Bng Laxe

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Bng Laxe Nacionalistas de esquerda

🚨 ROUBOS NO CEMITERIO DE LAXE: ESIXIMOS SOLUCIÓNS!📄 Hoxe vimos de rexistrar no Concello un escrito reclamando medidas de...
28/10/2026

🚨 ROUBOS NO CEMITERIO DE LAXE: ESIXIMOS SOLUCIÓNS!

📄 Hoxe vimos de rexistrar no Concello un escrito reclamando medidas de seguridade para evitar novos roubos e estudar un seguro que cubra os danos.

👉 O cemiterio ten dúas partes diferenciadas a efectos de xestión, unha municipal e outra do Arcebispado. Ambas as entidades deben asumir as súas responsabilidades.

⚠️ O Goberno municipal debe tomar a iniciativa e coordinar as actuacións necesarias.

❗ As familias non poden quedar soas diante deste problema. É hora de actuar!

💙 CRISTINA VÁZQUEZ, NA LISTA DO BNG AO CONGRESO POLA CORUÑA! ⭐Desde o BNG de Laxe queremos expresar o noso orgullo e sat...
24/10/2026

💙 CRISTINA VÁZQUEZ, NA LISTA DO BNG AO CONGRESO POLA CORUÑA! ⭐

Desde o BNG de Laxe queremos expresar o noso orgullo e satisfacción pola presenza da nosa compañeira Cristina Vázquez del Prisco na candidatura do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña.

👏 Un recoñecemento ao seu compromiso, ao seu traballo e á súa implicación na defensa de Laxe, de Bergantiños e de Galiza.

💪 Estamos convencidas de que Cristina levará a esta candidatura a mesma ilusión, forza e determinación coa que traballa cada día por un Laxe mellor.

❤️ Parabéns, Cris! Un orgullo para o BNG de Laxe contar contigo!

🔴 O BNG PROPÓN DESTINAR OS 140.409€ DO POS+ ADICIONAL AO SANEAMENTO DE SERANTES💰 A Deputación da Coruña acaba de aprobar...
22/10/2026

🔴 O BNG PROPÓN DESTINAR OS 140.409€ DO POS+ ADICIONAL AO SANEAMENTO DE SERANTES

💰 A Deputación da Coruña acaba de aprobar un novo POS+ Adicional, polo que a Laxe lle corresponden 140.409,12 €.

📢 Desde o BNG vimos de propoñer, nun escrito dirixido ao alcalde, destinar integramente estes fondos ao saneamento de Conlle, Transfontáns e Carrabete.

❗ É lamentable que, en pleno século XXI e tan preto do casco urbano, estes núcleos sigan sen contar cun servizo tan básico.

⏳ 20 anos de goberno do PP, 20 do PSOE e outros 7 do PP. E eses núcleos seguen sen saneamento!

📢 O BNG xa reclamou noutras ocasións o saneamento destes núcleos. Unha reivindicación histórica que segue sen resposta!

🚶‍♂️ Curiosamente, a Xunta, co visto e prace do Concello, fixo unha senda peonil por todo Conlle antes que o saneamento. Cuestión de prioridades!

💪 Os fondos están aí. O saneamento non pode seguir agardando!


18/10/2026

🇪🇺✨ Hai lugares que importan… e hai momentos que tamén.
Bruxelas foi un deles.

💚 Levar a voz de Laxe ao Parlamento Europeo foi moito máis que participar nunhas xornadas.

🪟 Unha fiestra aberta para que Europa escoite o que sentimos, defendemos e soñamos desde a nosa terra.

❤️ Emociona ver como unha voz local pode abrir camiños nun espazo tan grande.

🌍 Porque cando Laxe fala, fala Galiza.
E cando Galiza se escoita en Europa, algo se move.

🎥 Este vídeo é só un resumo…
O que queda é o orgullo de saber que estivemos onde tiñamos que estar.

16/10/2026

🇪🇺💚 Cris Vázquez deulle voz ao noso concello, á nosa comarca e, moi especialmente, á nosa xente maior no Parlamento Europeo.

🗣️ Porque a súa voz tamén merece ser escoitada en Europa!

15/10/2026

🌊 Que significa poder permanecer en Laxe?

👉🏻 Viñemos a Bruxelas, ao Parlamento Europeo, cunha mensaxe clara: o rural non pode ser só para visitar. Ten que ser para vivir.

Porque permanecer tamén é un dereito. 💚

🌊 TRABA VOLVE TER AS FINCAS ANEGADAS. ATA CANDO?🌧️ O canal de saída da lagoa de Traba volve estar taponado e a auga acum...
08/10/2026

🌊 TRABA VOLVE TER AS FINCAS ANEGADAS. ATA CANDO?

🌧️ O canal de saída da lagoa de Traba volve estar taponado e a auga acumúlase nas fincas de cultivo, ocasionando problemas ás persoas propietarias.

📢 En 2025, o BNG xa levou este problema ao Parlamento de Galiza e ao Pleno municipal.

👉 Daquela, o Concello asegurou que actuaría para solucionar a situación. Pero a realidade é que, máis dun ano despois, o problema volve repetirse.

