22/06/2026
🔴 O documento oficial fala claro
🏟️ A Xunta NON compromete a construción do novo pavillón de Oroso.
❌ Sen partida económica
❌ Sen prazos
❌ Sen compromiso real
Menos propaganda. Máis feitos.
Onde está o compromiso?
O PP local leva tempo falando do novo pavillón coma se fose unha realidade. Pero os documentos oficiais din outra cousa.
📄 Ante a pregunta formulada polo PSdeG no Parlamento de Galicia sobre se a Xunta tiña previsto incluír unha partida para a construción do novo pavillón de Oroso, a resposta é clara: non hai ningún compromiso, nin partida económica, nin prazo previsto.
A Xunta limítase a dicir que colaborará cos concellos "dentro das súas dispoñibilidades orzamentarias" e segundo criterios de "oportunidade e necesidade".
❌ Nin unha soa referencia ao pavillón de Oroso.
❌ Nin un euro consignado.
❌ Nin unha data.
E, por se isto fose pouco, o goberno municipal renunciou a unha subvención xa aprobada pola Deputación da Coruña que podía contribuír a mellorar as infraestruturas deportivas do noso concello.
👉 Perdeuse unha oportunidade real de avanzar.
👉 E agora tampouco existe un compromiso firme da Xunta para facer realidade o novo pavillón.
As familias, os clubs e a veciñanza merecen respostas claras.
📢 Porque gobernar non é anunciar proxectos sen financiamento garantido.
Gobernar é cumprir.
📸 Menos fotos e máis xestión, señor alcalde.
Oroso necesita feitos, non titulares.