PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia

PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia Benvido/a á nosa páxina | Traballando para facer de Xinzo de Limia un lugar máis igual e xusto ✊🏻🌹

Moción para a declaración de zona vulnerable por nitratos na Comarca da Limia. Le a moción completa aquí 👇🏻
31/03/2026

Moción para a declaración de zona vulnerable por nitratos na Comarca da Limia. Le a moción completa aquí 👇🏻

30/03/2026

A auga da Limia non pode esperar máis.

Tras a sentenza firme do Tribunal Supremo, queda claro: houbo inacción e consecuencias para a saúde da nosa veciñanza.

Desde o Grupo Municipal Socialista presentamos unha moción para declarar A Limia como Zona Vulnerable por Nitratos, esixir medidas urxentes e poñer fin a anos de abandono.

É momento de actuar. Por responsabilidade, por saúde e polo futuro da nosa terra.

07/02/2026

📌Dende o PSDEG-PSOE de Xinzo condenamos con rotundidade o contido dun vídeo manipulado que circula nas redes con expresións homófobas cara o Concelleiro de Festexos e Xuventude deste concello. ❌

Queremos transmitir a Ricardo Sieiro todo o noso apoio persoal e político. 🫂

05/02/2026

👉 Hoxe foi o primeiro pleno do ano.
Aquí deixamos a nosa posición e a nosa resposta sobre o que está a pasar cos orzamentos para este #2026 e coa situación de e 🚜🌾

Dende o Partido Socialista queremos aclarar, porque se suspende o Petardazo. ‼️⛔️
24/01/2026

Dende o Partido Socialista queremos aclarar, porque se suspende o Petardazo. ‼️⛔️

31/12/2025

Que o #2026 nos traia ilusión, feitos e un futuro mellor para Xinzo. Cada vez falta menos para poñer ás veciñas e veciños no centro das políticas e seguir construíndo o Xinzo que todos merecemos.

Cada 25 de novembro lembramos ás vítimas da violencia de xénero, mais a loita non se limita a un día: constrúese con rec...
25/11/2025

Cada 25 de novembro lembramos ás vítimas da violencia de xénero, mais a loita non se limita a un día: constrúese con recursos, educación, acompañamento e apoio constante ás mulleres que o precisan.

Neste 2025, xa son 38 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas, unha realidade insoportable que nos obriga a actuar con firmeza.

Rachar co silencio e denunciar é un acto de liberdade e de supervivencia. As violencias machistas non entenden de idade, nacionalidade nin condición persoal ou social. Por iso, a educación en igualdade nos fogares e nas escolas é esencial para transformar conciencias e erradicar esta lacra.

Seguiremos avanzando con compromiso e responsabilidade, porque unha democracia só é plena cando todas as mulleres poden vivir libres, seguras e respectadas.

🚧 O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou as obras de humanización da Nacional 525 ao seu paso por X...
01/11/2025

🚧 O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou as obras de humanización da Nacional 525 ao seu paso por Xinzo, acompañado polo grupo municipal socialista.

Un proxecto iniciado polo goberno de Elvira Lama Fernández, que xa é unha realidade e que fará de Xinzo un lugar máis accesible, cómodo e fermoso para todos os veciños e veciñas.

Porque cando se traballa con planificación e compromiso, os resultados chegan. 💪❤️

27/10/2025

O Grupo Municipal Socialista visitamos as obras da N-525, un proxecto que xa é unha realidade grazas a un investimento de máis de 5 millóns de euros do Goberno Socialista de España.

Estas actuacións van supoñer un antes e un despois para Xinzo, mellorando a seguridade viaria, a mobilidade e a imaxe do noso pobo.

🔴 Estas son as obras que Xinzo merece e polas que seguiremos traballando, con compromiso e responsabilidade co noso territorio e coa súa veciñanza.

👥 No vídeo acompañan a Elvira Lama Fernández, voceira do Grupo Municipal Socialista:

Rafa Penabad González, concelleiro

Víctor Rodríguez Avilés, concelleiro

Carlos López Montero, concelleiro

Hoxe, 15 de outubro, queremos felicitar a todalas mulleres do rural: agricultoras e gandeiras, artesás, coidadoras, empr...
15/10/2025

Hoxe, 15 de outubro, queremos felicitar a todalas mulleres do rural: agricultoras e gandeiras, artesás, coidadoras, emprendedoras, todas loitadoras incansables.

Vai para elas o noso agradecemento, por tecer a rede que sosten a vida dos pobos e aldeas. Con todas vós medra cada día a vida eo futuro.

Precisamos de todas para acadar a igualdade, ocupar os espazos de decisións e loitar polos dereitos que nos corresponden.
Xuntas sumamos e somos máis fortes.!!

Dirección

Praza Xoan XII, Nº 1, 1º
Xinzo De Limia
32630

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir