Concello de Allariz

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Allariz Toda a información e actualidade do Concello de Allariz.
(341)

O Concello de Allariz, presente no 15º Seminario de Composta en Red 🌿O  concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, ...
30/10/2026

O Concello de Allariz, presente no 15º Seminario de Composta en Red 🌿

O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, participou onte como presidente de Composta en Red na inauguración do 15º Seminario estatal desta rede, celebrado en Asturias.

Un encontro clave que reuniu no Auditorio de Oviedo a máis de 50 profesionais e expertos para compartir experiencias e seguir impulsando a xestión descentralizada dos biorresiduos.

Desde Allariz seguimos apostando firmemente pola compostaxe doméstica e comunitaria como ferramenta fundamental para a sostibilidade e a economía circular. 🌱♻️

🌰 Chega a ### Feira de Outono a Allariz!Os vindeiros días 7 e 8 de novembro de 2026, o Pavillón do IES acollerá unha nov...
30/10/2026

🌰 Chega a ### Feira de Outono a Allariz!

Os vindeiros días 7 e 8 de novembro de 2026, o Pavillón do IES acollerá unha nova edición dunha das citas máis agardadas do noso calendario outonal. Durante todo o fin de semana, en horario continuado de 10:30 a 20:00 horas, poderemos disfrutar dun completo punto de encontro arredor do produto local, a gastronomía e a tradición.

🍽️ O programa inclúe cociña de Outono da man de Gerson Iglesias (sábado) e Javier Diz (domingo), saídas micolóxicas guiadas polo experto José Gómez Bragaña, postos de venda de tempada e obradoiros infantís (con prazas limitadas e inscrición previa). Ademais, non faltarán os tradicionais sorteos de lotes e cestas outonais entre as persoas asistentes.

Un espazo para poñer en valor o talento das nosas produtoras e produtores e a riqueza da nosa economía de proximidade.

Podes consultar a programación completa e toda a información detallada na sección de novas da nosa web.

30/10/2026

⚠️ Recordatorio: Cambios de día e horario no Allariz de Medo
Por mor do loito oficial decretado estes días, queremos recordarche que reorganizamos as actividades e os días da programación para adaptarnos á situación. Así queda o calendario definitivo para non perderse nada:
• 🕯️ Hoxe venres 30: A xornada queda limitada exclusivamente á procesión da Santa Compaña ás 20:30 h no centro histórico (Silvardeiras Teatro).
• 🕯️ Sábado 31: A Santa Compaña sairá ás 21:00 h no centro histórico. (A actuación de Trópico de Grelos queda adiada para vindeiras datas).
• 🌙 Madrugada do sábado ao domingo (00:00 h): A Verbena Discomóbil trasládase a esta noite na Praza Maior.
• 🤡 Domingo 1 (12:00 h): O espectáculo familiar de Peter Punk Pallaso (Quen dixo medo?) pasa a celebrarse na Praza de Abaixo.
• 🏮 Ambientación de rúa: Lembrade que a ambientación do Allariz de Medo xa está instalada e visible polas rúas do centro histórico de Allariz.
Botade un ollo ás modificacións antes de saír de casa. Moita grazas pola vosa colaboración! 🤝

🎃 Xa está aquí «O Cofre das Ánimas de Allariz»! 👻Desde hoxe e ata o 5 de novembro, o noso comercio e hostalaría local ac...
30/10/2026

🎃 Xa está aquí «O Cofre das Ánimas de Allariz»! 👻

Desde hoxe e ata o 5 de novembro, o noso comercio e hostalaría local achégante unha campaña moi especial para este Samaín. Queres facerte con un dos 6 grandes lotes de premios formados por produtos, servizos e descontos do tecido local? 🎁✨

Participar é moi sinxelo:
1️⃣ Xunta 30 € ou máis en tíckets de compra ou consumicións.
2️⃣ Asegúrate de que proceden de polo menos 4 establecementos diferentes (hai 37 negocios unidos á iniciativa!).
3️⃣ Cubre a túa papeleta e deposínaa nunha das 5 urnas dispoñibles (Querqus Parafarmacia, Fío de Liño, Pocholiñ@s Park, Vagalume e Bambi Moda Infantil).

Apóiate no comercio de proximidade, goza do noso centro histórico e de todo Allariz neste Samaín, e prepárathe para o sorteo do 6 de novembro. 🖤🧡

Podes atopar todas as bases e os detalles ao completo na nova do xornal da nosa páxina web municipal.

🖤 Actualización da programación do Allariz de Medo por loito oficialDebido aos tres días de loito oficial decretados den...
29/10/2026

🖤 Actualización da programación do Allariz de Medo por loito oficial

Debido aos tres días de loito oficial decretados dende hoxe xoves ata o sábado polo tráxico accidente ferroviario de Urda, dende o Concello de Allariz informamos de que a programación do Allariz de Medo queda modificada da seguinte maneira por sinal de respecto:
• 🕯️ Venres 30 de outubro: Por mor do loito oficial, a xornada redúcese exclusivamente á procesión da Santa Compaña ás 20:30 h no centro histórico (a cargo de Silvardeiras Teatro).
• 📅 Sábado 31 de outubro: A actuación de Trópico de Grelos queda adiada para máis adiante (confirmaremos a nova data proximamente). Mantense a actividade da Santa Compaña ás 21:00 h no centro histórico.
• 🌙 Madrugada do sábado ao domingo (00:00 h): Trasládase do venres para a noite do sábado ao domingo a actuación de Verbena Discomóbil na Praza Maior.
• 🤡 Domingo 1 de novembro (12:00 h): O espectáculo familiar Quen dixo medo?, con Peter Punk Pallaso, celebrarase na Praza de Abaixo.
Agradecemos a vosa comprensión e colaboración ante estes cambios motivados por esta dolorosa circunstancia. 🤝

📢 Novas sobre familias numerosas: charlas, recursos e axudas en Allariz! O vindeiro martes, 17 de novembro de 2026, acol...
29/10/2026

📢 Novas sobre familias numerosas: charlas, recursos e axudas en Allariz!
O vindeiro martes, 17 de novembro de 2026, acolleremos unha xornada informativa organizada pola Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN) coa colaboración do Concello de Allariz.
O evento terá lugar no Salón do Fogar dos Maiores (2º andar, Campo da Barreira nº 3).
Horario:
• 🕒 15:30h a 16:30h: Charla informativa sobre tipos, recursos e axudas.
• 🕒 16:30h a 19:00h: Punto de información personalizado.
A entrada é libre ata completar a capacidade do recinto. Se precisas máis información, podes contactar no teléfono 881 92 47 74 ou no correo [email protected].

𝐂𝐨𝐧𝐯𝐨𝐜𝐚𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐦𝐢𝐧𝐮𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐬𝐢𝐥𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨O Concello de Allariz sumouse onte pola tarde á convocatoria realizada pola FEGAMP fronte...
29/10/2026

𝐂𝐨𝐧𝐯𝐨𝐜𝐚𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐦𝐢𝐧𝐮𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐬𝐢𝐥𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨
O Concello de Allariz sumouse onte pola tarde á convocatoria realizada pola FEGAMP fronte á Casa do Concello, como mostra de apoio e respecto ás vítimas e en solidariedade coas persoas afectadas do tráxico accidente ferroviario acontecido en Urda.

Trasladamos a nosa solidariedade é pésame ás familias e amizades das vítimas, ademais do noso desexo dunha pronta recuperación ás persoas feridas.

👻☠️ VIVOS E MORTOS DAN VIDA AO SAMAÍN: CHEGA O ALLARIZ DE MEDO 2026! 🎃🕸️O Samaín é esa época do ano na que vivos e morto...
28/10/2026

👻☠️ VIVOS E MORTOS DAN VIDA AO SAMAÍN: CHEGA O ALLARIZ DE MEDO 2026! 🎃🕸️

O Samaín é esa época do ano na que vivos e mortos conviven... e Allariz xa se está a preparar para unha fin de semana de auténtico vertixe! Os días 30 e 31 de outubro encherase de misterio, tradición e medo.

🔮 O que vos espera:
Imos ter ambientación de rúa dende o 30 ata o día 1 con druidas, ánimas, a Santa Compaña, fantasmas, esqueletos e seres do máis alá poboando cada recuncho. 👻✨

📅 Programación Allariz de Medo 2026:

🖤 Venres, 30 de outubro:
🎭 19.00h | Quen dixo medo? con Peter Punk Pallaso (Público familiar na Praza de Abaixo).
🕯️ 20.30h | A misteriosa Santa Compaña a cargo de Silvardeiras Teatro (Centro histórico).
🎶 23.59h | Verbena Discomovil (Praza Maior).

🧡 Sábado, 31 de outubro:
🪘 19.30h | Batucada Trópico de Grelos (Centro histórico).
🕯️ 21.00h | Nova pasaxe da Santa Compaña de Silvardeiras Teatro (Centro histórico).

Volve un ano máis o Allariz de Medo... 👀👇
Consulta a información na nosa web.

O Concello de Allariz súmase á convocatoria oficial da FEMP e a Fegamp para gardar un minuto de silencio en sinal de loi...
28/10/2026

O Concello de Allariz súmase á convocatoria oficial da FEMP e a Fegamp para gardar un minuto de silencio en sinal de loito e solidariedade polas vítimas do accidente ferroviario de hoxe en Urda.

Convidamos a toda a veciñanza a participar neste acto institucional que terá lugar hoxe, 28 de outubro, ás 20:00 horas na Praza Maior.

🖤 En recordo e apoio ás persoas afectadas.

📅 Anota na túa axenda: a ### Feira de Outono xa chega a Allariz! 🍂🌰Os vindeiros días 7 e 8 de novembro de 2026, o Pavill...
28/10/2026

📅 Anota na túa axenda: a ### Feira de Outono xa chega a Allariz! 🍂🌰
Os vindeiros días 7 e 8 de novembro de 2026, o Pavillón do IES de Allariz volverá enchirse do mellor produto local e de tempada: mel, noces, castañas, cogomelos e moito máis.
📢 Moi atentos e atentas porque, nos vindeiros días, presentaremos a programación completa de actividades. Non a perdas!

Dirección

Praza Maior 1
Allariz
32660

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Allariz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Allariz:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos