÉNTASE O NOSO NÚMERO 3, X. MIGUEL BARRIOS

Son Licenciado en Filoloxía Galega e Románica e son profesor de Secundaria e Bacharelato.
Despois de catro anos como concelleiro de Xinzo Adiante na oposición, consciente de que a situación na que está Xinzo debe cambiar radicalmente, volvo formar parte desta candidatura con ánimo, ilusión e con moitas ganas de traballar para facer de Xinzo de Limia un concello atractivo, un lugar onde poder vivir e traballar e para deixarlles aos nosos fillos un lugar onde desenvolver o seu proxecto de futuro.
Traballarei, entre outras cousas, para que teñamos unha variada oferta educativa cultural e deportiva, non só para os nenos e mozos, senón tamén para os adultos. E preséntovos algunhas das nosas medidas no eido da EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE:

1. Fomentaremos a realización de actividades e competicións deportivas de carácter supramunicipal e fomentaremos o deporte base, que suporá un importante motor económico para Xinzo de Limia.
2. Realizaremos unha xestión adecuada das instalacións deportivas: chegaremos a un acordo cos IES e CEIP da vila, para abrir as súas instalacións deportivas polas tardes e as fins de semana; así como das outras instalacións.
3. Elaboraremos un Plan de mantemento, racionalización e optimización das instalacións deportivas –pavillón, piscinas e campo da Moreira- e asumiremos desde o concello a xestión da piscina exterior, con horarios flexibles, adaptados ás necesidades dos usuarios.
4. Colaboraremos coas distintas Asociacións Deportivas existentes, na procura de recursos para o seu financiamento, así como na promoción das súas actividades.
5. Fomentaremos e colaboraremos para que as asociacións de ocio e tempo libre presenten proxectos á Xunta para acoller campamentos de verán de carácter autonómico e estatal, financiados por estas administracións.
6. Fomentaremos o uso da bicicleta como medio de trasporte alternativo (carrís bici e rotas).
7. Faremos unha programación cultural anual densa e continuada no tempo, procurando elaborar esta programación a dous niveis: unha parte de actividades anuais fixas (festas, Entroido, esquecemento, día do libro, día dos dereitos da Infancia, Letras Galegas...); e outra variable, en función da oferta que exista en cada época do ano.
Dentro desta programación tamén se terán en conta as distintas parroquias e núcleos de poboación do Concello, aos que se lles achegarán as actividades que se programen. Trátase de equiparar as condicións de acceso ás actividades culturais entre o rural e a capital municipal.
8. Potenciaremos a oferta da Escola de Música, así como do Conservatorio, tratando de implicar activamente as distintas administracións no seu financiamento, para facer deste conservatorio un referente a nivel provincial.
9. Fomentaremos a celebración de eventos musicais (música tradicional, clásica, actual...).
10. Promoveremos a celebración dun Festival de música interxénero en galego, con carácter anual.
11. Potenciaremos as bandas municipais e a escola da música e procuraremos axudas para que actúen nas festas das parroquias.
12. Estableceremos axudas e fomento de actuacións de grupos locais e/ou con participación de veciños do concello.
13. Dotaremos dun orzamento anual para libros a Biblioteca pública.
14. Realizaremos campañas de animación e fomento da lectura.
15. Estableceremos espazos públicos habilitados e regulados para a creación artística.
16. Elaboraremos un Plan de Normalización Lingüística municipal, elaborado de xeito participativo coa veciñanza e para frear a perda de falantes, a transmisión interxeneracional e a galeguización plena da vida municipal, así como para asesorar a nivel lingüístico a empresas, asociacións e veciños que así o desexen.
17. Crearemos especificamente unha Concellería de Cultura, Mocidade e Normalización Lingüística .

MOITAS GRAZAS Á VECIÑANZA DE MORGADE E DE PARADA DE RIBEIRA POR ESCOITARNOS E FACERNOS CHEGAR AS SÚAS INQUEDANZAS.Xa hai...
19/05/2019

MOITAS GRAZAS Á VECIÑANZA DE MORGADE E DE PARADA DE RIBEIRA POR ESCOITARNOS E FACERNOS CHEGAR AS SÚAS INQUEDANZAS.

Xa hai meses, Xinzo Adiante denunciou o estado da depuradora de Morgade e esixiu solucións, que o goberno municipal non aportou. O mesmo acontece coa depuradora de Parada de Ribeira.

Ademais, reafirmamos o noso compromiso de continuar apoiando aos veciños de Parada de Ribeira contra a Planta asfáltica.

Respíranse aires de cambio e Xinzo Adiante é o cambio comprometido coa veciñanza deste concello. Coa vosa axuda farémolo posible

HOXE PRESÉNTASE A NOSA Nº 4, VANESSA RÚA CIDSon administrativa. Traballarei dende o concello para promover axudas para q...
19/05/2019

HOXE PRESÉNTASE A NOSA Nº 4, VANESSA RÚA CID

Son administrativa. Traballarei dende o concello para promover axudas para que a xente emprendedora teña facilidades para crear empresas, e así aumentaría a oferta de traballo e ao mesmo tempo a poboación.
Pido tamen que se faga un parking gratuito concarácter disuasorio e un parking para camións pesados no Polígono Industrial.

