Cultura e Turismo de Zas

Cultura e Turismo de Zas Conta oficial da área de Cultura e Turismo do Concello de Zas

🎬 𝐎 𝐂𝐢𝐜𝐥𝐨 𝐌𝐞𝐬𝐭𝐫𝐞 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚 𝐚 𝐁𝐚𝐢𝐨O cinema será protagonista o venres 21 de agosto na Praza Jorge Mira coa proxección d...
14/08/2026

🎬 𝐎 𝐂𝐢𝐜𝐥𝐨 𝐌𝐞𝐬𝐭𝐫𝐞 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚 𝐚 𝐁𝐚𝐢𝐨

O cinema será protagonista o venres 21 de agosto na Praza Jorge Mira coa proxección de 𝐒𝐢𝐫𝐚𝐭, de Oliver Laxe, dentro da programación do 🔴 Punto Rojo.

A película acompaña a un pai e o seu fillo na procura da súa filla e irmá, desaparecida meses atrás durante unha rave no sur de Marrocos. Unha historia intensa e poderosa que chega a Baio avalada por un extraordinario recoñecemento internacional:

🏆 Premio do Xurado no Festival de Cannes
🏆 Premio do Cine Europeo ao Mellor Son
🏆 6 Premios Goya
✨ 2 nominacións aos Premios Oscar
✨ 2 nominacións aos Globos de Ouro

Esta proposta cultural chega ao Concello da man da Deputación da Coruña e do Concello de Zas.

📅 21 de agosto
🕙 22:00 h
📍 Praza Jorge Mira

🌌 Hoxe temos unha cita co ceo na Arca da Piosa!✨Achégase unha das citas máis especiais da programación deste verán: a ob...
13/08/2026

🌌 Hoxe temos unha cita co ceo na Arca da Piosa!✨

Achégase unha das citas máis especiais da programación deste verán: a observación astronómica da man de Jorge Mira Perez para descubrir o ceo nocturno desde unha contorna única.

📍 Arca da Piosa

🔭 Unha noite para mirar cara arriba, aprender, descubrir e g***r da astronomía en plena natureza.

✨ Aínda estás a tempo de anotarte 👉 https://forms.gle/2YMenGTa292CgXCy9

🌾 COÑECES OS HÓRREOS DE ZAS?Cando pensamos nun hórreo galego, probablemente imaxinamos unha construción de pedra, elevad...
12/08/2026

🌾 COÑECES OS HÓRREOS DE ZAS?

Cando pensamos nun hórreo galego, probablemente imaxinamos unha construción de pedra, elevada sobre piares e coas súas características tornarratos. Pero… sabías que no Pazo Torres do Allo e no concello de Zas podemos atopar moito máis? 👀

Desde o impresionante conxunto de hórreos do Pazo Torres do Allo, con diferentes solucións construtivas, ata exemplares de pedra, madeira ou ladrillo, con celeiros, pináculos, diferentes alturas e formas.

🏛️ Algúns destacan polas súas dimensións, como o hórreo de Artón, con 20,70 metros de lonxitude.

✨ Outros sorprenden pola súa forma, pola maneira de adaptarse ao espazo ou por solucións construtivas realmente singulares.

🪨 E tamén atopamos diferentes tipoloxías, materiais e deseños, desde os hórreos de tipo Fisterra ata exemplares de tipo Ponteceso.

🌾 Pero todos eles teñen algo en común: nestas Terras de Soneira, os hórreos adoitan recibir o nome de cabazos.

Unha palabra propia da nosa terra para nomear estas construcións que forman parte da nosa paisaxe, da nosa historia e da nosa memoria.

👉 Desliza o carrusel e descubre algúns dos cabazos que forman parte do patrimonio etnográfico do Concello de Zas.

