Concello de Valga

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Valga Facebook oficial do Concello de Valga Facebook oficial do Concello de Valga (Pontevedra)

𝙈𝙄𝙉𝙐𝙏𝙊 𝙎𝙄𝙇𝙀𝙉𝘾𝙄𝙊 𝙑𝙄́𝙏𝙄𝙈𝘼𝙎 𝘼𝘾𝘾𝙄𝘿𝙀𝙉𝙏𝙀 𝙁𝙀𝙍𝙍𝙊𝙑𝙄𝘼𝙍𝙄𝙊 𝙏𝙊𝙇𝙀𝘿𝙊 O Concello de Valga súmase a convocatoria da FEGAMP e FEMP e convi...
28/10/2026

𝙈𝙄𝙉𝙐𝙏𝙊 𝙎𝙄𝙇𝙀𝙉𝘾𝙄𝙊 𝙑𝙄́𝙏𝙄𝙈𝘼𝙎 𝘼𝘾𝘾𝙄𝘿𝙀𝙉𝙏𝙀 𝙁𝙀𝙍𝙍𝙊𝙑𝙄𝘼𝙍𝙄𝙊 𝙏𝙊𝙇𝙀𝘿𝙊

O Concello de Valga súmase a convocatoria da FEGAMP e FEMP e convida a todas a veciñanza, institucións e entidades a participar nun minuto de silencio 𝙝𝙤𝙭𝙚, 𝙢𝙚́𝙧𝙘𝙤𝙧𝙚𝙨 𝟮𝟴 𝙙𝙚 𝙤𝙪𝙩𝙪𝙗𝙧𝙤 de 2026, 𝙖́𝙨 𝟮𝟬:𝟬𝟬 𝙝𝙤𝙧𝙖𝙨, diante da Casa do Concello, como mostra de apoio e respecto ás vítimas e en solidariedade cos afectados.

𝙊 𝘼𝙇𝘾𝘼𝙇𝘿𝙀 𝙀 𝙊 𝘾𝙊𝙉𝙎𝙀𝙇𝙇𝙀𝙄𝙍𝙊 𝘿𝙀 𝙋𝙍𝙀𝙎𝙄𝘿𝙀𝙉𝘾𝙄𝘼 𝙋𝘼𝙎𝘼𝙍𝙊𝙉 𝙍𝙀𝙑𝙄𝙎𝙏𝘼 𝘼́𝙎 𝙊𝘽𝙍𝘼𝙎 𝙉𝘼𝙎 𝙄𝙉𝙎𝙏𝘼𝙇𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉𝙎 𝘿𝙀𝙋𝙊𝙍𝙏𝙄𝙑𝘼𝙎, 𝙉𝘼𝙎 𝙌𝙐𝙀 𝙎𝙀 𝙄𝙉𝙑𝙄𝙎𝙏𝙀𝙉 𝟭’𝟰...
27/10/2026

𝙊 𝘼𝙇𝘾𝘼𝙇𝘿𝙀 𝙀 𝙊 𝘾𝙊𝙉𝙎𝙀𝙇𝙇𝙀𝙄𝙍𝙊 𝘿𝙀 𝙋𝙍𝙀𝙎𝙄𝘿𝙀𝙉𝘾𝙄𝘼 𝙋𝘼𝙎𝘼𝙍𝙊𝙉 𝙍𝙀𝙑𝙄𝙎𝙏𝘼 𝘼́𝙎 𝙊𝘽𝙍𝘼𝙎 𝙉𝘼𝙎 𝙄𝙉𝙎𝙏𝘼𝙇𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉𝙎 𝘿𝙀𝙋𝙊𝙍𝙏𝙄𝙑𝘼𝙎, 𝙉𝘼𝙎 𝙌𝙐𝙀 𝙎𝙀 𝙄𝙉𝙑𝙄𝙎𝙏𝙀𝙉 𝟭’𝟰 𝙈𝙄𝙇𝙇𝙊́𝙉𝙎 𝘿𝙀 𝙀𝙐𝙍𝙊𝙎

• Nun dos campos sintéticos de Campaña estase a mudar a herba por un céspede 100% sustentable substituíndo o caucho por carozos de millo

• As melloras tamén afectan aos vestiarios do campo natural de Baño e ao pavillón de Cordeiro

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, realizaron esta mañá unha visita a varias instalacións deportivas municipais para comprobar o estado das obras de mellora que se están a executar e nas que se están a investir 1’4 millóns de euros.

O percorrido deu comezo no campo de fútbol de Baño no que, trala substitución este mesmo verán de parte do céspede natural deteriorado, as melloras céntranse agora na reforma integral dos vestiarios, coa renovación de sanitarios, azulexos e chans. Así mesmo, acondicionaranse os aseos públicos do recinto e actuarase sobre a cuberta, colocando panel, reforzando a impermeabilización e a recollida de augas. Por último mellorarase o sistema de rego automático.

A continuación, a comitiva, da que tamén formaban parte a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, os tenentes de alcalde Román Castro e Carmen Gómez e técnicos municipais, desprazouse ata campaña para comprobar como loce o novo céspede artificial do campo de fútbol máis antigo destas instalacións. Despois de 25 anos de uso mudouse a herba sintética e instalouse unha nova moqueta que segue os estándares FIFA Quality Pro, está indicado para un uso intensivo e garante un rendemento de alta duración. Prescindirase completamente do caucho, adiantándose así o Concello á prohibición do uso deste material, que entrará en vigor en 2031 co obxectivo de reducir a contaminación por microplásticos. No seu lugar emprégase un recheo ecolóxico a base de carozos de millo que presenta, como principais vantaxes, a sustentabilidade, a redución da calor acumulada no campo e a proporción de amortiguación. O instalador Daniel Vidal amosoulles ás autoridades como é este recheo e explicoulles as súas características.

Ademais do cambio de céspede, nas instalacións deportivas de Campaña tamén se desenvolven traballos nas bancadas, que inclúen melloras no illamento e impermeabilización das galerías e balcóns, a posta a punto de todos os elementos metálicos e paramentos con tratamento anticorrosivo e o pintado.

Por último, no pavillón de Beiro está previsto rematar o acondicionamento da envolvente, pechar a galería existente tralas bancadas e mellorar os sistemas de climatización, contraincendios e outros equipamentos.

O proxecto finánciase cunha subvención de 700.000 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Para a outra metade do orzamento asinouse un convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo que permite ao Concello acceder ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

No transcurso da visita o alcalde agradeceu ao conselleiro a colaboración do seu departamento. “O campo de Campaña estaba impracticable despois de 25 anos e os vestiarios de Baño e o pavillón de Biero tamén necesitaban estas melloras”. Bello Maneiro destacou a notable actividade que se desenvolven nas instalacións deportivas municipais e puxo como exemplo Campaña, onde xogan ata 16 equipos da base do Cordeiro CF e se disputa tamén unha competición de veteranos.

Pola súa parte, o conselleiro destacou a importancia destas infraestruturas non só para a veciñanza de Valga, senón para toda a contorna, xa que se trata de recintos modernos e eficientes para facilitar a práctica do deporte.

𝙊 𝘾𝙊𝙉𝘾𝙀𝙇𝙇𝙊 𝙄𝙉𝙑𝙀𝙎𝙏𝙄𝙐 𝙈𝘼́𝙄𝙎 𝘿𝙀 𝟰𝟴.𝟬𝟬𝟬 𝙀𝙐𝙍𝙊𝙎 𝙉𝘼 𝙈𝙀𝙇𝙇𝙊𝙍𝘼 𝙀 𝘼𝘾𝙊𝙉𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊𝙉𝘼𝙈𝙀𝙉𝙏𝙊 𝘿𝙊 𝙀𝙎𝘾𝙊𝙇𝘼 𝙄𝙉𝙁𝘼𝙉𝙏𝙄𝙇 𝙈𝙐𝙉𝙄𝘾𝙄𝙋𝘼𝙇 • Pintaronse parede...
26/10/2026

𝙊 𝘾𝙊𝙉𝘾𝙀𝙇𝙇𝙊 𝙄𝙉𝙑𝙀𝙎𝙏𝙄𝙐 𝙈𝘼́𝙄𝙎 𝘿𝙀 𝟰𝟴.𝟬𝟬𝟬 𝙀𝙐𝙍𝙊𝙎 𝙉𝘼 𝙈𝙀𝙇𝙇𝙊𝙍𝘼 𝙀 𝘼𝘾𝙊𝙉𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊𝙉𝘼𝙈𝙀𝙉𝙏𝙊 𝘿𝙊 𝙀𝙎𝘾𝙊𝙇𝘼 𝙄𝙉𝙁𝘼𝙉𝙏𝙄𝙇 𝙈𝙐𝙉𝙄𝘾𝙄𝙋𝘼𝙇

• Pintaronse paredes e teitos, renovouse a tarifa flotante e colocáronse proteccións en esquinas e columnas

• Tamén se modernizaron os sistemas de calefacción, detección de incendios e alarma

O Concello realizou nas últimas semanas un investimento de máis de 48.000 euros no acondicionamento da Escola Infantil Municipal, con actuacións que incluíron traballos de albanelería e pintura, a renovación dos sistemas de calefacción e anti incendios, e a instalación de novos elementos de protección para os máis pequenos, para así 𝙤𝙥𝙩𝙞𝙢𝙞𝙯𝙖𝙧 𝙤 𝙘𝙤𝙣𝙛𝙤𝙧𝙩, 𝙖 𝙨𝙚𝙜𝙪𝙧𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙚 𝙖 𝙚𝙛𝙞𝙘𝙞𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙚𝙣𝙚𝙧𝙭𝙚́𝙩𝙞𝙘𝙖 do edificio educativo.

As melloras foron financiadas a través dun 𝙘𝙤𝙣𝙫𝙚𝙣𝙞𝙤 𝙘𝙤𝙖 𝙓𝙪𝙣𝙩𝙖 de Galicia.