E agora preséntovos algunhas das medidas do noso programa no ámbito da IGUALDADE, BENESTAR E ATENCIÓN Á XUVENTUDE E Á TERCEIRA IDADE:

1. Poremos en marcha para a xente maior un servizo concertado de transporte para ir ao médico e acudir ás feiras.
2. Estenderemos os servizos de atención domiciliaria (limpeza, xantar a domicilio) a todas a s persoas maiores que o precisen.
3. Realizaremos actividades de ocio lúdico-culturais por parroquias (obradoiros de lectura, teatro, manualidades, ximnasia, baile...).
4. Asumiremos os compromisos da Rede Galega de Loita contra a Pobreza para unha aposta decidida para a inclusión social e a redución da probreza.
5. Promoveremos o emprego dunha linguaxe inclusiva desde a administración, para alén de impulsar campañas de sensibilización contra calquera tipo de discriminación.
6. Subvencionaremos o comedor escolar aos nenos do rural que son usuarios do transporte escolar.
7. Estableceremos un plan de formación especializada en violencia de xénero aos traballadores municipais.
8. Elaboraremos un Plan de Emerxencia Social, para loitar contra a pobreza en familias con nenos e nenas e atender as familias monoparentais, asegurando alimentación e educación de 0 a 3 anos gratuíta.
9. Apoiaremos a creación dun Banco de Tempo e colaboraremos coas redes de solidariedade impulsadas pola sociedade limiá.
10. Crearemos unha rede de voluntariado para acompañar ás persoas maiores que viven soas.
11. Realizaremos obradoiros de educación social.
12. Habilitaremos o espazo detrás da Casa da Cultura para o uso público de nenos e maiores, para a realización de actividades, que estará pechado polas noites para evitar trapicheos e botellóns.
13. Elaboraremos un Plan de Accesibilidade, para a eliminación das barreiras arquitectónicas.
14. Reclamaremos ás administracións autonómica e estatal o mantemento dos servizos públicos no rural –educación, sanidade, atención á dependencia, transporte-.
15. Poremos en marcha un plan contra o trapicheo e o vandalismo, en colaboración coas forzas de seguridade.
16. Solicitaremos a construción dunha Residencia de Maiores pública

MAÑÁ, ÁS 20:00 H NA CASA DA CULTURA, ACTO CENTRAL DE XINZO ADIANTE:Explicaremos o noso programa e recolleremos as achega...
17/05/2019

MAÑÁ, ÁS 20:00 H NA CASA DA CULTURA, ACTO CENTRAL DE XINZO ADIANTE:

Explicaremos o noso programa e recolleremos as achegas que queirades facer.

ESTADES TODAS/TODOS CONVIDADAS/OS.

HOXE PRESÉNTASE CRISTIAN DOMÍNGUEZ ABADSon Cristian Domínguez Abad, veciño de Xinzo de Limia. Son Técnico en Enerxías Re...
17/05/2019

HOXE PRESÉNTASE CRISTIAN DOMÍNGUEZ ABAD

Son Cristian Domínguez Abad, veciño de Xinzo de Limia. Son Técnico en Enerxías Renovables e Enerxía Solar Térmica, e estudante de Enxeñaría Informática.
Gustaríame vivir nunha vila sostible, que aproveite as fontes de enerxía renovables na medida do posible, así como o fomento das mesmas para que os cidadáns se animen a contribuír a crear unha vila sostible e limpa: facilitando o transporte non motorizado e público e mellorando as condicións deste último.

Ao mesmo tempo, traballar para a modernización dos ámbitos do concello, creando unha aplicación na que os cidadáns poderán facer certas tarefas e papeleos municipais de maneira telemática.

A continuación presento algunhas das cousas que me gustaría cambiar na nosa vila, Xinzo de Limia:
• Sinais de alumeado nos pasos de peóns que non están regulados por semáforo, alimentadas por pequenas placas solares, polo menos na nacional n-525 e na rúa Dous de Maio.
• Creación de máis zonas deportivas para adultos, tales como as de calistenia, recentemente instaladas no parque do toural.
• Fomento do emprego e emprendemento xuvenil, xa que este sector da poboación limiá adoita buscar emprego fóra da vila, pola ausencia del aquí.
• Postes publicitarios electrónicos nos lugares céntricos da vila, con publicidade dos comercios locais.
• Mantemento e fomento do uso do circuíto de cross (situado onde os institutos), xa que é unha instalación envidiada por outros concellos, e que manténdoo podería chegar a formar parte do Campionato Galego de cross, e así poder mellorar parcialmente a economía de Xinzo de Limia introducindo un campionato deportivo na vila.
• Coidado e reforma do casco antigo, fomentando a reforma das casas da zona, con axudas económicas, e arranxando as rúas así como ocultar o antigo tendido eléctrico.
• Creación ou adaptación dun parque canino, para que os veciños teñan algún lugar onde pasear os cans sen atoparse con un cartel de que non o poden facer.
• Melloras no funcionamento da Caneira Municipal, así como fomentar a adopción, montando un stand en tódalas feiras animando a adopción dos cans que se encontran na Caneira Municipal.
• Construción dunha rede de carril-bici.

17/05/2019

Hoxe, día das letras; estaremos nos actos institucionais en Xinzo.
Tamén queremos facer a nosa homenaxe particular á língua e escollemos para reivindicala o poema de Celso Emilio ferreiro

"Deitado rente ó mar

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño."

Dirección

Xinzo De Limia

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xinzo Adiante publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Xinzo Adiante:

Compartir

Categoría