08/09/2026
𝐑𝐞𝐜𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐨 𝐥𝐚𝐯𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐨 𝐫𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐚𝐫𝐫𝐢𝐚𝐳𝐨́𝐧
Dentro dos traballos de mellora da contorna da 𝐚́𝐫𝐞𝐚 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐞𝐨𝐥𝐨́𝐱𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐀𝐥𝐭𝐚𝐫, o Concello de Zas está levando a cabo a limpeza e renovación completa do lavadoiro situado no rego de Barriazón.
A intervención busca recuperar este elemento do patrimonio tradicional e, ao mesmo tempo, integralo na contorna da excavación arqueolóxica do concello e na paisaxe que o rodea. A actuación aposta por unha recuperación respectuosa coa contorna, 𝐬𝐞𝐧 𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐦𝐚𝐭𝐞𝐫𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐚𝐮𝐭𝐨́𝐜𝐭𝐨𝐧𝐨𝐬, para conseguir que o lavadoiro se integre de maneira natural na paisaxe.
A actuación está xa moi avanzada e nos próximos días quedará rematada coa instalación da 𝐜𝐮𝐛𝐞𝐫𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐭𝐞𝐥𝐥𝐚, o último elemento que falta para completar a recuperación.