Concello de Cee

Cómo llegar Página web

Concello de Cee Páxina de facebook oficial do Concello de Cee Tradicionalmente, Cee fué una villa vinculada a la industria conservera, ballenera y pesquera.

Cee es un municipio de A Coruña, ubicado en la conocida Costa da Morte, puerta al mar del Camino de Santiago en su paso hacia Finisterre y Muxía. Pero, hoy en día, es el centro comarcal de negocios y servicios, punto de encuentro de los habitantes de la Costa da Morte y referente para turistas y visitantes que encuentran en Cee el lugar ideal para establecer su base y visitar la zona. Cee es, sin duda, la combinación perfecta entre el carácter urbano de sus servicios y el carácter rural y sosegado de sus espacios naturales.

***
Cee é un concello de A Coruña, ubicado na conocida Costa da Morte, porta ao mar do Camiño de Santiago no seu paso a Fisterra e Muxía. Tradicionalmente, Cee foi unha vila vinculada á industria conserveira, baleeira e pesqueira. Pero, hoxe en día, é o centro comarcal de negocios e servizos, punto de encontro dos habitantes da Costa da Morte e referente para turistas e visitantes que atopan no noso pobo o lugar ideal para establecer a súa base e visitar a zona. Cee é, sen dúbida, a combinación perfecta entre o carácter urbano dos seus servicios e o carácter rural e sosegado dos seus espazos naturais.

🖤 CEE GARDA UN MINUTO DE SILENCIO EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE FERROVIARIO EN TOLEDOO Concello de Cee gardou esta...
28/10/2026

🖤 CEE GARDA UN MINUTO DE SILENCIO EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE FERROVIARIO EN TOLEDO

O Concello de Cee gardou esta tarde un minuto de silencio fronte á Casa Consistorial, como mostra de respecto, pesar e solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Toledo.

No acto participaron a alcaldesa de Cee, Margot Lamela; o deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego; os concelleiros e concelleiras do Goberno municipal Ema Trillo, Belén Fernández, Sergio Romero; así como Serxio Domínguez, representante do BNG, e Pilar Iglesias, de IxCee, xunto a veciños e veciñas de Cee que quixeron sumarse a esta mostra colectiva de condolencia.

Desde o Concello de Cee trasladamos o noso máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas ás vítimas, así como todo o noso apoio e solidariedade nestes momentos de profunda dor.🖤

🐾 BUSCAMOS A LUNA! 🐾⚠️ A gatiña Luna perdeuse onte pola tarde na rúa Buenaventura Castro Rial, á altura do número 9, en ...
28/10/2026

🐾 BUSCAMOS A LUNA! 🐾

⚠️ A gatiña Luna perdeuse onte pola tarde na rúa Buenaventura Castro Rial, á altura do número 9, en Cee.

🐱 É unha gatiña de cor atigrada clara e ten os ollos azuis. Foi vista por última vez no portal dun edificio situado enfronte de Fersi.

🙏 Se a viches ou a recolliches da rúa, por favor, ponte en contacto no teléfono 603 853 079.

📢 Axúdanos compartindo esta publicación para que Luna poida volver á súa casa canto antes!

Grazas pola vosa colaboración! ♥️

🖤 Minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo.O Concello de Cee súmase á convocatoria da FEGAMP ...
28/10/2026

🖤 Minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo.

O Concello de Cee súmase á convocatoria da FEGAMP e da FEMP e convida á veciñanza a participar nun minuto de silencio hoxe, mércores 28 de outubro, ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello.

🖤 Un xesto de respecto e lembranza polas vítimas, e de solidariedade e apoio ás persoas afectadas e ás súas familias.

🍄 XXV XORNADAS MICOLÓXICAS DA COSTA DA MORTE🍄‍🟫 A Asociación Micolóxica Pan de Raposo organiza, en colaboración co Conce...
28/10/2026

🍄 XXV XORNADAS MICOLÓXICAS DA COSTA DA MORTE

🍄‍🟫 A Asociación Micolóxica Pan de Raposo organiza, en colaboración co Concello de Cee, unha nova edición destas xornadas, cun programa cheo de actividades para descubrir, aprender e g***r do fascinante mundo dos cogomelos.

📅 PROGRAMA DE ACTIVIDADES

🌿 Domingo 1 de novembro | Saída ao monte
🍄 Punto de encontro: Alameda de Cee.
🕤 Hora: 9:30 h.
📩 Inscricións: [email protected]
📌 Prazo límite: xoves 29 de outubro.

🔎 Sábado 7 e domingo 8 de novembro
🍄 Exposición de cogomelos e traballos do alumnado dos colexios da comarca.
🕥 Horario: de 10:30 a 13:30 h e de 16:30 a 19:30 h.
👣 Visitas guiadas á exposición ás 12:00 h.

🎤 Sábado 7 de novembro | 17:30 h
Charla de José Manuel Castro Marcote: «Achegamento aos cogomelos con láminas».

🎤 Domingo 8 de novembro | 17:30 h
Charla de Raquel Poncini Gómez: «Curiosidades del reino fungi».

😋 Degustación de petiscos de cogomelos
Durante o sábado 7 e o domingo 8 de novembro poderanse degustar petiscos de cogomelos no Hotel La Marina, no Mesón As Viñas e no O Recreo da Costa da Morte.

🔬 Domingo 15 de novembro
Bioblitz pola Costa da Morte con Mirian Miramontes Castro.

Unha oportunidade fantástica para achegarse ao mundo da micoloxía, coñecer mellor o noso patrimonio natural e g***r da riqueza dos montes da Costa da Morte. 🌳🍄

📚 A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA 18.000 EUROS AO CERTAME LITERARIO BATALLÓN DA COSTA DA MORTEA alcaldesa de Cee, Margari...
28/10/2026

📚 A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA 18.000 EUROS AO CERTAME LITERARIO BATALLÓN DA COSTA DA MORTE

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron un convenio de colaboración para o financiamento do I Certame Literario Batallón da Costa da Morte, promovido polo Concello de Cee.

💶 A Deputación achega 18.000 euros, o 80 % do orzamento total do proxecto, que ascende a 22.500 euros.

✍️ O certame celebrouse coincidindo co 30 aniversario da fundación do Batallón Literario da Costa da Morte, colectivo creado en Cee o 1 de maio de 1996, co obxectivo de recuperar e manter vivo o seu legado e fomentar a creación literaria en lingua galega.

📖 Esta primeira edición, dedicada á poesía, contou cun premio de 3.000 euros e cunha programación de actividades culturais arredor da literatura e da memoria do Batallón.

Unha iniciativa que contribúe a preservar o patrimonio literario da nosa comarca e a poñer en valor a importancia de Cee na historia da literatura galega contemporánea.

Valentín González Formoso y la alcaldesa Margarita Lamela firmaron un convenio para financiar el 80% del presupuesto del certamen

🌍❤️ CEE ACOLLE A GALA SOLIDARIA DO 1º ANIVERSARIO DE NANIAN INTERNACIONAL ESPAÑAEste sábado, 31 de outubro, a Casa da Cu...
28/10/2026

🌍❤️ CEE ACOLLE A GALA SOLIDARIA DO 1º ANIVERSARIO DE NANIAN INTERNACIONAL ESPAÑA

Este sábado, 31 de outubro, a Casa da Cultura de Cee acollerá unha gala solidaria para celebrar o primeiro aniversario da ONG Nanian Internacional España.

Un encontro para dar a coñecer o labor que desenvolve a entidade en Guinea-Bissau nos ámbitos da educación, a saúde e o desenvolvemento social, e apoiar o envío dun novo contedor con material sanitario e educativo.

🎶 A celebración contará coa actuación especial de Batuko Tabanka, grupo formado por doce mulleres de orixe caboverdiana que compartirán a música, os ritmos e as tradicións do seu país.

📅 Sábado, 31 de outubro
🕕 18:00 horas
📍 Casa da Cultura de Cee
🎟️ Entradas: 7 € adultos | 5 € nenos e nenas

❤️ Tamén se pode colaborar a través da Fila 0, realizando unha achega á conta:

ES47 2080 0022 0030 4005 1748
Concepto: Contedor solidario

🤝 Animámosvos a participar nesta xornada na que a cultura e a solidariedade se unen por unha boa causa!

Habrá un concierto de Batuko Tabanka, grupo formado por doce mujeres de origen caboverdiana que darán a conocer cantos, ritmos y tradiciones de su país

🎭 O TEATRO AMADOR VOLVE A CEE COA IV EDICIÓN DE A CITA!O Auditorio Baldomero Cores acollerá durante o mes de novembro tr...
27/10/2026

🎭 O TEATRO AMADOR VOLVE A CEE COA IV EDICIÓN DE A CITA!

O Auditorio Baldomero Cores acollerá durante o mes de novembro tres representacións teatrais dentro da IV CITA – Ciclo de Teatro Amador, unha oportunidade para g***r do teatro e do talento das compañías participantes.

📅 SÁBADO 7 DE NOVEMBRO | 20:00 h
🎭 O galego, a mulata e o negro
🎬 Cardume Teatro (A Coruña)

Unha comedia histórica que nos leva ata Cuba para percorrer, con humor e retranca, máis dun século de transformacións sociais.

📅 SÁBADO 14 DE NOVEMBRO | 20:00 h
🎭 Os vellos non deben de namorarse, ou si?
🎬 Coles Teatro (Ourense)

Unha versión libre da emblemática obra de Castelao, na que o humor e os enredos amorosos son protagonistas.

📅 SÁBADO 21 DE NOVEMBRO | 20:00 h
🎭 Porque lo digo yo
🎬 El Hórreo (Luarca, Asturias)

Unha comedia chea de situacións inesperadas, na que intentar resolver pequenos problemas acaba por complicalo todo.