No capítulo de albanelería e acabados, procedeuse ao 𝙥𝙞𝙣𝙩𝙖𝙙𝙤 𝙙𝙚 𝙥𝙖𝙧𝙚𝙙𝙚𝙨 𝙚 𝙩𝙚𝙞𝙩𝙤𝙨 nos espazos interiores do inmoble, incluíndo as aulas, corredores, sala de xuntas e despacho de dirección. Tamén se 𝙧𝙚𝙣𝙤𝙫𝙖𝙧𝙤𝙣 𝙤𝙨 𝙛𝙖𝙡𝙨𝙤𝙨 𝙩𝙚𝙞𝙩𝙤𝙨 en espazos como a cociña, a lavandería e acometeuse o arranxo da cheminea.

En canto a carpintería, 𝙞𝙣𝙨𝙩𝙖𝙡𝙖́𝙧𝙤𝙣𝙨𝙚 𝟮𝟯𝟬 𝙢𝙚𝙩𝙧𝙤𝙨 𝙘𝙖𝙙𝙧𝙖𝙙𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙩𝙖𝙧𝙞𝙢𝙖 flotante vinílica. Pensando na seguridade do alumnado, as melloras contemplaron a colocación de 𝙚𝙨𝙦𝙪𝙞𝙣𝙖𝙞𝙨 𝙙𝙚 𝙚𝙨𝙥𝙪𝙢𝙖 𝙚 𝙖 𝙘𝙪𝙗𝙧𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙘𝙤𝙡𝙪𝙢𝙣𝙖𝙨.

Por outra parte, 𝙢𝙤𝙙𝙚𝙧𝙣𝙞𝙯𝙖́𝙧𝙤𝙣𝙨𝙚 𝙤𝙨 𝙨𝙞𝙨𝙩𝙚𝙢𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙘𝙖𝙡𝙚𝙛𝙖𝙘𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙚 𝙙𝙚𝙩𝙚𝙘𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙞𝙣𝙘𝙚𝙣𝙙𝙞𝙤𝙨 e renovouse a alarma antirroubo, introducindo sensores con cámara e outras melloras.

📣 𝙀𝙓𝙋𝙀𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝙀 𝙍𝙀𝙉𝙊𝙑𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘿𝙊 𝘿𝙉𝙄 𝙀 𝘿𝙊 𝙋𝘼𝙎𝘼𝙋𝙊𝙍𝙏𝙀 𝙀𝙉 𝙑𝘼𝙇𝙂𝘼 A unidade móbil da Policía Nacional estará en Valga os días 𝟯...
26/10/2026

📣 𝙀𝙓𝙋𝙀𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝙀 𝙍𝙀𝙉𝙊𝙑𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘿𝙊 𝘿𝙉𝙄 𝙀 𝘿𝙊 𝙋𝘼𝙎𝘼𝙋𝙊𝙍𝙏𝙀 𝙀𝙉 𝙑𝘼𝙇𝙂𝘼

A unidade móbil da Policía Nacional estará en Valga os días 𝟯𝟬 𝙙𝙚 𝙉𝙊𝙑𝙀𝙈𝘽𝙍𝙊 e 𝟮𝟵 𝙙𝙚 𝘿𝙀𝘾𝙀𝙈𝘽𝙍𝙊.

Atenderá 𝙚𝙣 𝙝𝙤𝙧𝙖𝙧𝙞𝙤 𝙙𝙚 𝟵:𝟬𝟬 𝙖 𝟭𝟯:𝟬𝟬 𝙝𝙤𝙧𝙖𝙨 con 𝙘𝙞𝙩𝙖 𝙥𝙧𝙚𝙫𝙞𝙖, que pode solicitarse 𝙣𝙖𝙨 𝙤𝙛𝙞𝙘𝙞𝙣𝙖𝙨 𝙙𝙤 𝘾𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙤 𝙤𝙪 𝙖 𝙩𝙧𝙖𝙫𝙚́𝙨 𝙙𝙤 𝙩𝙚𝙡𝙚́𝙛𝙤𝙣𝙤 𝟵𝟴𝟲 𝟱𝟱 𝟵𝟰 𝟱𝟲 (𝙀𝙭𝙩. 𝟮𝟬𝟭𝟵).

Nesta oficina itinerante, que se sitúa na Praza Manuel Vicente Cousiño (xunto ao Edificio Administrativo), realízase toda la tramitación nun único día, de maneira que 𝙤𝙨 𝙪𝙨𝙪𝙖𝙧𝙞𝙤𝙨 𝙭𝙖 𝙧𝙚𝙘𝙞𝙗𝙞𝙧𝙖́𝙣 𝙣𝙤 𝙢𝙤𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙖 𝙨𝙪́𝙖 𝙙𝙤𝙘𝙪𝙢𝙚𝙣𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣. Os servizos que presta inclúen: 𝙚𝙭𝙥𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝘿𝙉𝙄 𝙚 𝙋𝙖𝙨𝙖𝙥𝙤𝙧𝙩𝙚 por primeira inscrición, perda ou subtracción; 𝙖 𝙧𝙚𝙣𝙤𝙫𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙙𝙤𝙘𝙪𝙢𝙚𝙣𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 caducada ou a piques de caducar (dentro dos últimos 180 días de vixencia no caso do DNI ou no último ano de validez no caso do Pasaporte).

𝙏𝙖𝙢𝙚́𝙣 𝙚́ 𝙥𝙤𝙨𝙞𝙗𝙡𝙚 𝙖𝙘𝙩𝙞𝙫𝙖𝙧 𝙤 𝘿𝙉𝙄 𝙚𝙡𝙚𝙘𝙩𝙧𝙤́𝙣𝙞𝙘𝙤, 𝙧𝙚𝙣𝙤𝙫𝙖𝙧 𝙘𝙚𝙧𝙩𝙞𝙛𝙞𝙘𝙖𝙙𝙤𝙨 𝙚 𝙘𝙖𝙢𝙗𝙞𝙖𝙧 𝙖𝙨 𝙘𝙡𝙖𝙫𝙚𝙨, 𝙩𝙧𝙖́𝙢𝙞𝙩𝙚𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙤𝙨 𝙦𝙪𝙚 𝙣𝙤𝙣 𝙚́ 𝙣𝙚𝙘𝙚𝙨𝙖𝙧𝙞𝙖 𝙘𝙞𝙩𝙖.

Os usuarios deben aportar a mesma documentación que en calquera outra oficina do DNI da Policía Nacional.

𝙋𝙖𝙧𝙖 𝙚𝙭𝙥𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝘿𝙉𝙄:
• Primeira inscrición: Unha fotografía recente (menos de dous anos) a cor e sobre fondo branco, partida de nacemento literal na que conste que se expide “só a efectos da obtención do DNI” (validez de seis meses), volante de empadroamento (validez de tres meses). Os menores de idade e persoas con discapacidade deben estar acompañados por un dos pais ou titores co DNI en vigor.
• Renovación: Unha fotografía recente (menos de dous anos) a cor e sobre fondo branco e o DNI que se quere renovar. En caso de cambio de datos, tamén se debe a portar a seguinte documentación: por cambio de domicilio, volante de empadroamento; por cambio de datos persoais, partida de nacemento literal con validez de seis meses. Os menores de idade e persoas con discapacidade deben estar acompañados por un dos pais ou titores co DNI en vigor.

𝙋𝙖𝙧𝙖 𝙚𝙭𝙥𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝙋𝙖𝙨𝙖𝙥𝙤𝙧𝙩𝙚:
• DNI en vigor (se solicita a renovación/duplicado dun pasaporte vixente deberá presentar o mesmo) e unha fotografía recente (menos de dous anos) a cor e sobre fondo branco.
En caso de menores ou persoas con discapacidade tamén é preciso aportar:
- Se non ten DNI: partida de nacemento literal na que conste que se expide “só a efectos da obtención do DNI” (validez de seis meses)-
- Se ten DNI deberá acreditar a relación de parentesco ou a condición de titor mediante a presentación de calquera documentación oficial (libro de familia, partida de nacemento, etc.).
- Deben ir acompañados polos dous pais ou todos os titores cos seus DNI en vigor.

𝘼 𝙩𝙖𝙭𝙖 𝙙𝙚 𝙚𝙭𝙥𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝘿𝙉𝙄 𝙚́ 𝙙𝙚 𝟭𝟮 𝙚𝙪𝙧𝙤𝙨 𝙚 𝙖 𝙙𝙤 𝙥𝙖𝙨𝙖𝙥𝙤𝙧𝙩𝙚 𝟯𝟬 𝙚𝙪𝙧𝙤𝙨 (para as familias numerosas esta documentación é gratuíta presentando o título). Pódese pagar en efectivo (levando a cantidade xusta) ou tamén con tarxeta.

𝙑𝙊𝙇𝙑𝙀 𝘼 𝙁𝙀𝙎𝙏𝘼 𝘿𝙊 𝙈𝘼𝙂𝙊𝙎𝙏𝙊 𝘾𝙐𝙉 𝙀𝙎𝙋𝙀𝘾𝙏𝘼́𝘾𝙐𝙇𝙊 𝘿𝙊𝙎 𝘽𝙊𝙇𝙀𝘾𝙃𝘼𝙎 𝙀 𝘾𝘼𝙎𝙏𝘼𝙉̃𝘼𝙎 𝘼𝙎𝘼𝘿𝘼𝙎 𝘿𝙀 𝘽𝘼𝙇𝘿𝙀• Celebrarase o vindeiro 6 de novembro...
26/10/2026

𝙑𝙊𝙇𝙑𝙀 𝘼 𝙁𝙀𝙎𝙏𝘼 𝘿𝙊 𝙈𝘼𝙂𝙊𝙎𝙏𝙊 𝘾𝙐𝙉 𝙀𝙎𝙋𝙀𝘾𝙏𝘼́𝘾𝙐𝙇𝙊 𝘿𝙊𝙎 𝘽𝙊𝙇𝙀𝘾𝙃𝘼𝙎 𝙀 𝘾𝘼𝙎𝙏𝘼𝙉̃𝘼𝙎 𝘼𝙎𝘼𝘿𝘼𝙎 𝘿𝙀 𝘽𝘼𝙇𝘿𝙀

• Celebrarase o vindeiro 6 de novembro no Auditorio Municipal a partir das 18:00 horas

O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro 𝟲 𝙙𝙚 𝙣𝙤𝙫𝙚𝙢𝙗𝙧𝙤 unha xornada festiva e familiar para celebrar o Magosto, un espectáculo dos Bolechas e unha posterior degustación de castañas asadas, chourizos e outras sorpresas.

A xornada comezará ás 18:00 horas coa representación infantil “𝙊𝙨 𝘽𝙤𝙡𝙚𝙘𝙝𝙖𝙨. 𝘼𝙦𝙪𝙞́ 𝙝𝙖𝙞 𝙢𝙤𝙞𝙩𝙤 𝙧𝙪𝙞́𝙙𝙤!”. Trátase un espectáculo de monicreques especialmente dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos e ás súas familias. Nesta ocasión, os populares personaxes creados por Pepe Carreiro, 𝙙𝙚𝙨𝙘𝙤𝙗𝙧𝙚𝙣 𝙤 𝙛𝙖𝙨𝙘𝙞𝙣𝙖𝙣𝙩𝙚 𝙢𝙪𝙣𝙙𝙤 𝙙𝙖 𝙢𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖. Pero un misterioso personaxe, farto do ruído, decide facer desaparecer todos os sons. Un a un, os instrumentos, as voces e as cancións van quedando en silencio. Os Bolechas emprenderán unha divertida aventura para recuperalos e conseguir que a música volva soar.

Esta actividade está organizada no marco do 𝙥𝙧𝙤𝙜𝙧𝙖𝙢𝙖 𝙙𝙚 𝙙𝙞𝙣𝙖𝙢𝙞𝙯𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙡𝙞𝙣𝙜𝙪̈𝙞́𝙨𝙩𝙞𝙘𝙖 𝙁𝙖𝙡𝙖𝙍𝙚𝙙𝙚𝙨 2026, promovido pola Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta.

Ao rematar a función, a festa continuará co apartado gastronómico. Todas as persoas que se acheguen ao Auditorio Municipal poderán 𝙙𝙚𝙜𝙪𝙨𝙩𝙖𝙧 𝙙𝙚 𝙗𝙖𝙡𝙙𝙚 𝙘𝙖𝙨𝙩𝙖𝙣̃𝙖𝙨 𝙖𝙨𝙖𝙙𝙖𝙨 𝙚 𝙘𝙝𝙤𝙪𝙧𝙞𝙯𝙤𝙨 𝙘𝙤𝙣 𝙥𝙖𝙣 para poñer o broche de ouro á celebración do outono.

♻️ 𝙊 𝙋𝙐𝙉𝙏𝙊 𝙇𝙄𝙈𝙋𝙊 𝙈𝙊́𝘽𝙄𝙇, 𝙀𝙉 𝙑𝙄𝙇𝘼𝙍O Punto Limpo Móbil, co que o Concello achega a recollida separada de residuos aos dife...
24/10/2026

♻️ 𝙊 𝙋𝙐𝙉𝙏𝙊 𝙇𝙄𝙈𝙋𝙊 𝙈𝙊́𝘽𝙄𝙇, 𝙀𝙉 𝙑𝙄𝙇𝘼𝙍

O Punto Limpo Móbil, co que o Concello achega a recollida separada de residuos aos diferentes núcleos e parroquias de Valga, estará nos vindeiros días emprazado en Vilar, na curva xunto a entrada ao Outeiriño.

𝘿𝙖𝙩𝙖𝙨: Do 23 ao 29 de outubro.

𝙌𝙪𝙚 𝙨𝙚 𝙥𝙤𝙙𝙚 𝙙𝙚𝙥𝙤𝙨𝙞𝙩𝙖𝙧?

🪞 Espellos e cristais

⬜ Poliespan branco

🍳 Aceite doméstico usado

✓ Filtros de aceite

👕 Roupa e calzado

✓ Fluorescentes

💡 Bombillas

🪫 Pilas

📱 Móbiles e cargadores

🖨️ Toner de impresoras

✓ Siliconas

☄︎ Aerosois

📻 Pequenos aparellos electrónicos

✓ Pequenos restos metálicos.

Ademais, lembrade que tamén podedes levar os vosos residuos ao 𝙋𝙪𝙣𝙩𝙤 𝙇𝙞𝙢𝙥𝙤 𝙛𝙞𝙭𝙤, situado en Campaña, que abre os 𝙡𝙪𝙣𝙨 𝙥𝙤𝙡𝙖 𝙢𝙖𝙣̃𝙖́ 𝙚 𝙤𝙨 𝙭𝙤𝙫𝙚𝙨 𝙥𝙤𝙡𝙖 𝙩𝙖𝙧𝙙𝙚.

☎️ Máis información: 609 46 97 09 - 699 14 97 84

𝘾𝙤𝙡𝙖𝙗𝙤𝙧𝙖! Separa correctamente os diferentes residuos e contribúe a unha Valga máis sostible e limpa.

𝙊 𝘾𝙊𝙉𝘾𝙀𝙇𝙇𝙊 𝙄𝙉𝙄𝘾𝙄𝘼 𝘼 𝙏𝙍𝘼𝙈𝙄𝙏𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘼𝘿𝙈𝙄𝙉𝙄𝙎𝙏𝙍𝘼𝙏𝙄𝙑𝘼 𝘼𝙉𝙏𝙀 𝘼 𝙓𝙐𝙉𝙏𝘼 𝙋𝘼𝙍𝘼 𝘼𝙑𝘼𝙉𝙕𝘼𝙍 𝙉𝘼 𝘾𝙊𝙉𝙎𝙏𝙍𝙐𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘿𝘼 𝙍𝙀𝙎𝙄𝘿𝙀𝙉𝘾𝙄𝘼 𝘿𝙀 𝙈𝘼𝙄𝙊𝙍𝙀𝙎• O pr...
24/10/2026

𝙊 𝘾𝙊𝙉𝘾𝙀𝙇𝙇𝙊 𝙄𝙉𝙄𝘾𝙄𝘼 𝘼 𝙏𝙍𝘼𝙈𝙄𝙏𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘼𝘿𝙈𝙄𝙉𝙄𝙎𝙏𝙍𝘼𝙏𝙄𝙑𝘼 𝘼𝙉𝙏𝙀 𝘼 𝙓𝙐𝙉𝙏𝘼 𝙋𝘼𝙍𝘼 𝘼𝙑𝘼𝙉𝙕𝘼𝙍 𝙉𝘼 𝘾𝙊𝙉𝙎𝙏𝙍𝙐𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘿𝘼 𝙍𝙀𝙎𝙄𝘿𝙀𝙉𝘾𝙄𝘼 𝘿𝙀 𝙈𝘼𝙄𝙊𝙍𝙀𝙎

• O proxecto inclúe un centro de 150 prazas públicas e privadas con unidades de investigación e recuperación do ictus

• O goberno local trata de axilizar ao máximo a burocracia para que as obras poidan comezar canto antes

O Concello vén de dar un novo paso para que Valga poida contar cunha residencia para persoas maiores e dependentes. Nos últimos días deuse comezo á tramitación administrativa ante a Xunta de Galicia, 𝙨𝙤𝙡𝙞𝙘𝙞𝙩𝙖𝙣𝙙𝙤 𝙤𝙨 𝙥𝙧𝙞𝙢𝙚𝙞𝙧𝙤𝙨 𝙥𝙚𝙧𝙢𝙞𝙨𝙤𝙨 𝙚 𝙞𝙣𝙛𝙤𝙧𝙢𝙚𝙨 𝙨𝙚𝙘𝙩𝙤𝙧𝙞𝙖𝙞𝙨 𝙣𝙚𝙘𝙚𝙨𝙖𝙧𝙞𝙤𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙥𝙤𝙙𝙚𝙧 𝙞𝙣𝙞𝙘𝙞𝙖𝙧 𝙖𝙨 𝙤𝙗𝙧𝙖𝙨 no lugar de Gándara. O obxectivo é axilizar ao máximo os prazos para facer realidade unha infraestrutura que consolidará aínda máis a Valga como un dos concellos de 𝙧𝙚𝙛𝙚𝙧𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙣𝙖 𝙖𝙩𝙚𝙣𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙚 𝙨𝙚𝙧𝙫𝙞𝙯𝙤𝙨 𝙨𝙤𝙘𝙞𝙖𝙞𝙨.

O proxecto da residencia, presentado no seu día pola conselleira de Política Social e a empresa Serge, suporá un 𝙞𝙣𝙫𝙚𝙨𝙩𝙞𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙙𝙚 𝙚𝙣𝙩𝙧𝙚 𝟭𝟬 𝙚 𝟭𝟮 𝙢𝙞𝙡𝙡𝙤́𝙣𝙨 𝙙𝙚 𝙚𝙪𝙧𝙤𝙨 para habilitar un edificio de entre 7.500 e 8.000 metros cadrados divididos en dúas plantas. Máis alá de contar con 𝟭𝟱𝟬 𝙥𝙧𝙖𝙯𝙖𝙨, o complexo nace coa vocación de converterse nun polo de innovación e, para iso, incluirá un 𝘾𝙚𝙣𝙩𝙧𝙤 𝙙𝙚 𝙄𝙣𝙫𝙚𝙨𝙩𝙞𝙜𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙚 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙪𝙣𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙙𝙚 𝙧𝙚𝙘𝙪𝙥𝙚𝙧𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝙞𝙘𝙩𝙪𝙨, para os que se establecerán convenios coas universidades galegas e que contarán con aulas de formación.

É por isto que será un proxecto “pioneiro en Galicia”, tal e como sinalara no acto de presentación Óscar Neira, conselleiro delegado Serge, empresa encargada de desenvolver o proxecto a través dunha colaboración público-privada.

En canto á residencia, dividirase en diferentes módulos e unidades. Cada unha delas contará con habitacións, zona de comedor e sala de estar e convivirán un máximo de 25 ou 30 usuarios para un maior benestar e confort. Ademais, algunhas destas unidades terán usos específicos para o tratamento e coidado de persoas con diferentes doenzas.

⚽ 𝘼𝙑𝘼𝙉𝙕𝘼𝙉 𝘼𝙎 𝙈𝙀𝙇𝙇𝙊𝙍𝘼𝙎 𝙉𝙊 𝘾𝘼𝙈𝙋𝙊 𝙈𝙐𝙉𝙄𝘾𝙄𝙋𝘼𝙇 𝘿𝙀 𝘽𝘼𝙉̃𝙊!O concelleiro Álvaro Fernández achegouse ata o campo de fútbol de Baño...
23/10/2026

⚽ 𝘼𝙑𝘼𝙉𝙕𝘼𝙉 𝘼𝙎 𝙈𝙀𝙇𝙇𝙊𝙍𝘼𝙎 𝙉𝙊 𝘾𝘼𝙈𝙋𝙊 𝙈𝙐𝙉𝙄𝘾𝙄𝙋𝘼𝙇 𝘿𝙀 𝘽𝘼𝙉̃𝙊!

O concelleiro Álvaro Fernández achegouse ata o campo de fútbol de Baño para comprobar de primeira man o desenvolvemento das obras 👷‍♂️ que se están a levar a cabo como parte do proxecto de mellora das instalacións deportivas municipais.

Nestes momentos estase a traballar na colocación de azulexos e alicatados nos vestiarios 🚿, para ofrecer un espazo moito máis cómodo e axeitado para os deportistas.

Entre as actuacións xa realizadas atópase o pintado 🖌️ das bancadas e outros elementos exteriores do recinto.

🔜 Tamén está previsto renovar a cuberta das bancadas, acondicionar os aseos 🚾 públicos das instalacións, optimizar a recollida de augas e renovar o sistema de bombeo do rego automático.

🏛️ Onte recibimos no Museo da Historia a un grupo de usuarios da asociación Saúde Mental A Creba, chegados dende o seu c...
23/10/2026

🏛️ Onte recibimos no Museo da Historia a un grupo de usuarios da asociación Saúde Mental A Creba, chegados dende o seu centro de Ribeira. A Creba é un colectivo dedicado á atención psicosocial de persoas con problemas de saúde mental e ao apoio ás súas familias e achegados.

A visita estivo guiada polo técnico municipal responsable do Museo, Santiago Chenlo, que os conduciu por un percorrido ➡️ dende os primeiros poboadores ata a actualidade , descubrindo como evolucionou o concello ao longo dos séculos.

🌿 Tamén se achegaron á riqueza natural de Valga, con expoñentes coma o río Ulla ou as fervenzas 💦, e á riqueza cultural e patrimonial. Santiago Chenlo explicoulles a importancia dalgúns dos tesouros arqueolóxicos que se custodian no museo, pezas 🏺 rescatadas de xacementos coma Igrexa Vella, Mercado dos Mouros e Agramar, a ara dedicada ao deus Mercurio 🏛️ atopada na capela de San Mamede dos Martores ou un capitel orixinal de Setecoros.

E, por último, coñeceron a algúns dos persoeiros máis relevantes de Valga e os capítulos que marcaron as súas vidas: dende a raíña da Belle Époque, a 💃 Bella Otero, ata o historiador e investigador 🕵️‍♂️ Xesús Ferro Couselo ou o Padre Isorna.

𝘼 𝙍𝙀𝘿𝙀 𝙈𝙐𝙉𝙄𝘾𝙄𝙋𝘼𝙇 𝘿𝙀 𝘾𝙊𝙈𝙋𝙊𝙎𝙏𝘼𝙓𝙀 𝘼𝙈𝙋𝙇𝙄́𝘼𝙎𝙀 𝘾𝙊𝘼 𝙄𝙈𝙋𝙇𝘼𝙉𝙏𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘿𝙐𝙉 𝙉𝙊𝙑𝙊 𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝘾𝙊𝙈𝙐𝙉𝙄𝙏𝘼𝙍𝙄𝙊 𝙀𝙉 𝙑𝙄𝙇𝘼𝙍𝙀𝙇𝙇𝙊• Este equipamento da...
22/10/2026

𝘼 𝙍𝙀𝘿𝙀 𝙈𝙐𝙉𝙄𝘾𝙄𝙋𝘼𝙇 𝘿𝙀 𝘾𝙊𝙈𝙋𝙊𝙎𝙏𝘼𝙓𝙀 𝘼𝙈𝙋𝙇𝙄́𝘼𝙎𝙀 𝘾𝙊𝘼 𝙄𝙈𝙋𝙇𝘼𝙉𝙏𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘿𝙐𝙉 𝙉𝙊𝙑𝙊 𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝘾𝙊𝙈𝙐𝙉𝙄𝙏𝘼𝙍𝙄𝙊 𝙀𝙉 𝙑𝙄𝙇𝘼𝙍𝙀𝙇𝙇𝙊

• Este equipamento dará servizo a un gran produtor de biorrediduos, o restaurante O Mencer, e tamén aos residentes nas aldeas próximas

• A comezos de novembro desenvolverase na zona unha campaña informativa sobre a compostaxe, explicando o funcionamento do novo centro e resolvendo dúbidas veciñais

A rede de compostaxe de Valga, implantada no ano 2020, continúa ampliándose e, nas vindeiras semanas, entrará en servizo un novo centro de compostaxe comunitaria que acaba de instalarse en Vilarello, co obxectivo de 𝙨𝙚𝙜𝙪𝙞𝙧 𝙖𝙘𝙝𝙚𝙜𝙖𝙣𝙙𝙤 𝙚𝙨𝙩𝙚 𝙢𝙤𝙙𝙚𝙡𝙤 𝙙𝙚 𝙭𝙚𝙨𝙩𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤𝙨 𝙧𝙚𝙨𝙞𝙙𝙪𝙤𝙨 𝙤𝙧𝙜𝙖́𝙣𝙞𝙘𝙤𝙨 𝙖𝙤 𝙢𝙖𝙞𝙤𝙧 𝙣𝙪́𝙢𝙚𝙧𝙤 𝙙𝙚 𝙛𝙖𝙢𝙞𝙡𝙞𝙖𝙨 valguesas.

Este equipamento atenderá as necesidades dun gran produtor local –o restaurante O Mencer–, pero tamén dará servizo aos veciños da contorna. Por iso, a comezos do mes de novembro levarase a cabo, nos lugares de Vilarello e Vilar, unha 𝙘𝙖𝙢𝙥𝙖𝙣̃𝙖 𝙞𝙣𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙩𝙞𝙫𝙖 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙙𝙖𝙧 𝙖 𝙘𝙤𝙣̃𝙚𝙘𝙚𝙧 𝙚𝙨𝙩𝙚 𝙘𝙚𝙣𝙩𝙧𝙤 𝙙𝙚 𝙘𝙤𝙢𝙥𝙤𝙨𝙩𝙖𝙭𝙚, 𝙚𝙭𝙥𝙡𝙞𝙘𝙖𝙧 𝙤 𝙨𝙚𝙪 𝙛𝙪𝙣𝙘𝙞𝙤𝙣𝙖𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙚 𝙧𝙚𝙨𝙤𝙡𝙫𝙚𝙧 𝙥𝙤𝙨𝙞𝙗𝙡𝙚𝙨 𝙙𝙪́𝙗𝙞𝙙𝙖𝙨. Parte desta información atópase tamén na cartelería colocada no lugar, xunto ás unidades modulares que forman o centro.

O orzamento desta actuación ascendeu a 13.072 euros, obtidos dunha subvención da Consellería do Medio Ambiente a través dunha orde de axudas para actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión de residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

𝙎𝙚𝙩𝙚 𝙘𝙚𝙣𝙩𝙧𝙤𝙨 𝙘𝙤𝙢𝙪𝙣𝙞𝙩𝙖𝙧𝙞𝙤𝙨 𝙚 𝙢𝙖́𝙞𝙨 𝙙𝙚 𝙢𝙞𝙡 𝙘𝙤𝙢𝙥𝙤𝙨𝙩𝙚𝙞𝙧𝙤𝙨
Con este son xa sete os centros comunitarios que o Concello ten distribuídos en diferentes puntos do termo municipal: a Avenida da Coruña e a rúa Doutor de Oya Salgueiro en Pontevalga; o colexio Baño-Xanza; Rúa Nova e o Corona de Galicia en Campaña; e o restaurante Gran Barril en Bronllo (Setecoros). Ademais, téñense repartido entre a veciñanza 1.050 composteiros domésticos co obxectivo de 𝙧𝙚𝙙𝙪𝙘𝙞𝙧 𝙤 𝙫𝙤𝙡𝙪𝙢𝙚 𝙙𝙚 𝙡𝙞𝙭𝙤 𝙦𝙪𝙚 𝙨𝙚 𝙗𝙤𝙩𝙖 𝙖𝙤 𝙘𝙤𝙡𝙚𝙘𝙩𝙤𝙧 𝙙𝙖 𝙛𝙧𝙖𝙘𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙧𝙚𝙨𝙩𝙤 (colector verde).

Os resultados avalan esta aposta, xa que o impacto do sistema está a ser moi positivo. Grazas á implicación veciñal e ao correcto uso dos composteiros, Valga consegue 𝙧𝙚𝙩𝙞𝙧𝙖𝙧 𝙙𝙤 𝙘𝙞𝙧𝙘𝙪𝙞́𝙩𝙤 𝙘𝙤𝙣𝙫𝙚𝙣𝙘𝙞𝙤𝙣𝙖𝙡 𝙙𝙤 𝙡𝙞𝙭𝙤 𝙖𝙧𝙧𝙚𝙙𝙤𝙧 𝙙𝙚 𝟮𝟱𝟬 𝙩𝙤𝙣𝙚𝙡𝙖𝙙𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙧𝙚𝙨𝙞𝙙𝙪𝙤𝙨 𝙤𝙧𝙜𝙖́𝙣𝙞𝙘𝙤𝙨 𝙖𝙤 𝙖𝙣𝙤, reducindo os custos económicos e ambientais do seu tratamento. E, ademais, estes refugallos transfórmanse en compost natural útil para a horta e o xardín.

Dirección

Avenida Da Coruña, Nº 14
Valga
36645

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Valga publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Valga:

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Valga

Ver Todo