CIFP Vilamarin

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

CIFP Vilamarin Centro integrado de formación profesional de Hostalaría e turismo, Industrias alimentarias e Agraria.

Formación Profesional das familias profesionais:
Agraria
Hostalaría e Turismo
Industrias Alimentarias

Con motivo do Samaín e do Día da Biblioteca, o CIFP de Vilamarín ofreceu un servizo de comida tematizado arredor de gran...
29/10/2026

Con motivo do Samaín e do Día da Biblioteca, o CIFP de Vilamarín ofreceu un servizo de comida tematizado arredor de grandes clásicos da literatura de terror📚☠️💀

Nesta actividade participaron os alumnos de 1° Curso do Ciclo de Grao Superior de Dirección de Servizos e Dirección de Cociña, 1° Curso do Ciclo de Grao Medio de Panadaría, Repostaría e Confeitaría e o alumnado de 2° Curso do Ciclo de Grao Básico de Cociña e Restauración, unindo esforzos no servizo, as elaboracións e a decoración.

📖 Unha iniciativa en colaboración coa Biblioteca do centro e Dinamización Lingüística, na que a gastronomía, a literaturs e o traballo en equipo foron os protagonistas!

Parabéns a todo o alumnado e profesorado participante! 👌🏻🙌🏻🙌🏻

23/10/2026

DÍA DA LANDRA NO CIFP DE VILAMARÍN! 🌰🍂

Con motivo do día da landra, o alumnado de 2° curso do Grao de Ciclo Medio de Panadaría, Repostaría e Confeitaría e do Curso de Especialización en Panadaría e Bolaría Artesanais, puxo en práctica os seus coñecementos elaborando produtos a partir dos recursos dispoñibles no noso centro.

Grazas ao profesorado participante Xenxo Pereiro, David Cuñarro, Ana González e Loreto Blanco, por impulsar experiencias de aprendizaxe nas que a tradición e a innovación van da man!🙌🏻☺️ .bnz

🥖ÉXITO DE ELABORACIÓNS NO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN PANADARÍA E BOLARÍA ARTESANAIS! 🍞🙂No día de hoxe, o alumnado do Cu...
23/10/2026

🥖ÉXITO DE ELABORACIÓNS NO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN PANADARÍA E BOLARÍA ARTESANAIS! 🍞🙂

No día de hoxe, o alumnado do Curso de especialización, da man do seu docente David Cuñarro, volveu demostrar a súa técnica e creatividade con elaboracións como pan de landras,fogaza de sésamo,chapatas con masa nai ou berlinas,entre outras.😋

Parabéns polo traballo e por seguir levando a arte da panadaría artesanal ao seguinte nivel!🙌🏻🆙

22/10/2026

No día de onte, tivemos no noso centro educativo unha xornada de sensibilización e formación sobre a prevención da violencia sexual no ámbito dixital, impartida pola Subdelegación do Goberno de Ourense.

Unha actividade especialmente relevante nesta Semana AMI (Alfabetización Mediática e Internacional),que nos invita a reflexionar sobre a importancia de acceder á información de maneira crítica, segura e responsable, así como de previr as diferentes formas de violencia que poden producirse a través das contornas dixitais💻👀

Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de tramitar o seu certificado dixital, unha ferramenta moi útil para identificarse electronicamente, realizar trámites coas administracións públicas ou consultar notificacións oficiais, entre outras 📝📋

Esta iniciativa foi organizada pola Coordinación da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, reafirmando o compromiso do centro coa educación dixital.

Porque unha sociedade mellor construída, comeza gunha cidadanía crítica, informada e comprometida! 🙌🏻

V XORNADAS DE FP BÁSICA!🎓A semana pasada, o CIFP de Vilamarín participou nas V Xornadas de FP Básica; un espazo de encon...
19/10/2026

V XORNADAS DE FP BÁSICA!🎓

A semana pasada, o CIFP de Vilamarín participou nas V Xornadas de FP Básica; un espazo de encontro, reflexión e intercambio de experiencias💭

Un dos momentos destacados, foi a mesa redonda do alumnado na que participou Luis, ex alumno de FP Básica, e que continúa formándose actualmente no noso centro. Estivo acompañado de Modesto Iglesias Rodríguez, intérprete de signos do noso CIFP.

Foi un espazo de diálogo no que se compartiron experiencias sobre o papel da FP Básica nas traxectorias persoais e formativas 🗣️👁️‍🗨️

09/10/2026

Dirección

Borulfe, Sn
Villamarín

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIFP Vilamarin publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a CIFP Vilamarin:

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos