Concello de Mondariz

Cómo llegar Página web

Concello de Mondariz Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Concello de Mondariz, Organización gubernamental, Merouces, 16, Mondariz.

Mondariz é un concello da comarca do Condado, na provincia de Pontevedra, constituido por doce parroquias (Frades, Gargamala, Lougares, Meirol, Mondariz, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Toutón, Vilar e Vilasobroso).

30/10/2026

💡 Dende o Concello de Mondariz realizamos a instalación de novas luminarias no camiño principal acceso ao cemiterio de Gargamala, mellorando a visibilidade e a seguridade das persoas que transitan pola zona 🚶‍♂️

🌿 Seguimos traballando no mantemento e na mellora dos espazos públicos das nosas parroquias, atendendo ás necesidades da veciñanza.

🎥 Amosámosvos neste vídeo o resultado da actuación!

🎬 O Ciclo Mestre Mateo xa fixo parada en Meirol, Mouriscados, Queimadelos e Vilasobroso, achegando o noso cinema á veciñ...
29/10/2026

🎬 O Ciclo Mestre Mateo xa fixo parada en Meirol, Mouriscados, Queimadelos e Vilasobroso, achegando o noso cinema á veciñanza e convertendo cada sesión nunha oportunidade para desfrutar da cultura en comunidade. 🍿

📸 Compartimos algunhas imaxes destes encontros, que nos lembran a importancia de levar a cultura a cada recuncho do noso concello.

❤️ Grazas a todas as persoas que vos achegastes a participar e a seguir apoiando o audiovisual galego!

🖤 COMUNICADO | Aprazamento de actividades municipais.En sinal de respecto e solidariedade coas vítimas do tráxico accide...
29/10/2026

🖤 COMUNICADO | Aprazamento de actividades municipais.
En sinal de respecto e solidariedade coas vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido onte en Toledo, quedan adiadas as actividades previstas durante os días de loito decretados.

📅 As novas datas de celebración anunciaranse proximamente a través das redes sociais oficiais do Concello.

Agradecemos a comprensión de toda a veciñanza.

29/10/2026

🎉 Así vivimos a Festa da Troula en Mondariz!
Unha xornada chea de música e compañía veciñal 🎶

🎥 Revivimos un anaquiño da festa neste vídeo. Grazas a todas as persoas que participastes!

⚫ COMUNICADO OFICIAL | Cancelación de actividades municipaisO Concello de Mondariz informa de que, debido ao loito ofici...
29/10/2026

⚫ COMUNICADO OFICIAL | Cancelación de actividades municipais

O Concello de Mondariz informa de que, debido ao loito oficial decretado polo tráxico accidente ferroviario ocorrido na provincia de Toledo, quedan canceladas todas as actividades organizadas polo Concello ata as 24:00 horas do sábado 31 de outubro de 2026.

Esta medida adóptase en sinal de respecto e solidariedade coas vítimas e coas súas familias.

📅 As actividades que poidan ser reprogramadas contarán con novas datas, que se comunicarán proximamente a través das redes sociais oficiais do Concello.

Agradecemos a comprensión de toda a veciñanza e reiteramos as nosas máis sinceras condolencias ás persoas afectadas.

👌 Cemiterios preparados para as celebracións de Todos os Santos e Defuntos.Desde o Concello de Mondariz realizamos os co...
29/10/2026

👌 Cemiterios preparados para as celebracións de Todos os Santos e Defuntos.

Desde o Concello de Mondariz realizamos os correspondentes traballos de limpeza, mantemento e acondicionamento dos cemiterios municipais, co obxectivo de que se atopen nas mellores condicións para estas datas tan sinaladas.

🌿 Unhas labores que buscan facilitar as visitas da veciñanza e garantir espazos coidados e dignos para lembrar e homenaxear aos nosos seres queridos.

🍄 Prazas esgotadas para o II Roteiro Micolóxico de Mondariz!🌿👏 Moitas grazas pola gran acollida desta actividade e polo ...
29/10/2026

🍄 Prazas esgotadas para o II Roteiro Micolóxico de Mondariz!

🌿👏 Moitas grazas pola gran acollida desta actividade e polo voso interese en descubrir e coñecer mellor a riqueza natural dos nosos montes.

🥾 Vémonos o próximo 7 de novembro para desfrutar dunha xornada de natureza e aprendizaxe!

⚫ O Concello de Mondariz súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memoria das v...
28/10/2026

⚫ O Concello de Mondariz súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido hoxe na provincia de Toledo.

Farase un minuto de silencio hoxe 🕗 Ás 20:00 h 📍 Diante da Casa do Concello de Mondariz.

Convidamos a toda a veciñanza a participar neste acto de lembranza, respecto e solidariedade coas vítimas, coas persoas feridas e coas súas familias.

Desde o Concello de Mondariz trasladamos as nosas máis sinceras condolencias e todo o noso apoio ás persoas afectadas por esta traxedia.

⬛ Memoria, respecto e dignidade.O Concello de Mondariz participou recentemente no acto de homenaxe ás vítimas do franqui...
27/10/2026

⬛ Memoria, respecto e dignidade.
O Concello de Mondariz participou recentemente no acto de homenaxe ás vítimas do franquismo.

Foi un encontro de lembranza e recoñecemento a todas aquelas persoas que sufriron a represión franquista, mantendo viva a súa memoria e reivindicando a importancia de coñecer e preservar a nosa historia.

Desde o Concello reafirmamos o noso compromiso coa memoria democrática, coa dignidade das vítimas e cos valores de liberdade, xustiza e respecto aos dereitos humanos.

🕊️ Lembrar tamén é un acto de xustiza.

🌿 Descubrindo os segredos que agocha a nosa natureza!A pasada semana desfrutamos dunha charla expositiva e do roteiro de...
27/10/2026

🌿 Descubrindo os segredos que agocha a nosa natureza!
A pasada semana desfrutamos dunha charla expositiva e do roteiro de plantas silvestres 🌱 dúas actividades que nos permitiron coñecer mellor a riqueza natural da nosa contorna 🍃

📸 Compartimos algunhas imaxes destas xornadas de aprendizaxe e contacto coa natureza, nas que descubrimos a importancia de coñecer, valorar e respectar a biodiversidade que nos rodea 💚

Dirección

Merouces, 16
Mondariz

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Mondariz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Mondariz

Ver Todo