Concello de Portas

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Portas Conta oficial. Hoxe, mañá e sempre, benvid@s a Portas.

👻 Chega a Portas un musical para tremer de medo… e de risa! 🎭O vindeiro sábado 14 de novembro, o Auditorio da Azucreira ...
29/10/2026

👻 Chega a Portas un musical para tremer de medo… e de risa! 🎭

O vindeiro sábado 14 de novembro, o Auditorio da Azucreira acolle “A Tenda dos Horrores”, unha proposta teatral do Grupo Arco Iris que nos leva ata unha pequena floraría de Nova York nos anos 50, onde Seymour comeza a coidar unha misteriosa planta que acabará poñendo patas arriba a vida de todos os que o rodean. 🌱😱

📍 Auditorio da Azucreira de Portas
📅 Sábado 14 de novembro
🕖 19:00 horas

Un plan perfecto para g***r dunha tarde diferente en Portas. Agardámosvos!

APRAZAMENTO DO CONCERTO DE MARLENA 📢 Con motivo dos tres días de loito oficial decretados tras o tráxico accidente ferro...
29/10/2026

APRAZAMENTO DO CONCERTO DE MARLENA 📢

Con motivo dos tres días de loito oficial decretados tras o tráxico accidente ferroviario ocorrido en Toledo, desde Cadena 100 e a discográfica de Marlena comunicáronnos a decisión de aprazar o concerto previsto en Portas, en sinal de respecto e solidariedade coas vítimas e coas súas familias.

As entradas xa adquiridas seguirán sendo válidas para a nova data, que será comunicada proximamente.

Desde o Concello de Portas trasladamos as nosas máis sinceras condolencias ás familias e persoas achegadas ás vítimas, así como todo o noso apoio ás persoas afectadas por esta traxedia.

Grazas pola vosa comprensión. 🖤

🖤 O Concello de Portas gardou hoxe un minuto de silencio en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario.Desde P...
28/10/2026

🖤 O Concello de Portas gardou hoxe un minuto de silencio en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario.

Desde Portas trasladamos as nosas máis sinceras condolencias ás familias das vítimas e todo o noso apoio ás persoas feridas e afectadas.

Todo o noso agarimo e solidariedade. 🖤

Un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo. 🖤Hoxe, ás 20:00 horas, gardaremos un minuto de s...
28/10/2026

Un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo. 🖤

Hoxe, ás 20:00 horas, gardaremos un minuto de silencio diante da Casa do Concello de Portas, sumándonos á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Queremos trasladar, dende a distancia, todo o noso agarimo, apoio e solidariedade ás vítimas e ás súas familias.

📍 Diante da Casa do Concello de Portas
🕗 Hoxe, mércores 28 de outubro, ás 20:00 h

👩🏼‍🍼 A atención temperá é fundamental para favorecer o desenvolvemento infantil e promover a igualdade de oportunidades ...
28/10/2026

👩🏼‍🍼 A atención temperá é fundamental para favorecer o desenvolvemento infantil e promover a igualdade de oportunidades desde os primeiros anos de vida.

O Concello de Portas é beneficiario das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá durante o período 2024-2026.

🧩 Estas axudas teñen como obxectivo favorecer a autonomía persoal dos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento, promovendo a súa inclusión social e a igualdade de oportunidades.

🇪🇺 Esta iniciativa está cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

ℹ️ Pide máis información nos Servizos Sociais do Concello

🪪 Recordámosvos que o vindeiro 2 de novembro, unha unidade móbil da Policía Nacional desprazarase ata Caldas de Reis par...
27/10/2026

🪪 Recordámosvos que o vindeiro 2 de novembro, unha unidade móbil da Policía Nacional desprazarase ata Caldas de Reis para realizar xestións relacionadas co DNI e o pasaporte.

📌 Para ser atendido/a é necesario contar con cita previa:
📞 No teléfono 986 540 002 (extensión 1)
🏢 Presencialmente, nas dependencias da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

📅 A seguinte data prevista será o 16 de novembro.

Comparte esta información con quen lle poida interesar!

No Auditorio da Azucreira de Portas volvéronse escoitar moitas gargalladas! 🎭E a culpable foi «Aquí as fabas, a caldeira...
26/10/2026

No Auditorio da Azucreira de Portas volvéronse escoitar moitas gargalladas! 🎭

E a culpable foi «Aquí as fabas, a caldeiradas!», da Asociación Cultural Abázcaro, que chegou ao escenario dentro do IV Ciclo de Teatro de Portas.

Unha comedia chea de enredos familiares, situacións inesperadas e moito humor que fixo g***r ao público de principio a fin. 😆

Grazas á Asociación Cultural Abázcaro por facernos pasar un sábado tan divertido e a todas as persoas que nos acompañaron nesta segunda cita do ciclo!

Deixámosvos os mellores momentos da representación! 💙

A Fábrica da Azucreira enchou Portas de talento local e tradición! 💙🎨O pasado sábado recibimos a visita da Lacena Pequen...
26/10/2026

A Fábrica da Azucreira enchou Portas de talento local e tradición! 💙🎨

O pasado sábado recibimos a visita da Lacena Pequena, un proxecto cultural itinerante que nos permitiu g***r dunha tarde moi especial arredor dos saberes e artes galegos.

🧺 A cestería, a costura e o traballo da madeira compartiron protagonismo coa poesía e coa música da Banda Infantil da Escola de Música de Portas, nunha xornada chea de cultura e talento.

Grazas a todas as persoas participantes e á veciñanza que nos acompañou e contribuíu a facer desta unha tarde tan especial!

Deixámosvos algunhas imaxes do vivido! 📸

Sabías que xa non necesitas levar o carné da biblioteca na carteira? 📱 Agora podes telo directamente no móbil a través d...
24/10/2026

Sabías que xa non necesitas levar o carné da biblioteca na carteira? 📱 Agora podes telo directamente no móbil a través da app da Rede de Bibliotecas de Galicia e empregar o seu código de barras cando o necesites.

E, ademais, tamén podes levar a biblioteca contigo grazas a GaliciaLe, a plataforma de préstamo dixital das bibliotecas públicas galegas, onde podes acceder a libros electrónicos, audiolibros, revistas e outros contidos. 📚✨

Así que, neste Día das Bibliotecas, dende o Concello de Portas lembrámosche que xa non tes escusa para deixar a lectura na casa. 😉

Porque as bibliotecas tamén avanzan connosco.

Sabías que un contedor marítimo pode converterse nun espazo cheo de cultura? 🎨Iso é A Lacena Pequena! Un proxecto cultur...
22/10/2026

Sabías que un contedor marítimo pode converterse nun espazo cheo de cultura? 🎨

Iso é A Lacena Pequena! Un proxecto cultural itinerante que percorre Galicia para dar vida aos nosos saberes, tradicións e expresións artísticas e poñelos en valor.

📍 Este sábado 24 de outubro, a súa seguinte parada será na Fábrica da Azucreira de Portas, cunha tarde moi especial na que os oficios tradicionais, a poesía e a música serán os protagonistas.

16:00 h | Apertura da Lacena Pequena.
17:00 h | Exposición da Asociación de Mulleres Rurais de Portas, conversa e mostra de cestería.
17:30 h | Mostra de costura con Lourdes Blanco Abal.
18:00 h | «O traballo dun torneiro», con Álvaro Díz Rodríguez.
18:30 h | «Poesía en Outono», con Susana Antón Mandayo.
19:15 h | Concerto da Banda Infantil da Escola de Música de Portas.

E a cultura continúa! Ao rematar a programación da Lacena Pequena, ás 20:00 h, terá lugar a representación teatral «Aquí as fabas, a caldeiradas!», enmarcada no IV Ciclo de Teatro Afeccionado. A representación non está recomendada para menores de 16 anos. 🔞

Agardámosvos a partir das 16:00 h para compartir unha tarde chea de cultura en Portas! 💙

Dirección

Rúa Rapeira 1C
Portas
36658

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Teléfono

986536161

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Portas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Portas:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Portas

Ver Todo