📍 Auditorio Baldomero Cores – Casa da Cultura de Cee

👏 Tres sábados, tres compañías e tres propostas para g***r do teatro en Cee!

EDUCACIÓN | XERACIÓN EMPRENDE🚀 O emprendemento xuvenil dá un paso máis coa chegada a Cee de Xeración Emprende, a Ruta Ru...
27/10/2026

EDUCACIÓN | XERACIÓN EMPRENDE

🚀 O emprendemento xuvenil dá un paso máis coa chegada a Cee de Xeración Emprende, a Ruta Rural do Emprendemento Xuvenil, unha campaña itinerante da Xunta de Galicia que achega novas oportunidades á mocidade e ás mulleres do rural galego.

📚 A iniciativa inclúe actividades e asesoramento personalizado para fomentar o espírito emprendedor, descubrir novas posibilidades de futuro e impulsar ideas que poidan converterse en proxectos reais.

📅 Mércores, 28 de outubro 🕙 de 10:00 a 14:00 h.
📍 Xardíns do IES Fernando Blanco.

Unha oportunidade para aprender, explorar ideas e descubrir que emprender tamén pode ser unha opción de futuro no rural. 💡

🏆💃🕺 O BAILE DEPORTIVO CEENSE TRIUNFA NA II COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA!🥇 Serena Díaz, Raúl Romero, Laura Marcote e Andrés ...
26/10/2026

🏆💃🕺 O BAILE DEPORTIVO CEENSE TRIUNFA NA II COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA!

🥇 Serena Díaz, Raúl Romero, Laura Marcote e Andrés Parga, do Club Arte e Movemento de Cee, acadaron uns magníficos resultados na II Copa Deputación da Coruña de Baile Deportivo, celebrada o sábado 24 de outubro no Palacio dos Deportes de Riazor.

Unha competición de gran nivel que reuniu a 325 deportistas de diferentes puntos de España e Portugal, con probas puntuables para o ranking nacional.

🏆 SERENA DÍAZ TOBA E RAÚL ROMERO SENDÓN

🥇 Campións da Copa Deputación na súa categoría.

🥇 Ouro en todas as modalidades de parella nas que participaron: Standard, Latinos, Salsa on 1, Salsa on 2, Bachata, Merengue, Salsa Shine Dúo e Bachata Shine Dúo.

🏅 Ademais, conseguiron dous ouros individuais cada un, nas modalidades de Salsa Shine e Bachata Shine.

🏆 LAURA MARCOTE E ANDRÉS PARGA

🥇 Primeiro posto na Copa Deputación na categoría Absoluta.

Nas probas puntuables para o ranking nacional conseguiron:

🥇 Ouro en Standard Absoluta.

🥇 Ouro en Latinos Absoluta.

🥈 Prata en Salsa on 2, Bachata, Merengue e Salsa on 1.

🏅 Nas probas individuais, Andrés acadou dous ouros en Salsa Shine e Bachata Shine, mentres que Laura conseguiu dúas pratas nas mesmas modalidades.

❤️ Desde o Concello de Cee queremos felicitar os catro deportistas polos seus extraordinarios resultados e recoñecer o traballo do Club Arte e Movemento, que continúa levando o nome de Cee ao máis alto do baile deportivo.

👏 Detrás de cada un destes éxitos hai talento, pero tamén moitas horas de adestramento, esforzo, constancia e dedicación.

Parabéns, Serena, Raúl, Laura e Andrés! Sodes un orgullo para Cee!❤️

📚🍂 NOVEMBRO CHEGA CON NOVAS ACTIVIDADES Á AXENCIA DE LECTURA DE BRENS!A Axencia de Lectura de Brens presenta dúas propos...
26/10/2026

📚🍂 NOVEMBRO CHEGA CON NOVAS ACTIVIDADES Á AXENCIA DE LECTURA DE BRENS!

A Axencia de Lectura de Brens presenta dúas propostas para que os máis pequenos gocen dos libros, dos contos e dos xogos durante o mes de novembro.

⚠️ PRAZAS LIMITADAS! É NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA.
📞 637 400 469
📧 [email protected]

🌰 VENRES 6 DE NOVEMBRO | MAGOSTO DE LIBROS
🕕 18:00 h
📍 Axencia de Lectura de Brens

Contos, lecturas e tradicións de outono.

🧩 XOVES 19 DE NOVEMBRO | OS CREBACABEZAS
🕕 18:00 h
📍 Salón de actos da Casa da Cultura de Brens

Xogos, enxeño e diversión arredor dos libros.

👧👦 Actividades dirixidas a nenos e nenas a partir de 3 anos.

📖 Animádevos a participar e a compartir novas experiencias arredor da lectura!

Dirección

Domingo Antonio De Andrade, S/n
Cee
15270

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
Martes 09:00 - 13:30
Miércoles 09:00 - 13:30
Jueves 09:00 - 13:30
Viernes 09:00 - 13:30

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cee publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Cee

Ver Todo