Bng Sarria

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Bng Sarria Páxina do BNG de Sarria

Desde o BNG Sarria sumámonos a esta mostra de respecto e trasladamos o noso máis fondo pesar ás familias e persoas próxi...
29/10/2026

Desde o BNG Sarria sumámonos a esta mostra de respecto e trasladamos o noso máis fondo pesar ás familias e persoas próximas das vítimas do accidente ferroviario.

Todo o noso cariño e solidariedade coas persoas afectadas nestes momentos tan difíciles.

📣 Asemblea aberta en Sarria sobre a Folga Xeral do 11 de novembro.A Confederación Intersindical Galega - CIG convoca est...
24/10/2026

📣 Asemblea aberta en Sarria sobre a Folga Xeral do 11 de novembro.

A Confederación Intersindical Galega - CIG convoca este encontro para explicar os motivos e as reivindicacións da folga: salarios dignos, acceso á vivenda, emprego estábel e servizos públicos de calidade fronte ao encarecemento da vida.

📅 Martes 27 de outubro
🕗 Ás 20:00 h
📍 Casa da Cultura de Sarria

Desde o BNG de Sarria animamos a veciñanza a achegarse á asemblea para coñecer de primeira man os motivos da folga e as reivindicacións da convocatoria.

21/10/2026

Atopar unha vivenda en Sarria é cada vez máis difícil🏠

Nos últimos cinco anos, o prezo da vivenda subiu un 37%, mentres moitas persoas atopan cada vez máis obstáculos para vivir ou quedar no noso concello.

Efrén explícanos que está pasando e por que é necesario buscar solucións.

Porque vivir en Sarria non debería ser un luxo.

Moita xente nova quere quedar en Sarria, pero sen vivenda accesible é dificil facer plans de futuro.O Concello non pode ...
15/10/2026

Moita xente nova quere quedar en Sarria, pero sen vivenda accesible é dificil facer plans de futuro.

O Concello non pode mirar para outro lado: cómpre coñecer a situación real, estudar a vivenda baleira, facilitar a rehabilitación e reclamar ás administracións competentes medidas útiles para concellos coma o noso.

Queremos unha Sarria chea de oportunidades, viva e xusta para todas e todos.

08/10/2026

Ningunha violencia motivada pola raza, o s**o, a ideoloxía ou a identidade dunha persoa pode ter cabida na nosa sociedade.

Desde o BNG Sarria defendemos unha Sarria segura, respectuosa e libre de odio.

Desde o BNG Sarria lamentamos profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do naciona...
08/10/2026

Desde o BNG Sarria lamentamos profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG.

A súa voz, o seu pensamento e o seu compromiso con Galiza deixan unha pegada fonda na memoria colectiva do noso país.

Queremos trasladar o noso cariño e pesar á súa familia, amizades e persoas próximas.

Que a terra lle sexa leve.

O campo de fútbol da Ribela conta xa cun novo videomarcador grazas a unha achega de 40.000 euros da O equipamento inclúe...
02/10/2026

O campo de fútbol da Ribela conta xa cun novo videomarcador grazas a unha achega de 40.000 euros da

O equipamento inclúe pantalla LED, ordenador de control e software multimedia adaptado ás necesidades das competicións federadas.

Unha mellora importante para unhas instalacións de referencia en Sarria, pola súa actividade deportiva e polo papel social da

Seguimos apoiando o deporte local e a mellora dos espazos públicos do noso concello⚽

Estreamos   para explicar asuntos dos que ás veces só se conta unha parte.👉🏻 Comezamos co que pasou no pleno de onte coa...
25/09/2026

Estreamos para explicar asuntos dos que ás veces só se conta unha parte.

👉🏻 Comezamos co que pasou no pleno de onte coa moción do PP sobre unha nova praza xudicial para Sarria.

➡️ O PP pediu que o Goberno do Estado crease esa praza. Ata aí, todo o mundo dacordo.

➡️ Pero para que poida funcionar fan falta persoal e medios, e en Galicia a Xunta ten competencias sobre eles.

➡️ Por iso propuxemos que a moción reclamase tamén á Xunta o compromiso de achegar eses medios.

🔴 O PP negouse a incluílo.

É dicir: pídenlle ao Estado que cree a praza, pero non queren deixar por escrito o que lle teñen que pedir ao Goberno do seu partido na Xunta para poñela a funcionar.

Nós queremos a praza, si. Pero queremos garantir que contará cos medios necesarios para atender a veciñanza.

Dirección

Rua Do Toleiro, 17, Entresollado
Sarria
27600

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bng Sarria publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Bng Sarria:

Atajos

Compartir