A Casa das Redes SCG

  • Home
  • A Casa das Redes SCG
Contact the organization

A Casa das Redes SCG S. Coop. Galega | Val Miñor
✨

Como foi setembro por estes lares? 😌Contámosvos 👇🏾✨ Estivemos enredando no Punto Lila, Diverso e Seguro no festival Osa ...
29/10/2026

Como foi setembro por estes lares? 😌

Contámosvos 👇🏾

✨ Estivemos enredando no Punto Lila, Diverso e Seguro no festival Osa do Mar do Concello De Burela nas festas do San Migheleiro do Concello de Marín e en Compostela no evento “O Encontro: podemos falár? da man do proxecto DemocraZia con Z.

🧚🏼‍♂️ Arrancamos o Plan Corresponsables, no IES de Cacheiras e no CEIP Os Tilos en Teo con ‘’Teo, sen tabús’’ no IES Val do Asma y IES Lama das Quendas en Chantada con ‘’Sen Filtros’’ e no CEIP Antas de Ulla en Monterroso con “Coidar é cousa de todas e todos: laboratorio de corresponsabilidade na comunidade educativa de Antas de Ulla” acompañades de Boca A Boca

🫂Estivemos escribindo un artigo para a publicación ‘’Raíz’’ sobre o I Encontro Ibérico de Culturas Vivas Comunitárias que deu certo en Marzo en Montes de Couso contaremos-vos mais noutra publicación

🌿 *ENCONTRO DE FESTIVAIS AUTOXESTIONADOS*Ola! ❤️Desde *Festa Raxada, a Comunidade de Montes de Couso e A Casa das Redes*...
28/10/2026

🌿 *ENCONTRO DE FESTIVAIS AUTOXESTIONADOS*

Ola! ❤️

Desde *Festa Raxada, a Comunidade de Montes de Couso e A Casa das Redes* queremos convidarvos a unha xornada para coñecernos, compartir experiencias e dificultades e tecer redes entre festivais e colectivos que apostamos pola cultura comunitaria e a autoxestión.

📅 *15 de novembro | 12:00 a 17:00 h*
📍 *Casa Veciñal de Couso (Gondomar)*
🍲 *Con xantar comunitario!*

Queremos que sexa un encontro próximo, participativo e sen grandes formalidades. Encantaríanos contar convosco!

📝 *Inscricións:* https://forms.gle/tCMU2MM39Uturjcs7

Axudádesnos a difundilo? ❤️

*Apertas!*

🥁 NESTE MUÍÑO SI QUE HAI MUIÑADA! 🌰As muiñadas eran moito máis que ir moer o gran. Eran encontros, música, baile, conver...
20/10/2026

🥁 NESTE MUÍÑO SI QUE HAI MUIÑADA! 🌰

As muiñadas eran moito máis que ir moer o gran. Eran encontros, música, baile, conversas e comunidade. Eran unha escusa perfecta para xuntarse, compartir e facer festa.

E nós queremos seguir facendo iso: recuperar os espazos de encontro, manter vivas as nosas tradicións e celebrar o que construímos en común.

🔥 O 21 de novembro chega o MAGOSTO RAXADO!

Muíño do Porto de Molle, Nigrán
A partir das 18:00 h

🌰 Castañas
🎶 Foliada aberta
🎟️ Sorteos
🎨 Obradoiros
🍻 Barra

Trae a túa pandeireta, o teu instrumento, as ganas de bailar ou simplemente de compartir unha noite con nós.

Porque a cultura popular non é algo que só se lembra: é algo que se fai, se vive e se comparte.

Organizamos dende Festa Raxada, A Casa das Redes e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso.

Vémonos na muiñada! ❤️

Nigrán ValMiñor CulturaComunitaria

🥁 AMPLIAMOS HORARIOS E ABRIMOS NOVAS PRAZAS! 🥳✨Milleiros de grazas pola acollida e polo interese que amosachedes na Esco...
14/10/2026

🥁 AMPLIAMOS HORARIOS E ABRIMOS NOVAS PRAZAS! 🥳✨

Milleiros de grazas pola acollida e polo interese que amosachedes na Escola de Música Tradicional de Nigrán! Pola gran resposta e ao éxito das primeiras clases propostas para esta andaina da nova escola, decidimos abrir novos grupos e novos horarios para que ninguén quede coas ganas de facer parte 🧚🏽‍♂️

Así que, se no seu momento quedaches sen praza ou se aínda estás pensando en comezar, esta é a túa oportunidade! 🙌

Aínda estás a tempo de aprender canto, baile, pandeireta, gaita, violín folk ou percusión no Muíño de Porto do Molle. Non precisas experiencia previa, só ganas de compartir, tocar e facer comunidade connosco.

Podes inscribirte a través do enlace: https://forms.gle/yMHX5T7fzQZfuPta6 🫶🏾 (que tamén o tendes no link da nosa biografía de Instagram)

E resolver as túas dúbidas a través do mail: [email protected]

Grazas por facer que a tradición siga ben viva 💙

🏳️‍🌈 AQUÍ TAMÉN PASOU. AQUÍ TAMÉN (RE)CONSTRUÍMOS A HISTORIA. ✨Durante moito tempo moitas de nós medramos baixo o imaxin...
09/10/2026

🏳️‍🌈 AQUÍ TAMÉN PASOU. AQUÍ TAMÉN (RE)CONSTRUÍMOS A HISTORIA. ✨

Durante moito tempo moitas de nós medramos baixo o imaxinario de que as nosas vidas só existían nas grandes cidades. Que para ser, para amar ou para transitarmos sen medo había que fuxir, había que sexiliarse. Pero o Val Miñor e a comarca de Vigo tamén ten memoria q***r, tamén ten orgullo e ten historias que merecen ser recollidas, valorizadas e contadas.

Despois do traballo realizado nos obradoiros e unidades didácticas cos máis novos na campaña ''Baiona Diversa: Memoria, voz e rúa'', damos un paso máis: queremos rescatar do esquecemento todas esas vivencias que teñen como escenario o Val Miñor: Nigrán, Gondomar e Baiona e a comarca de Vigo, e como argumento as realidades diversas que atravesan os territorios da nosa contorna.

🧚🏼‍♂️ BUSCAMOS A TÚA VOZ E A TÚA MEMORIA 📣

📸 Tés fotos antigas, cartas ou gardas recordos de como se vivía a diversidade no Val Miñor e na comarca de Vigo de hai anos?

💬 Viviches aquí a túa identidade ou lembras como era o ambiente, os lugares de encontro ou as festas?

📖 Guardas unha historia de amor, de resistencia ou de desamor (túa ou de alguén que xa non está)?

Non deixemos que a historia a escriban sempre outros. As nosas vidas, as nosas loitas e os nosos afectos son parte fundamental do patrimonio humano, emocional e cultural do Val Miñor e da comarca de Vigo.

📥 COMO PARTICIPAR?
Podes compartir connosco o teu relato ou material. A través de:

💬 Escríbenos polo instagram ou facebook
📧 Correo electrónico: [email protected]
📱 WhatsApp: 604 00 81 64

(Podes facelo de xeito totalmente ANÓNIMO se o prefires)

Porque aquí tamén pasou. Porque aquí tamén estamos. E por qué decidir quedarnos nas nosas vilas é un acto político e de amor a nosa comunidade.

Axúdanos a reconstruír a nosa memoria colectiva! ✊🏼✨

🌿 VOLVEMOS CON SER COOPERATIVA!Do 6 ao 8 de novembro vémonos na Talangreira do Beque, en Moaña, para celebrar a segunda ...
08/10/2026

🌿 VOLVEMOS CON SER COOPERATIVA!

Do 6 ao 8 de novembro vémonos na Talangreira do Beque, en Moaña, para celebrar a segunda edición de SER COOPERATIVA, un encontro de convivencia do cooperativismo galego.

Tres días para poñernos cara, coñecer o que fan outras cooperativas, compartir experiencias e descubrir todo o que podemos facer xuntas.

Queremos que deste encontro saian novas alianzas, colaboracións, proxectos compartidos e, sobre todo, unha rede de cooperativas que se coñezan, se apoien e conten unhas coas outras.

Haberá tempo para conversar, traballar de maneira informal, participar en xogos e dinámicas, coñecer a contorna do Morrazo e, por suposto, convivir, rir e pasalo ben.

Quen pode vir?
🌱 Cooperativas que están comezando.
🌱 Cooperativas con anos de experiencia.
🌱 Persoas que están pensando en montar unha cooperativa.

📅 6, 7 e 8 de novembro de 2026
📍 A Talangreira do Beque, Moaña
🏡 Aloxamento: 30 € por persoa.
🍽️ Pensión completa: 55 € por persoa.

📝 Inscricións abertas no link da bio

Tamén podes atopar o formulario na nosa biografía.

Porque cooperar tamén é coñecernos, compartir tempo e construír confianza. 💚

Vémonos no Beque!

EspazoCoop Moaña

REPRESENTACIÓN TEATRAL DOS NOSOS BEN QUERIDOS MAIORES DA CASA DO MAIOR DE VILADESUSO 🎭O vindeiro 9 de outubro ás 18:30h ...
07/10/2026

REPRESENTACIÓN TEATRAL DOS NOSOS BEN QUERIDOS MAIORES DA CASA DO MAIOR DE VILADESUSO 🎭

O vindeiro 9 de outubro ás 18:30h temos unha cita moi especial en Viladesuso que non vos podedes perder! A Casa do Maior de Viladesuso presenta unha peza teatral para xerar encontro, arte, música, risas, comunidade e veciñanza 🌸✨🙏🏽

Despois da representación imos a Casa Veciñal de C.M.V.M.C. Viladesuso onde vimos tecendo e construír cos maiores A Casa do Maior de Viladesuso dende Marzo. 💜 Alí coñeceremos as instalacións e coñeceredes o noso día a día. E como todo encontro comunitario non nos pode faltar facer unha merendiña colaborativa (trae algo para compartir💋) musiquiña, festiña e si ou si botarlle uns bailes 😚🧚🏽‍♂️

Vémonos no Mogollón! ❤️

Así somos: xa en setembro, que chegou con “su oh, Dios mío”, e nós sen contarvos como foi agosto! 😏🩵🧚🏼‍♂️ Estivemos acom...
23/09/2026

Así somos: xa en setembro, que chegou con “su oh, Dios mío”, e nós sen contarvos como foi agosto! 😏🩵

🧚🏼‍♂️ Estivemos acompañando e facendo barrio coas marabillosas crianzas do campamento urbano do Concello de Baiona, en dúas quendas: a 1ª do 1 ao 15 e a 2ª do 16 ao 31. ✨

🏳️‍🌈 Saíu adiante o 1º Curso oficial de Monitoras de Tempo Libre na nosa ben querida Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso, cun grupo icónico que nos agasallou cunha experiencia ben linda. Grazas a todas! 🥰

✨ Seguemos acompañando e facendo vila cos maiores de a Casa do Maior de Viladesuso 💙

🌿 Formamos parte, xunto a festA RAXADA da festa comuneira de Montes de Couso . 🫂

🍋 Chegamos ata a aldea do Couto, en Ponteceso, para sumarnos á coordinación do campo de voluntariado “Alí, Xaz”, indo da man das amigas de festiletras. 🌈

💜 Polo medio, estivemos co Punto Lila, Seguro e Diverso na Festa Corsaria de Marín. E tamén despedindo agosto e recibindo setembro co corazón cheo no mellor festival do país: TREMETERRA | Free Soundsystem Festival ! ❤️‍🔥 Grazas por tanto!

En nada vos contamos como está a ser setembro... Aínda así, podedes ir cheirando algo nas historias! 💕

Bicos grandes amigues 🧚🏼‍♂️

21/09/2026
Aínda estamos superando a gran acollida da presentación da Escola Tradicional de Nigrán 🥹Grazas a todes les alumnes que ...
10/09/2026

Aínda estamos superando a gran acollida da presentación da Escola Tradicional de Nigrán 🥹

Grazas a todes les alumnes que acompañáronnos no verao, e benvides a todes os que nos ides acompañar nesta gran e linda aventura 💖

Grazas infinitas a ♧Diego por ser, estar, crear e acompañar dende ese ser lindo que o envolve. E tamén Grazas o Concello de Nigrán por facilitar e facer parte ✨

Se queres inscribirte, aínda estás a tempo! Entra no link do noso perfil e fai parte deste soño colectivo que vincula comunidade, cultura, música, país e territorialidade 🫶🏾🌿💕

Address

Viladesuso

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when A Casa das Redes SCG posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Organization

Send a message to A Casa das Redes SCG:

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed government service?

Share

Nearby government services