📍 E cando veñas ao Pazo Torres do Allo, non deixes de reparar no seu impresionante conxunto de hórreos. Porque coñecer o patrimonio tamén é aprender a miralo con outros ollos. 💚

10/08/2026
🌿 𝐗𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝟒𝟏ª Festa da Carballeira 𝐝𝐞 𝐙𝐚𝐬! 🌿Onte presentamos oficialmente unha nova edición dunha das cit...
05/06/2026

🌿 𝐗𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝟒𝟏ª Festa da Carballeira 𝐝𝐞 𝐙𝐚𝐬! 🌿

Onte presentamos oficialmente unha nova edición dunha das citas musicais e culturais máis emblemáticas do verán galego, que volverá encher Zas de música, ambiente e tradición os días 7 e 8 de agosto de 2026 🎶

Un cartel que combina artistas consolidados e novas propostas para vivir dúas xornadas inesquecibles nun entorno único como é a Carballeira de Zas

📍 Festa de Interese Turístico de Galicia�📅 7 e 8 de agosto de 2026�🎟️ Entradas dispoñibles entradas.festadacarballeira.com

🎭 𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐀𝐟𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨 𝐋𝐚𝐛𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐏𝐨𝐬𝐞A programación cultural non para en Zas! Este sábado continuamos coa nosa ...
04/06/2026

🎭 𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐀𝐟𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨 𝐋𝐚𝐛𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐏𝐨𝐬𝐞

A programación cultural non para en Zas! Este sábado continuamos coa nosa mostra de teatro afeccionado e as risas están máis que aseguradas no auditorio municipal.

Esta fin de semana viaxamos de enredo en enredo con... 👉 “𝐎𝐩𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐁𝐚𝐫𝐫𝐚𝐧𝐜𝐨” da compañía 𝐕𝐚𝐠𝐚𝐥𝐮𝐦𝐞 𝐀𝐧𝐢𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 de Carballo.

Unha exmuller que aparece por sorpresa, un café un tanto sospeitoso e unha infiltración de película nun hospital darán pé a unha comedia coral disparatada e chea de retranca galega onde todos os personaxes acaban camiño... do barranco!

Agardámoste! Non faltes á túa cita coa cultura! 🎟

🗓 𝐒𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨, 𝟔 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨
🕘 𝟐𝟏:𝟎𝟎 𝐡
📍 𝐀𝐮𝐝𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐙𝐚𝐬
👶 𝐏𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨: Para todos os públicos (TP)

03/06/2026

🎶 O pasado domingo vivimos unha tarde inesquecible nas Torres do Allo da man de Uxía Senlle e “As letras das Circes e Morganas”.

✨ Música, poesía e emoción nun escenario único, coa delicada sonoridade da arpa e mesmo o canto dos paxaros como banda sonora dunha tarde máxica.

Grazas a todas as persoas que nos acompañastes!

📸  Hoxe traémosvos unha imaxe do noso arquivo para poñer a proba a memoria colectiva. 😊🔎 𝐒𝐚𝐛𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐨𝐧𝐝𝐞 𝐟𝐨𝐢 𝐭𝐨𝐦𝐚𝐝𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐟𝐨...
03/06/2026

📸

Hoxe traémosvos unha imaxe do noso arquivo para poñer a proba a memoria colectiva. 😊

🔎 𝐒𝐚𝐛𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐨𝐧𝐝𝐞 𝐟𝐨𝐢 𝐭𝐨𝐦𝐚𝐝𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐟𝐨𝐭𝐨𝐠𝐫𝐚𝐟𝐢́𝐚?
Parece unha imaxe sinxela dun cabazo, pero agocha unha pista moi importante...

👉 𝐌𝐢𝐫𝐚𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧 𝐚𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐨𝐬 𝐩𝐞́𝐬 𝐝𝐨 𝐜𝐚𝐛𝐚𝐳𝐨.
O que se ve ao fondo pode darvos a clave para descubrir o lugar.

🎭 A IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose continúa sumando  momentos!O sábado vivimos unha magnífica segunda xorn...
01/06/2026

🎭 A IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose continúa sumando momentos!

O sábado vivimos unha magnífica segunda xornada coa representación de “Un fiambre, unha rosca e un cancan”, da Asociación Cultural Faíscas de Arteixo, que conquistou ao público cunha comedia de humor e enredos.

✨ A programación continúa o vindeiro sábado cunha nova cita teatral que volverá encher de cultura e emoción o noso escenario. Animámosvos a acompañarnos e seguir apoiando o talento e a paixón do teatro afeccionado.

🎟️ Agardámosvos!

Dirección

Negreira
15150

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura e Turismo de Zas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir