18/10/2026
De Silleda a Bruxelas 🛫e de Bruxelas de volta a Silleda 🛬
Esta visita permitiunos coñecer de primeira man o debate europeo sobre o futuro do rural e, sobre todo, levar a Bruxelas as necesidades concretas da nosa veciñanza.
Falamos da importancia de garantir servizos básicos de calidade no rural, de mellorar os investimentos en servizos sociais e, especialmente, no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para coidar das nosas maiores, e de seguir reclamando mellores comunicacións e mobilidade.
Unha demanda que xa nos trasladaran os rapaces e rapazas do IES Pintor Colmeiro na súa visita ao Parlamento Europeo e que tamén abordamos posteriormente na reunión mantida con eles e con Ana Miranda en Silleda.
Porque defender o dereito a vivir na terra tamén significa conseguir que vivir en Silleda sexa posible, con servizos, coidados, oportunidades e futuro🔗
Silleda tamén ten voz en Europa 🇪🇺