Concello de Noia

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Noia Este é o perfil informativo do Concello de Noia. Dende esta páxina trasladaremos toda a información do traballo do día a día e noticias de actualidade.

Sede benvidos e benvidas!

🧹 Seguimos coidando NoiaDurante estas dúas semanas, os traballos de limpeza centráronse nas contornas dos cemiterios do ...
31/10/2026

🧹 Seguimos coidando Noia

Durante estas dúas semanas, os traballos de limpeza centráronse nas contornas dos cemiterios do municipio e en distintas estradas de acceso á vila.

Tamén se realizou unha intervención especialmente intensa en San Lázaro, xunto coas actuacións regulares en San Paio, Orro, Miraflores, Ponte de Traba e no parque do Campo de Noia.

Un traballo diario para manter a nosa vila, parroquias e espazos públicos nas mellores condicións. Grazas ao persoal encargado destas tarefas e á veciñanza por colaborar no seu coidado. 💚

🎬 CHEGAN AS CURTAS DE NOIA! 🎥O vindeiro 3 de novembro arranca a XXVII Mostra de Curtas Vila de Noia, unha das citas cult...
31/10/2026

🎬 CHEGAN AS CURTAS DE NOIA! 🎥

O vindeiro 3 de novembro arranca a XXVII Mostra de Curtas Vila de Noia, unha das citas culturais máis importantes do noso concello, que se prolongará ata o 14 de novembro.

🎞️ Dúas semanas para g***r do mellor cinema, descubrir novas historias e compartir a maxia da gran pantalla no Coliseo Noela.

📅 Do 3 ao 14 de novembro
📍 Teatro Coliseo Noela

🎟️ ENTRADAS PARA A SECCIÓN OFICIAL

Xa podedes mercar as vosas entradas a través de Ataquilla:

👉 https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/default_category/default_venue/a04hhn1mx-mostra-de-curtas-vila-de-noia-2026

📲 Para coñecer toda a programación, horarios, actividades e novidades, seguide a conta oficial de Curtas de Noia.

📍 🗣️ O Concello nas parroquias: próxima cita en San Paio e BoñaO Concello de Noia dá continuidade ao programa «O goberno...
30/10/2026

📍 🗣️ O Concello nas parroquias: próxima cita en San Paio e Boña

O Concello de Noia dá continuidade ao programa «O goberno escoita» achegando a atención municipal ás parroquias.

O equipo de goberno desprazarase para falar coa veciñanza, atender consultas, axudar na tramitación de solicitudes e coñecer sobre o terreo as necesidades de cada lugar.

Este luns estaremos coa veciñanza de San Paio e Boña:

📅 Luns, 2 de novembro
🕕 De 18:00 a 20:00 horas
📍 Local veciñal de Sanpaio

Se precisades axuda cun trámite, queredes trasladar unha incidencia ou tedes algunha proposta para a vosa parroquia, achegádevos. Agardámosvos!

📢 AVISO | ESTE DOMINGO NON HABERÁ MERCADILLO EN NOIALembramos que este domingo, 1 de novembro, con motivo da festividade...
29/10/2026

📢 AVISO | ESTE DOMINGO NON HABERÁ MERCADILLO EN NOIA

Lembramos que este domingo, 1 de novembro, con motivo da festividade de Todos os Santos, non se celebrará o habitual mercado ambulante de Noia.

🛒 Así mesmo, os supermercados permanecerán pechados durante esta xornada festiva.

📅 Recomendamos á veciñanza que teña en conta esta información para organizar as súas compras.

Grazas pola comprensión e boa festividade de Todos os Santos!

🖤 AVISO | CANCELACIÓN DAS ACTIVIDADES DURANTE OS DÍAS DE LOITO OFICIALDe acordo coa organización, as empresas involucrad...
28/10/2026

🖤 AVISO | CANCELACIÓN DAS ACTIVIDADES DURANTE OS DÍAS DE LOITO OFICIAL

De acordo coa organización, as empresas involucradas e o Cineclub Claudio Guerín, e con motivo do loito oficial decretado polo tráxico accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo), o Concello de Noia decidiu cancelar todas as actividades programadas durante os días de loito oficial, que se prolongará ata o sábado.

Deste xeito, quedan canceladas as actividades culturais previstas, así como o II Claustro do Terror e o Tren Infantil do Medo.

🧒 A única excepción será o servizo de conciliación vinculado á campaña MercaEnNoia, previsto para o sábado pola mañá, que incluirá un obradoiro infantil de cabazas.

Valorarase a posibilidade de celebrar as actividades canceladas noutras datas, en función das posibilidades organizativas. Informaremos de calquera novidade ao respecto.

❤️ Queremos agradecer especialmente o traballo e a dedicación de todo o equipo de voluntariado que leva días preparando as actividades do Samaín, así como a implicación das entidades e empresas colaboradoras.

Lamentamos as molestias que esta decisión poida ocasionar e agradecemos a comprensión da veciñanza.

Desde o Concello de Noia trasladamos novamente as nosas condolencias ás familias das vítimas e todo o noso apoio ás persoas afectadas por esta traxedia.

