BNG Pontevedra

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

BNG Pontevedra Páxina oficial do Bloque Nacionalista Galego en Pontevedra

O nacionalismo é a resposta contra unha situación de dependencia económica, opresión cultural e política de Galiza que imposibilita a transformación e benestar da sociedade. Defende un programa para a gran maioría da sociedade galega.

* Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.

* Defensa da democracia e dos intereses populares.

* Necesidade de autoorganización política e social e non dependencia nas relacións de Galiza.

* Solidariedade, antiimperialismo, paz e desarme no concerto internacional.

* Un modelo social que promova un desenvolvemento socioeconómico contrario á dependencia e a prol do benestar de todo o pobo.

21/10/2026

Dende o BNG traballamos para que os problemas dos galegos e das galegas se atendan dende o goberno do Estado. Traballamos para poder vivir mellor neste país ✊🏼

Cóntancho Carme da Silva e Néstor Rego, os nosos representantes nas Cortes do Estado, ata que o 29-N sexan moitas máis! 😉

❓ Até 23 preguntas sobre Pontevedra chegaron ao Congreso dos Deputados.🙋 17 delas foron do BNG, coa vivenda, as infraest...
20/10/2026

❓ Até 23 preguntas sobre Pontevedra chegaron ao Congreso dos Deputados.

🙋 17 delas foron do BNG, coa vivenda, as infraestruturas e a calidade dos servizos públicos como eixo principal.

❗As outras 6 preguntas fixéronas entre outras 4 formacións políticas, xuntando 22 deputados pola Galiza fronte a 1 do BNG.

O BNG é a forza que defende Galiza, que defende Pontevedra!

05/10/2026

Fumos varios miles de persoas as que saímos hoxe ás rúas de Pontevedra polo dereito a vivenda!! 🏘️

Dende o BNG de Pontevedra témolo claro. Estaremos sempre na defensa dos dereitos de todos e todas as cidadáns desta cidade ✊🏼



26/09/2026

O Mundial de Tríatlon de Pontevedra tamén é un espazo para expresar o noso apoio ao pobo palestino, que segue a sufrir a barbarie sionista ante os ollos do mundo.

Acompañamos na súa carreira a George Hatoum, atleta palestino, como mostra de irmandade e solidariedade do pobo galego coa súa loita.

Paremos o xenocidio! Palestina libre!

Onte demos inicio a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón, coa cabeza e o corazón na Palestina 🇵🇸Dende Pontevedra r...
24/09/2026

Onte demos inicio a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón, coa cabeza e o corazón na Palestina 🇵🇸

Dende Pontevedra reafirmamos o noso compromiso e solidariedade co pobo palestino e esiximos ao Estado sionista de Israel que poña fin ao xenocidio e á ocupación dos territorios palestinos.

23/09/2026

O PP minte, pero... a quen quere enganar?

Seguimos traballando para facer de Pontevedra, os seus barrios e as súas parroquias mellores sitios para vivir!!

04/09/2026

O Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo bota a andar!!

Pontevedra leva anos apostando e sendo referente no ámbito creativo: tecido empresarial, investigación e moito talento!!

Despois de moito traballo, por fin ten o seu espazo propio.

Pontevedra e toda Galiza saíron á rúa pola paz, contra o militarismo, a OTAN e a guerra, para apoiar as reivindicacións ...
06/02/2026

Pontevedra e toda Galiza saíron á rúa pola paz, contra o militarismo, a OTAN e a guerra, para apoiar as reivindicacións da Plataforma Galiza pola Paz:
1. Denunciamos o carácter imperialista e agresivo da OTAN.
2. Rexeitamos o rearme europeo e os pactos ao servizo das oligarquías.
3. Esiximos neutralidade, a retirada das tropas e o fin do gasto militar.
4. Condenamos a submisión da Xunta á maquinaria bélica.
5. Rexeitamos o espolio dos recursos e o uso militar de Galiza.
6. Comprometémonos cunha posición firme pola paz e contra a OTAN.
7. Chamamos a mobilizarnos contra a guerra e o discurso belicista.

Non ao imperialismo. Non á guerra.

Dirección

Pontevedra

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Pontevedra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a BNG Pontevedra:

Atajos

Compartir