Quiroga. Concello de Quiroga

Llamar Cómo llegar Página web

Quiroga. Concello de Quiroga Páxina oficial do Concello de Quiroga
Eliminaranse comentarios vexatorios ou ofensivos

𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗜𝗖𝗜𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗔́ 𝗟𝗜𝗡𝗚𝗨𝗔 𝗘 𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗙𝗔𝗖𝗜𝗟𝗜𝗧𝗔𝗥 𝗔 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗚𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗢𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔𝗟 RTMQ. Esta mañá comezaba na...
30/10/2026

𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗜𝗖𝗜𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗔́ 𝗟𝗜𝗡𝗚𝗨𝗔 𝗘 𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗙𝗔𝗖𝗜𝗟𝗜𝗧𝗔𝗥 𝗔 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗚𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗢𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔𝗟

RTMQ. Esta mañá comezaba na Casa da Cultura un curso gratuíto de iniciación á lingua e cultura galegas, deseñado especialmente para facilitar a integración sociocultural das persoas que veñen vivir ao municipio dende fóra de Galicia.

O Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e o Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, foron os encargados de recibir ás persoas participantes.

O curso está dirixido a maiores de 16 anos -ou que os fagan no ano 2026-, que desexan adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida. Non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases están adaptadas a diferentes niveis.

Está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de fonética, para familiarizarse cos sons do galego e mellorar a pronuncia; de gramática, centrada nas estruturas básicas e frecuentes da lingua; de léxico útil, cun enfoque comunicativo para situacións cotiás, e culturais, nos que tamén hai unha aproximación á historia do galego.

Trátase dun curso presencial, de 20 horas, co que se pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación; destinado a favorecer a integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva das persoas non nacidas na comunidade.

A maiores, da parte presencial, para facilitar o seguimento do mesmo elaboráronse materiais en liña descargables que están dispoñibles de xeito gratuíto no Portal de Lingua para calquera persoa interesada.

O curso, que impulsan as Concellerías de Servizos Sociais e Dinamización Lingüística chega ao Concello de Quiroga da man do Departamento de Formación da Cruz Vermella de Lugo dentro do programa de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Horarios das misas de Todos os Santos na comarca de Quiroga
29/10/2026

Horarios das misas de Todos os Santos na comarca de Quiroga

𝗢 𝗙𝗔𝗟𝗔𝗗𝗢𝗜𝗥𝗢 𝗟𝗘𝗩𝗢𝗨 𝗔𝗢𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗧𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗡𝗧𝗘𝗦 𝗡𝗔 𝗕𝗨𝗦𝗖𝗔 𝗗𝗢 𝗗𝗢́ 𝗦𝗔𝗨𝗗𝗔𝗕𝗟𝗘 RTMQ. Na tarde de onte dentro do programa O Faladoiro, expl...
29/10/2026

𝗢 𝗙𝗔𝗟𝗔𝗗𝗢𝗜𝗥𝗢 𝗟𝗘𝗩𝗢𝗨 𝗔𝗢𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗧𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗡𝗧𝗘𝗦 𝗡𝗔 𝗕𝗨𝗦𝗖𝗔 𝗗𝗢 𝗗𝗢́ 𝗦𝗔𝗨𝗗𝗔𝗕𝗟𝗘

RTMQ. Na tarde de onte dentro do programa O Faladoiro, explorábase o concepto de perda.

Coa axuda de Paula Santos, educadora social, falábase sobre a necesidade de recoñecer que o dó é unha resposta humana universal que se activa ante calquera tipo de perda significativa, non exclusivamente ante a morte dun ser querido.

Ao longo da vida, as persoas podemos atravesar rupturas sentimentais, abortos, migracións, despidos laborais, perda de saúde ou imposibilidade de continuar proxectos que se tiñan construídos. Cada unha destas experiencias implica unha redefinición de vínculos e alteracións da identidade, xerando un proceso de adaptación emocional, que, se permanece sen ser atendido pode converterse entre outras cousas en: sufrimento crónico, illamento social, desaxustes emocionais ou somatizacións que poden impresionar negativamente na calidade de vida da persoa.

Na actividade, organizada conxuntamente pola Concellería de Servizos Sociais e o CIM de Quiroga, ampliábase a mirada cara as distintas situacións vitais que a orixinan para recoñecer as diferentes perdas polas que podemos transitar ao longo da vida.

Neste Faladoiro, moderado por Maite Pérez, Concelleira de Igualdade, e Xosé Manuel Fernández, Concelleiro de Servizos Sociais; tentouse ofrecer un espazo seguro onde as persoas puideron recoñecer, expresar e validar ás súas perdas e emocións, promovendo un proceso de dó saudable, que incremente o seu benestar, consolidando unha rede de apoio colaborativa.