🎶🎻 𝑪𝑶𝑵𝑪𝑬𝑹𝑻𝑶 𝑰𝑵𝑨𝑼𝑮𝑼𝑹𝑨𝑳 𝑫𝑶 𝑪𝑶𝑵𝑺𝑬𝑹𝑽𝑨𝑻𝑶𝑹𝑰𝑶 𝑷𝑹𝑶𝑭𝑬𝑺𝑰𝑶𝑵𝑨𝑳 𝑫𝑬 𝑵𝑶𝑰𝑨❗O xoves 29 de outubro, o Coliseo Noela acollerá o concerto in...
28/10/2026

🎶🎻 𝑪𝑶𝑵𝑪𝑬𝑹𝑻𝑶 𝑰𝑵𝑨𝑼𝑮𝑼𝑹𝑨𝑳 𝑫𝑶 𝑪𝑶𝑵𝑺𝑬𝑹𝑽𝑨𝑻𝑶𝑹𝑰𝑶 𝑷𝑹𝑶𝑭𝑬𝑺𝑰𝑶𝑵𝑨𝑳 𝑫𝑬 𝑵𝑶𝑰𝑨❗

O xoves 29 de outubro, o Coliseo Noela acollerá o concerto inaugural do curso 2026-2027 do Conservatorio Profesional de Música de Noia «Felipe Paz Carbajal».

🎼 Unha oportunidade para g***r do talento, da música e do traballo do alumnado do noso conservatorio, que será o gran protagonista desta cita.

📅 Xoves 29 de outubro
🕗 20:00 horas
📍 Coliseo Noela

🎭 O TEATRO VOLVE AO COLISEO NOELA! 👏Este sábado 31 de outubro, temos unha nova cita coa cultura e o teatro en Noia!A com...
28/10/2026

🎭 O TEATRO VOLVE AO COLISEO NOELA! 👏

Este sábado 31 de outubro, temos unha nova cita coa cultura e o teatro en Noia!

A compañía Pipións Teatro presenta:

🎭 «O DOENTE IMAXINARIO... daquela maneira»

Unha proposta teatral para g***r do humor, da interpretación e dunha boa noite de entretemento.

📅 Sábado 31 de outubro

🕣 20:30 h

📍 Teatro Coliseo Noela

🎟️ ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO!

❤️ Dende o Concello de Noia seguimos apostando por achegar o teatro e a cultura a toda a veciñanza, cunha programación aberta e accesible.

🎭 Agardámosvos no Coliseo Noela!

MINUTO DE SILENCIO.Desde o Concello de Noia queremos expresar o noso máis profundo pesar polo tráxico accidente ferrovia...
28/10/2026

MINUTO DE SILENCIO.

Desde o Concello de Noia queremos expresar o noso máis profundo pesar polo tráxico accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo), que deixa numerosas vítimas mortais e persoas feridas.

𝗚𝗮𝗿𝗱𝗮𝗿𝗮𝘀𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝘁𝗮𝗿𝗱𝗲, 𝗮́𝘀 𝟮𝟬:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀, un minuto de silencio diante do concello. .

Trasladamos as nosas máis sinceras condolencias ás familias e amizades das persoas falecidas, así como todo o noso apoio e solidariedade ás persoas feridas e afectadas.

Nestes momentos de profunda dor, Noia súmase ao pesar colectivo e quere transmitir todo o seu cariño e acompañamento.

🖤 Todo o noso apoio ás vítimas e ás súas familias.

🎬🧛 UNHA NOITE DE CINE DE TERROR EN NOIA! 💀Este venres 30 de outubro, o Coliseo Noela acolle unha sesión dobre de cine de...
28/10/2026

🎬🧛 UNHA NOITE DE CINE DE TERROR EN NOIA! 💀

Este venres 30 de outubro, o Coliseo Noela acolle unha sesión dobre de cine de terror organizada polo Cineclube Claudio Guerín.

🎥 Dous grandes clásicos do xénero:

🦇 NOSFERATU (1922), de F. W. Murnau.

🧟 A NOITE DOS MORTOS VIVENTES (1968), de George A. Romero.

🎙️ A sesión contará coa presentación e coloquio da podcaster Elena Lombao, de BloodyGirls.

📅 Venres 30 de outubro

🕤 21:30 h | Apertura de portas ás 21:10 h.

📍 Coliseo Noela

🎟️ ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO!

🍿 Unha oportunidade para g***r do mellor cine de terror na gran pantalla, nunha noite perfecta para celebrar o Samaín.

👻 Atréveste a pasar unha noite de medo con nós?

🍄🌿 CHEGAN AS II XORNADAS MICOLÓXICAS DE NOIA!O próximo sábado 14 de novembro temos unha cita coa natureza, os cogomelos ...
28/10/2026

🍄🌿 CHEGAN AS II XORNADAS MICOLÓXICAS DE NOIA!

O próximo sábado 14 de novembro temos unha cita coa natureza, os cogomelos e a gastronomía! 🍂

Unha xornada para aprender, descubrir e g***r da riqueza micolóxica da nosa contorna.

📅 SÁBADO 14 DE NOVEMBRO

🍄 10:00 h | Charla teórica 📍 Edificio do Casino. Co biólogo Xosé Lois Piñeiro, para coñecer mellor o fascinante mundo dos cogomelos.

🌳 11:00 h | Saída ao monte Un percorrido pola nosa contorna para descubrir e aprender a identificar diferentes especies.

👨‍🍳 13:15 h | Showcooking 📍 Casa da Agra, na Praza do Tapal. Co cociñeiro Marcos Arufe, que nos amosará as posibilidades gastronómicas dos cogomelos.

⚠️ PRAZAS LIMITADAS!

📝 Inscricións abertas! Reserva a túa praza cubrindo o seguinte formulario:

🔗 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSexIJPax2VaKTLqmUPrcQiVd6WUvYoMb_3nmnt9NHYWpO259A/viewform?usp=dialog

🍁 Dende o Concello de Noia animámosvos a participar nesta actividade que combina natureza, formación e gastronomía.

🍄 Agardámosvos!

Dirección

Rosalía De Castro, 2
Noya
15200

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981842100

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Noia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Noia:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos