21/10/2026
📍🌱 𝗧𝗥𝗔𝗭𝗢 𝗔𝗖𝗢𝗟𝗟𝗘𝗨 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗔 𝗥𝗘𝗖𝗨𝗣𝗘𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗧𝗘𝗥𝗥𝗔 𝗔𝗚𝗥𝗔𝗥𝗜𝗔
Esta mañá, 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝟱𝟬 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 participaron en Trazo nunha xornada informativa sobre o Banco de Terras de Galicia e as oportunidades para a recuperación e aproveitamento da terra agraria.
A actividade, organizada por 𝗔𝗦𝗗𝗘𝗖𝗢𝗠𝗢𝗥 no marco do proxecto de cooperación 𝗠𝗢𝗩𝗘-𝗧𝗘𝗥𝗥𝗔, coa colaboración da 𝗔𝗚𝗔𝗗𝗘𝗥, permitiu abordar o funcionamento do Banco de Terras, os procedementos para incorporar e arrendar parcelas e as posibilidades que ofrece a Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia.
🤝 Dende o Concello de Trazo agradecemos a ASDECOMOR a organización desta iniciativa e a todas as persoas asistentes a súa participación e interese.
🌾 Seguimos colaborando en iniciativas que contribúen a 𝗽𝗼ñ𝗲𝗿 𝗲𝗻 𝘃𝗮𝗹𝗼𝗿 𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗮𝘀 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮𝘀, favorecer o seu aproveitamento e impulsar novas oportunidades para o rural.