O Faladoiro é un espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

En sinal de dó e respecto pola vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda (Toledo) o Concello de Quiroga suspende ...
29/10/2026

En sinal de dó e respecto pola vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda (Toledo) o Concello de Quiroga suspende a Festa Infantil de Samaín organizada polo departamento de Infancia para mañá venres, 30 de outubro.

𝗥𝗘𝗦𝗣𝗘𝗖𝗧𝗢 𝗘 𝗣𝗘𝗦𝗔𝗥 𝗣𝗢𝗟𝗢 𝗔𝗖𝗖𝗜𝗗𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗙𝗘𝗥𝗥𝗢𝗩𝗜𝗔𝗥𝗜𝗢 𝗗𝗘 𝗨𝗥𝗗𝗔  RTMQ.  O Concello de Quiroga manifesta o máis profundo pesar polo g...
29/10/2026

𝗥𝗘𝗦𝗣𝗘𝗖𝗧𝗢 𝗘 𝗣𝗘𝗦𝗔𝗥 𝗣𝗢𝗟𝗢 𝗔𝗖𝗖𝗜𝗗𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗙𝗘𝗥𝗥𝗢𝗩𝗜𝗔𝗥𝗜𝗢 𝗗𝗘 𝗨𝗥𝗗𝗔

RTMQ. O Concello de Quiroga manifesta o máis profundo pesar polo grave accidente ferroviario rexistrado en Urda, Toledo.

Ademais en sinal de respecto ás vítimas e en apoio e solidariedade aos afectados, sumouse á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias participando no minuto de silencio que tiña lugar ás oito do serán de onte diante das portas da casa consistorial.

Tamén se uniu ao loito oficial que decretou o Goberno Nacional. As bandeiras da casa consistorial ondearán recollidas e cun crespón negro durante tres días como testemuña da dor polos falecidos no accidente ferroviario.

𝗘𝗦𝗧𝗘 𝗩𝗘𝗡𝗥𝗘𝗦 𝗔𝗕𝗥𝗘 𝗚𝗥𝗔𝗧𝗨𝗜𝗧𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗢 𝗣𝗨𝗡𝗧𝗢 𝗟𝗜𝗠𝗣𝗢RTMQ. Como vén sendo habitual o último venres de cada mes, as instalacións d...
28/10/2026

𝗘𝗦𝗧𝗘 𝗩𝗘𝗡𝗥𝗘𝗦 𝗔𝗕𝗥𝗘 𝗚𝗥𝗔𝗧𝗨𝗜𝗧𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗢 𝗣𝗨𝗡𝗧𝗢 𝗟𝗜𝗠𝗣𝗢

RTMQ. Como vén sendo habitual o último venres de cada mes, as instalacións do Punto Limpo municipal abrirán as súas portas de forma totalmente gratuíta este venres 30 de outubro. Todos os veciños e veciñas que o desexen poderán achegarse a depositar os seus residuos sen custo ningún, en horario de 9:00 a 13:00 horas.
Este servizo está destinado á recollida de residuos voluminosos que non dispoñen de colectores específicos na vía pública.

Ademais desta xornada gratuíta e de portas abertas, mantense o servizo de recollida a domicilio para levar estes residuos ao Punto Limpo chamando ao teléfono 636.69.35.00. Este servizo ten un custo que rolda os 3€ por electrodoméstico, ao que se engaden 22 céntimos por cada km que sexa preciso recorrer ata o lugar indicado.

Tamén se mantén a apertura do punto limpo previa cita fora da xornada de portas abertas, pero neste caso tamén é preciso abonar a taxa correspondente por residuo que se vaia depositar.
Desde o Concello recórdase a importancia do civismo e faise fincapé en que está totalmente prohibido abandonar lixo ás portas do recinto ou fóra dos colectores da rúa. Estas infraccións serán penalizadas con multas segundo o establecido na ordenanza municipal.

🖤 O Concello de Quiroga súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e da Federación G...
28/10/2026

🖤 O Concello de Quiroga súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), cun minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Toledo.

Desde o Concello de Quiroga, convócase á veciñanza a participar en sinal de loito e respecto ás familias dos falecidos, hoxe mércores, 28 de outubro, ás 20:00 h. diante da Casa Consistorial.

𝗩𝗜𝗜𝗜 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗥𝗔𝗜𝗦 𝗘𝗡 𝗤𝗨𝗜𝗥𝗢𝗚𝗔 RTMQ. A Coral Polifónica de Quiroga organiza o VIII Encontro de Corais en Quiroga. Es...
28/10/2026

𝗩𝗜𝗜𝗜 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗥𝗔𝗜𝗦 𝗘𝗡 𝗤𝗨𝗜𝗥𝗢𝗚𝗔

RTMQ. A Coral Polifónica de Quiroga organiza o VIII Encontro de Corais en Quiroga. Esta cita coa música coral terá lugar este sábado, 31 de outubro, a partir das seis da tarde no Auditorio Municipal.

Neste oitavo encontro participarán a Coral Ventos do Val e a Coral Polifónica de Quiroga.

A Coral Polifónica Ventos do Val é unha agrupación coral de 34 voces mixtas, fundada no ano 2000 na parroquia de Petelos, no municipio de Mos (Pontevedra). Desde a súa fundación está baixo a dirección Ángeles Davila Méndez. Conta cun amplo repertorio de polifónicas clásicas e modernas, temas populares galegos, habaneras, xotas, zarzuelas, operas, música sacra, cantos rexionais, e do folclore nacional e internacional.

A Coral Polifónica de Quiroga, fundada en 1991, conta actualmente con 30 membros dirixidos por Fernando Sanmartino Pérez. A súa primeira actuación tivo lugar en xuño de 1992 е, desde entón, mantén unha actividade constante, reflectida nas numerosas actuacións realizadas ao longo dos anos. Cun amplo repertorio interpretou a Misa do Peregrino na Catedral de Santiago en 1997 e gravou o seu primeiro CD baixo a dirección de Alfonso Campos.

𝗢 𝗚𝗢𝗕𝗘𝗥𝗡𝗢 𝗜𝗡𝗖𝗟𝗨́𝗘 𝗢 𝗜𝗡𝗖𝗘𝗡𝗗𝗜𝗢 𝗗𝗘 𝗠𝗔𝗟𝗖𝗔𝗧𝗔́𝗡 𝗘𝗡 𝗤𝗨𝗜𝗥𝗢𝗚𝗔 𝗘𝗡𝗧𝗥𝗘 𝗔𝗦 𝗭𝗢𝗡𝗔𝗦 𝗔𝗙𝗘𝗖𝗧𝗔𝗗𝗔𝗦 𝗚𝗥𝗔𝗩𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗣𝗢𝗥 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗘𝗠𝗘𝗥𝗫𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗣𝗥𝗢𝗧𝗘𝗖𝗖𝗜...
27/10/2026

𝗢 𝗚𝗢𝗕𝗘𝗥𝗡𝗢 𝗜𝗡𝗖𝗟𝗨́𝗘 𝗢 𝗜𝗡𝗖𝗘𝗡𝗗𝗜𝗢 𝗗𝗘 𝗠𝗔𝗟𝗖𝗔𝗧𝗔́𝗡 𝗘𝗡 𝗤𝗨𝗜𝗥𝗢𝗚𝗔 𝗘𝗡𝗧𝗥𝗘 𝗔𝗦 𝗭𝗢𝗡𝗔𝗦 𝗔𝗙𝗘𝗖𝗧𝗔𝗗𝗔𝗦 𝗚𝗥𝗔𝗩𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗣𝗢𝗥 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗘𝗠𝗘𝗥𝗫𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗣𝗥𝗢𝗧𝗘𝗖𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗖𝗜𝗩𝗜𝗟

RTMQ. O Consello de Ministros aprobou hoxe declarar a 45 territorios, entre eles Quiroga, como zonas afectadas gravemente por unha emerxencia de protección civil, como consecuencia de incendios forestais, choivas intensas, tormentas e inundacións entre o 13 de setembro e o 20 de outubro.

A ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migración e portavoz do Goberno, Elma Saiz, explicou que esta declaración permitirá activar liñas de axudas para compensar os danos sufridos por persoas e institucións, en aplicación do principio de solidariedade entre territorios e como complemento ás actuacións das administracións autonómicas e locais.

Esta declaración ven motivada polo incendio que o pasado mes de setembro afectaba a zona de Malcatán, entre Campos de Vila e Penas Rubias. O incendio iniciábase na tarde do 15 de setembro e non se estabilizaría ata tres días despois. Para a súa extinción habería que agardar uns días máis. Neste incendio foi decretado durante varias horas o nivel 2 como medida preventiva pola proximidade do lume aos núcleos de As Barxas, a Casa do Vello e Penas Rubias. Afortunadamente este nivel de alarma quedaba retirado poucas horas despois condicionado pola mellora da situación.

Para a extinción deste incendio que afectou a 420 hectáreas mobilizáronse, de xeito acumulado, 14 técnicos, 65 axentes, 79 brigadas, 53 motobombas, 8 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 12 avións.

27/10/2026

Dirección

Rúa Real 52
Quiroga
27320

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Quiroga. Concello de Quiroga publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Quiroga

Ver Todo