27/10/2026
🌱 O Concello de Catoira busca contratar dúas persoas monitoras para desenvolver o proxecto interxeracional ‘A Horta das Xeracións’.
Esta nova iniciativa pretende crear un espazo de convivencia entre as persoas maiores do municipio e os nenos e nenas do CPI Progreso a través da agricultura, a educación ambiental e a recuperación dos coñecementos tradicionais.
A contratación enmárcase no programa +Emprega da Deputación de Pontevedra e permitirá desenvolver esta iniciativa durante doce meses, a partir do 15 de xaneiro de 2027. Os contratos serán de carácter formativo e terán unha retribución bruta mensual de 1.424,50 euros, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
As persoas interesadas deberán contar cun ciclo medio de Formación Profesional nalgunha das familias profesionais de Agraria, Actividades Físicas e Deportivas ou Servizos Socioculturais. Entre as titulacións admitidas figuran as de Produción agroecolóxica, Produción agropecuaria, Xardinería e floraría, Aproveitamento e conservación do medio natural, Guía no medio natural e de tempo libre e Atención a persoas en situación de dependencia.
ℹ️ Máis información na sede electrónica municipal:
Sede Electrónica de Catoira