Concello Oza-Cesuras

Cómo llegar Página web

Concello Oza-Cesuras Información oficial do Concello de Oza-Cesuras. Podes seguirnos tamén en Twitter como e en Instagram como .

🖤 OZA-CESURAS, EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE FERROVIARIO DE TOLEDOAnte o tráxico accidente ferroviario ocorrido ho...
28/10/2026

🖤 OZA-CESURAS, EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE FERROVIARIO DE TOLEDO

Ante o tráxico accidente ferroviario ocorrido hoxe na provincia de Toledo, o Concello de Oza-Cesuras únese á convocatoria da FEMP e convoca a veciñanza a participar nun minuto de silencio como mostra de respecto e lembranza das vítimas.

📍 Hoxe, ás 20:00 h, diante da sede do Concello en Oza.

Desde o Concello queremos expresar o noso pesar por esta traxedia e trasladar todo o noso agarimo ás familias e persoas achegadas ás vítimas, así como os nosos mellores desexos de recuperación para as persoas feridas.

🖤 O noso pensamento está con todas as persoas afectadas e co persoal dos servizos de emerxencia que traballa nesta situación.

Onte, durante a misa da parroquia de Cines, compartimos un momento especial para a nosa comunidade: a despedida do padre...
19/10/2026

Onte, durante a misa da parroquia de Cines, compartimos un momento especial para a nosa comunidade: a despedida do padre Slawomir e a benvida ao padre Blas.

Desde o Concello de Oza-Cesuras queremos agradecer ao padre Slawomir a súa dedicación e labor durante este tempo, desexándolle o mellor nesta nova etapa.

Ao padre Blas, trasladámoslle a nosa máis cordial benvida e os nosos mellores desexos nesta nova andaina pastoral, agardando que se sinta acollido e acompañado pola nosa veciñanza.

🤍 Grazas a ambos polo seu compromiso coa comunidade.

🎾 Xa podes reservar as pistas municipais de pádel e tenis de Oza-Cesuras!Informamos de que xa está dispoñible a platafor...
16/10/2026

🎾 Xa podes reservar as pistas municipais de pádel e tenis de Oza-Cesuras!

Informamos de que xa está dispoñible a plataforma para realizar as reservas das pistas municipais de pádel e tenis.

📲 Podes facer a túa reserva de dúas formas:
🔹 Escaneando o código QR da imaxe.
🔹 Accedendo directamente a través da seguinte ligazón:
🔗 https://adminv2.appgalileo.com/reservas_galileo/9088a07e-adf5-41ea-928d-7c5f74e6ff8e

⚠️ Importante: comprobarase que a persoa que realiza a reserva estea empadroada no Concello de Oza-Cesuras.

Anímate a desfrutar das nosas instalacións deportivas! 💪

Oza-Cesuras acompaña á Garda Civil na celebración do Día do PilarO Concello de Oza-Cesuras estivo representado onte, 12 ...
13/10/2026

Oza-Cesuras acompaña á Garda Civil na celebración do Día do Pilar

O Concello de Oza-Cesuras estivo representado onte, 12 de outubro, na celebración relixiosa que tivo lugar en Betanzos con motivo da festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, coincidindo co Día da Hispanidade.

Unha ocasión para mostrar o recoñecemento institucional ao labor que desenvolve a Garda Civil e agradecer a súa dedicación e compromiso coa protección e a seguridade da cidadanía.

🛍️ MERCANAVILA 2026 | Apoio ao comercio localA Deputación da Coruña pon en marcha unha nova edición do programa MercaNaV...
11/10/2026

🛍️ MERCANAVILA 2026 | Apoio ao comercio local

A Deputación da Coruña pon en marcha unha nova edición do programa MercaNaVila, unha iniciativa destinada a fomentar as compras no comercio local dos concellos da provincia.

📅 Datas importantes:
▪️ Adhesión dos comercios: do 6 ao 20 de outubro de 2026, ás 9:00 h.
▪️ Descarga dos bonos: do 20 de outubro ao 20 de novembro de 2026, ou ata esgotar o orzamento dispoñible.

💶 O programa conta cun orzamento total de 5 millóns de euros para incentivar as compras no comercio local.

📍 Poden beneficiarse desta iniciativa as persoas maiores de 18 anos, independentemente do seu lugar de residencia, que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

🤝 Apostar polo comercio local é apoiar os negocios de proximidade, dinamizar a economía e contribuír ao desenvolvemento dos nosos concellos.

ℹ️ Consulta toda a información e as bases da convocatoria na web da Deputación da Coruña.

🏡 Oza-Cesuras súmase ao novo impulso á atención das persoas maioresEsta semana celebrouse o acto de presentación do novo...
10/10/2026

🏡 Oza-Cesuras súmase ao novo impulso á atención das persoas maiores

Esta semana celebrouse o acto de presentación do novo proxecto da Xunta de Galicia para ampliar a rede de atención residencial ás persoas maiores, no que estivo presente o alcalde de Oza-Cesuras, representando o noso concello.

✅ O plan contempla 25 novas residencias e máis de 1.800 prazas residenciais, das que, como mínimo, o 60 % serán públicas, co obxectivo de reforzar os servizos de atención e facilitar que as persoas maiores poidan permanecer preto da súa contorna.

🤝 Oza-Cesuras forma parte desta iniciativa, que busca ampliar os recursos asistenciais no rural e avanzar cara a un modelo de coidados máis próximo e de calidade.

💙 Seguimos avanzando na mellora da atención ás persoas maiores e no reforzo dos servizos que contribúen ao benestar da nosa veciñanza.

🎤😂 BUSCAMOS O TEU MELLOR CHISTE!Volverá á Televisión de Galicia Moito Chiste, o programa presentado por Touriñán, e esta...
10/10/2026

🎤😂 BUSCAMOS O TEU MELLOR CHISTE!

Volverá á Televisión de Galicia Moito Chiste, o programa presentado por Touriñán, e esta vez virán gravar a Oza-Cesuras o vindeiro 20 de outubro! 📹

Buscamos veciñas e veciños con ganas de participar e compartir o seu sentido do humor. Anímaste?

📌 Que necesitas para participar?

* 🎥 Un vídeo contando un chiste en galego.
* 📝 Nome completo e idade.
* 📱 Teléfono e localidade de residencia.
* 📸 Unha foto actual.

📩 Podes enviar o teu material a [email protected] ou por WhatsApp no 654 363 966.

📣 Se estás interesado/a en participar, ponte en contacto co Concello de Oza-Cesuras a través dos números de teléfono habituais.

Agardamos por vós! Que en Oza-Cesuras temos moito humor que compartir! 😄

💙 Grazas, Padre Slawomir!Dende o Concello de Oza-Cesuras e as parroquias nas que o Padre Slawomir Kondzior oficiou misa ...
09/10/2026

💙 Grazas, Padre Slawomir!

Dende o Concello de Oza-Cesuras e as parroquias nas que o Padre Slawomir Kondzior oficiou misa durante este tempo, queremos agradecerlle todo o cariño, amabilidade, dedicación e profesionalidade que sempre mostrou cos nosos veciños e veciñas.

Agora que inicia unha nova etapa e será trasladado a outra zona, queremos desexarlle moita sorte e moitos éxitos neste novo camiño.

Grazas por todo o compartido e por formar parte, durante este tempo, da vida das nosas parroquias. 🤍

Moita sorte, Padre Slawomir!

🏃‍♀️ Comezamos o curso deportivo en Oza-Cesuras! 💪Xa están en marcha as Actividades Deportivas para Adultos 2026/27 do C...
07/10/2026

🏃‍♀️ Comezamos o curso deportivo en Oza-Cesuras! 💪

Xa están en marcha as Actividades Deportivas para Adultos 2026/27 do Concello de Oza-Cesuras, e queremos compartir con vós algunhas imaxes destes primeiros días de clase. 📸

Pilates, ioga, ximnasia de mantemento, tai-chi, zumba, tonificación, body balance… diferentes propostas para movernos, coidarnos e, tamén, desfrutar en compañía. 🧘‍♀️🧘‍♂️

Grazas a todas as persoas que vos animastes a participar e por encher de vida estes primeiros días de actividade. 💚

Seguimos movéndonos, aprendendo e coidándonos en Oza-Cesuras!
Porque o deporte tamén constrúe concello. 💪

🎉 GRANDES FESTAS DE SAN MAMEDE DE BRAGADE – CESURAS 🎉Xa están aquí as festas na honra a San Mamede de Bragade, con tres ...
06/10/2026

🎉 GRANDES FESTAS DE SAN MAMEDE DE BRAGADE – CESURAS 🎉

Xa están aquí as festas na honra a San Mamede de Bragade, con tres días cheos de música, gastronomía e actividades para todas as idades. 🥳

📅 Venres 9 de outubro
🍖A partir das 20:30 h — Churrasco e polbo
🎶 Gran verbena con D’Vicio e New York

📅 Sábado 10 de outubro
⛪ 13:00 h — Misa solemne e procesión
💃 Baile do mediodía con Dilema
🎈 18:00 h — Xogos infantís no Campo da Festa

📅 Domingo 11 de outubro
⛪ 13:00 h — Misa solemne e procesión ata o cruceiro
🎺 14:00 h — Sesión vermú con Aixa Romai, Desligados, Nere y los Fridays e Los Constantes
🥘 15:00 h — Gran paellada
🎶 19:00 h — Gran fin de festa coa orquestra Los Satélites

📍 Bragade – Cesuras

Unha fin de semana para desfrutar da festa, da música e de compartir en comunidade. 💚

Dirección

Lois, 33
Oza
15388

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello Oza-Cesuras publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos