27/10/2026
Neste mes de outubro, en Ciencia á Feira conmemoramos o Día Internacional da Soberanía Alimentaria cun evento na Casa do Saber da Vicerreitoría da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo. Participaron a catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos Ángeles Romero, o catedrático de Enxeñaría Agroforestal David Miranda Barrós, a profesora de Economía Aplicada Mar Pérez Fra e a investigadora predoutoral Pilar España Fariñas. Canda eles estivo a responsable de Ciencia á Feira 2026/2027, a catedrática de Química-física Mercedes Novo Rodríguez, e tamén Marcos Vázquez Marey, en representación do CRAEGA - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Todos eles son exemplo do compromiso co territorio, con Lugo e con Galicia, que move a investigación punteira que se desenvolve no Campus Terra USC .
Ciencia á Feira é un proxecto financiado pola F E C Y T · Ciencia e Innovación · e a Área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo da Vicepresidencia. Deputación de Lugo .
XuvenLab
EPS de Enxeñaría
Facultade de Veterinaria Lugo
Área de Cultura USC