Concello de Rodeiro

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Rodeiro Páxina oficial do Concello de Rodeiro (Pontevedra)

30/10/2026

🚧 Seguimos avanzando na mellora das infraestruturas do noso rural!

Realizamos unha visita para comprobar de primeira man o avance dos traballos que estamos a desenvolver en colaboración co Concello de Agolada en Gurgueiro, unhas actuacións necesarias para mellorar o estado dos camiños e recuperar infraestruturas rurais deterioradas.

Este proxecto conta cun investimento de 58.000 euros, compartido co Concello de Agolada, aos que se suma unha axuda de 41.000 euros, permitindo seguir impulsando melloras no territorio.

Trátase do terceiro proxecto que conseguimos sacar adiante neste ámbito, xunto cos de Dozón, Rañestras, A Torre (Guillar) e Axiaz (Agolada), continuando así co noso compromiso de recuperar e mellorar as infraestruturas do rural.

Sabemos o estado de deterioro que presentan moitas pistas e camiños e a importancia que teñen para a veciñanza, tanto nos desprazamentos diarios como no desenvolvemento da actividade agrícola e gandeira.

Por iso, seguimos traballando e sumando recursos para dar resposta a estas necesidades e mellorar as condicións de vida no noso rural.

Seguimos investindo, actuando e reparando a desfeita do rural! 💪🚜

📋 Seguimos avanzando na elaboración da primeira RPT do Concello de RodeiroOnte celebramos unha nova mesa de negociación ...
29/10/2026

📋 Seguimos avanzando na elaboración da primeira RPT do Concello de Rodeiro

Onte celebramos unha nova mesa de negociación para avanzar na elaboración da primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Rodeiro.

Seguimos dando pasos importantes nun proceso necesario para organizar e definir os postos de traballo municipais, avanzar na súa ordenación e sentar as bases dunha administración máis estruturada e adaptada ás necesidades do noso concello.

As negociacións están avanzando polo bo camiño e confiamos en seguir acadando acordos que nos permitan facer realidade este obxectivo.

📅 A próxima mesa de negociación terá lugar o día 12 de novembro, na que continuaremos traballando para seguir achegando posicións e avanzar cara á súa aprobación.

Seguimos traballando, con diálogo, responsabilidade e vontade de acordo, para facer realidade unha demanda importante para o Concello e para o seu persoal.

Así foi o minuto de silencio en Rodeiro en memoria das vítimas do tráxico accidente de Urda (Toledo). 🖤O Concello de Rod...
29/10/2026

Así foi o minuto de silencio en Rodeiro en memoria das vítimas do tráxico accidente de Urda (Toledo). 🖤

O Concello de Rodeiro sumouse a esta mostra de dor e solidariedade, trasladando o seu máis sentido pésame ás familias e amizades das vítimas.

🕊️ Todo o noso cariño e apoio nestes momentos tan difíciles.

🖤 Mañán, xoves 29 de outubro, ás 14:15 h, gardaremos un minuto de silencio diante do Concello en memoria das vítimas do ...
28/10/2026

🖤 Mañán, xoves 29 de outubro, ás 14:15 h, gardaremos un minuto de silencio diante do Concello en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Toledo.

Todo o noso apoio e solidariedade coas familias. 🖤

🖤 COMUNICADO DO CONCELLO DE RODEIRODesde o Concello de Rodeiro queremos expresar o noso máis profundo pesar polo tráxico...
28/10/2026

🖤 COMUNICADO DO CONCELLO DE RODEIRO

Desde o Concello de Rodeiro queremos expresar o noso máis profundo pesar polo tráxico accidente ferroviario ocorrido en Toledo.

En nome da Corporación Municipal e de toda a veciñanza de Rodeiro, trasladamos as nosas máis sinceras condolencias ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como todo o noso apoio e solidariedade ás persoas afectadas por este triste suceso.

Nestes momentos de dor, queremos facerlles chegar unha mensaxe de agarimo, forza e acompañamento, compartindo o seu sufrimento e desexando unha pronta recuperación a todas as persoas feridas.

Así mesmo, expresamos o noso recoñecemento e agradecemento a todos os profesionais dos servizos de emerxencia e ás persoas que están a traballar na atención ás vítimas.

Desde Rodeiro, unímonos á dor de todas as persoas afectadas por esta traxedia.

O noso corazón está coas vítimas, coas súas familias e con todas as persoas que están a vivir estes difíciles momentos.

🖤 O Concello de Rodeiro expresa o seu máis sentido pésame.

26/10/2026

📡 A ZONA SUR DE RODEIRO GAÑA COBERTURA MÓBIL E 5G

A antena de telefonía móbil situada na parroquia de San Martiño xa está operativa para as compañías Vodafone e Orange, incorporando tamén tecnoloxía 5G.

Unha mellora importante para as comunicacións na zona sur do noso concello, que beneficiará ás parroquias de San Martiño, San Paio
Carboentes, Arnego e Alceme, Rañestras así como outras zonas como Negrelos e Pedroso.

Desde o inicio do mandato puxémonos mans á obra para facer realidade este proxecto, facilitando desde o Concello a dispoñibilidade dos terreos e o acceso á instalación. Hoxe, ese traballo dá os seus froitos.

E seguimos avanzando: xa solicitamos a Movistar que se incorpore a esta infraestrutura pública, para que tamén poida ofrecer os seus servizos desde a mesma antena.

Seguimos traballando para mellorar os servizos, reducir a fenda dixital e garantir que vivir no rural non supoña quedar atrás en comunicacións e conectividade.

Máis cobertura, máis conectividade e máis oportunidades para Rodeiro! 📶💪

🎭🎶 ¡Aínda estamos de festa! O Xacobeo dos veteráns chega a Rodeiro! 🎶🎭O Concello de Rodeiro convídavos a g***r dunha tar...
26/10/2026

🎭🎶 ¡Aínda estamos de festa! O Xacobeo dos veteráns chega a Rodeiro! 🎶🎭

O Concello de Rodeiro convídavos a g***r dunha tarde moi especial de música, humor e boas lembranzas con Pepo Suevos e Dani Dopazo. ❤️

Un espectáculo pensado para os nosos maiores, para cantar as cancións de sempre, rir, lembrar e compartir bos momentos xuntos.

📅 Data: 1 de novembro
🕕 Hora: 18:00 h
📍 Lugar: Centro Cultural de Rodeiro
🎟️ Entrada libre!

🎵 Cancións de sempre
😂 Humor galego
🙌 Participación do público
❤️ Bo ambiente asegurado!

Porque a vida é mellor cando a compartimos… ¡Aínda estamos de festa!

Agardámosvos para vivir unha tarde chea de alegría, música e emoción. Non faltedes!

22/10/2026

📢 O parque eólico de A Gratina non se levará a cabo en San Martiño.

O proxecto do parque eólico de A Gratina, previsto na contorna de San Martiño e con afección tamén a parte de Carboentes, suporía un impacto sobre o territorio e sobre os usos tradicionais do solo.

Trátase dunha zona con terreos agrarios de utilidade para a actividade agrícola e gandeira, fundamentais para a economía local e para a conservación da paisaxe e da identidade das nosas parroquias.

Desde o Concello, consideramos esencial protexer o territorio, preservar a actividade agraria e defender os intereses da veciñanza ante proxectos que poidan afectar directamente á vida nas nosas parroquias.

🌱 Defender a terra é defender o noso futuro.

20/10/2026

🚜 Hoxe acompañádenos a coñecer de preto os traballos que está a desenvolver a Mancomunidade no noso municipio.

📍 Visitamos diferentes puntos onde se están levando a cabo actuacións necesarias para mellorar o estado dos nosos camiños e facilitar o día a día da veciñanza.

🔹 Pedroso – Guillar: actuación nunha pendente que necesitaba ser arranxada para mellorar o seu estado e facilitar o tránsito.

🔹 A Penela – Barbeitos: mellora dun camiño moi demandado polos veciños e veciñas da zona.

🔹 Failde – A Granxa: intervención nun camiño fundamental para o tránsito da maquinaria da Cooperativa O Rodo e para acceder aos terreos agrarios útiles. Unha vía que se atopaba moi deteriorada polos efectos dos temporais e que precisaba dunha actuación para recuperar o seu estado.

Seguimos traballando para mellorar as infraestruturas rurais, atender as demandas da veciñanza e facilitar o acceso ás explotacións e aos terreos agrícolas. 💪🌱

Dirección

Praza Da Fonte, 2
Rodeiro
36530

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Teléfono

+34986790185

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Rodeiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros Organización gubernamental en Rodeiro

Ver Todo