🚜 Cada vez que o canal queda obstruído, hai que agardar a que se envíe maquinaria para abrilo de novo.

❓ Non sería mellor anticiparse ao problema en lugar de actuar cando as fincas xa están anegadas?

📄 Desde o BNG volvemos solicitar ao Concello unha actuación que permita recuperar a saída da auga e evitar que esta situación siga repetíndose.

🌱 As fincas de cultivo de Traba precisan solucións duradeiras, non intervencións puntuais cada vez que se anegan.

🚧 E AGORA, SANTA ROSA E A INSUA.Espiñaredo, Boaño, Coéns… e seguimos sumando.📸 Desta volta, novas imaxes que nos fai che...
06/10/2026

🚧 E AGORA, SANTA ROSA E A INSUA.

Espiñaredo, Boaño, Coéns… e seguimos sumando.

📸 Desta volta, novas imaxes que nos fai chegar a veciñanza de restos de obra en Santa Rosa e A Insua.

🤔 Que control está exercendo a Concellería de Obras ante esta sucesión de casos?

Cinco lugares distintos. Demasiados para mirar para outro lado.

👀 E mentres sigan chegando imaxes coma estas, seguirémolas facendo públicas.

❌ LAXE NON É UNHA ESCOMBREIRA.

💧⚠️ A AUGA DE LAXE: PEDIMOS EXPLICACIÓNSDiante das queixas recibidas de varias persoas sobre a auga da traída, o BNG rev...
03/10/2026

💧⚠️ A AUGA DE LAXE: PEDIMOS EXPLICACIÓNS

Diante das queixas recibidas de varias persoas sobre a auga da traída, o BNG revisou o SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo), a base oficial do Ministerio de Sanidade onde se publican os controis da auga de consumo.

🔎 E atopamos varios resultados da RED LAXE cualificados oficialmente como “AUGA NON APTA PARA O CONSUMO”:

🔴 11/03/2019 – Laxe: aluminio, 430 µg/L.
🔴 13/01/2022 – Casa do Concello: aluminio, 226 µg/L.
🔴 15/09/2025 – A Torre: clorato, 0,85 mg/L; AHA, 62 µg/L.
🔴 06/07/2026 – Centro de Saúde: clorato, 0,85 mg/L; AHA, 67 µg/L.

O clorato pode aparecer asociado aos produtos empregados para desinfectar a auga. Os AHA (ácidos haloacéticos) son tamén subprodutos que poden formarse durante a desinfección.

👉 Por iso hoxe rexistramos no Concello unha petición formal de explicacións, solicitando información sobre estes episodios, as súas causas, as medidas correctoras adoptadas e as análises posteriores que acreditaron a volta á normalidade.

🤔 E que casualidade: hoxe mesmo o Concello publica un “AVISO IMPORTANTE” no que recoñece que nos últimos días se detectaron turbidez e un olor non habitual na auga, que se están investigando as causas e realizando purgas na rede.

O Concello asegura que as analíticas actuais están dentro dos parámetros permitidos. Perfecto. Pois queremos coñecelas.

🟨🟨🟨 IMPORTANTE 🟨🟨🟨

⚠️ NON ESTAMOS AFIRMANDO QUE A AUGA SEXA ACTUALMENTE NON APTA PARA O CONSUMO.

⚠️ NON QUEREMOS XERAR ALARMA.

🟨🟨🟨🟨🟨🟨🟨🟨

Hai antecedentes oficiais publicados no SINAC e agora o propio Concello recoñece unha incidencia de turbidez e olor non habitual.

👉 Por iso pedimos información e explicacións.

💧 A veciñanza merece información, transparencia e garantías.

🐟💙 ALEGRÁMONOS: VOLVE A POXA Á LONXA DE LAXE!👏 O luns 5 retómase a poxa presencial. Unha moi boa noticia para Laxe e par...
02/10/2026

🐟💙 ALEGRÁMONOS: VOLVE A POXA Á LONXA DE LAXE!

👏 O luns 5 retómase a poxa presencial. Unha moi boa noticia para Laxe e para o noso sector do mar.

Pero… fagamos un pouco de memoria. 👇

🔙 Cando o BNG informou de que deixara de celebrarse a poxa e preguntou que estaba pasando, acusáronnos de prexudicar ao sector por facelo público.

⚠️ A propia Confraría chegou a atribuír parte das perdas á repercusión da información.

🏛️ E no último Pleno ordinario, o alcalde volveu reprocharnos publicamente que falar desta situación prexudicaba ao sector.

Pois nós pensamos xusto o contrario:

👉 Os problemas non se solucionan ocultándoos. Soluciónanse afrontándoos.

📢 O luns ás 17:00h a poxa volve. E diso é do que se trataba.

👏 Parabéns á Confraría e a todas as persoas que traballaron para recuperala.

🤞 Agora só desexamos unha cousa: QUE VOLVA PARA QUEDAR.

🐟💙 Porque defender a Lonxa de Laxe nunca foi prexudicar ao sector. Foi defender o seu futuro.

Dirección

Laxe
15117

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bng Laxe publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Bng Laxe:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos